Traballos realizados por Galinus

Vieiros

Arquitectura da información e creación de libro de estilo.

wireframe portada vieiroswireframe portada vieiros

 

Eganet, curso de usabilidade para empresas

Curso celebrado en decembro de 2007 en Santiago e Vigo, dirixido a profesionais do sector, onde se trataron os distintos aspectos no desenvolvemento de proxectos que afectan directamente á usabilidade: planificación, análise estratéxico, deseño da arquitectura da información e da interacción, deseño de información e avaliación.

xeral[arroba]galinus.com

Consultaría de usabilidade e deseño de experiencias de usuario

Especializados en deseño de interfaces en entornos web, ofrecemos servizos acaídos para as distintas fases de deseño, desenvolvemento e publicación.

Analises expertas de usabilidade
Un método popular pola sua rapidez, onde un grupo de consultores analiza independentemente unha web para detectar e priorizar erros de usabilidade e propor solucións aos problemas atopados.

Análises de tráfico
Un estudo en profundidade das estatísticas da web permite identificar pontos de bloqueo, calcular tasas de conversión en procesos clave (pagos online, rexistros de usuarios, etc.), paths de navegación e definir métricas coas que poder establecer un marco de referencia para avaliar a evolución da web.

Análise estratéxico
Entrevistas con usuarios e stakeholders para nunha fase inicial buscar o deseño que cumpra as expectativas do cliente satisfacendo aos usuarios.

Investigación contextual
Observación de usuarios in-situ, que permita identificar patróns de comportamento para unha mellor definición de tarefas e do contexto de uso.

Definición de tarefas
Identificación e desglose das tarefas con maior impacto na web, que vai permitir a optimización dos recursos durante a fase de desenvolvemento. O resultados deste servizo permiten ademáis definir unha base sólida para o material de axuda aos usuarios.

Arquitectura da información
Organizamos a información para asegurar unha recuperación efectiva da información mediante a navegación, pesquisas, creación de vocabularios controlados. As solucións son documentadas en detalle, o que permite ao equipo involucrado no proxecto ter unha visión de conxunto para facilitar o desenvolvemento e discusión de solucións.

Prototipado
Implantación rápida, con distintos niveis de fidelidade segundo avance o proxecto, de prototipos para probar escenarios de uso e afinar o deseño da interfaz.

Test con usuarios
Tras a selección dun grupo de usuarios representativos do público obxectivo da web, sometese o sistema a unha proba de uso con estes usuarios, como medida máis eficaz para detectar e correxir erros de usabilidade na interfaz.

BLOG | Quen somos | Clientes | Artigos | Contacto | RSS
Xa estás en consultaríaConsultaría Asesoría en internet e novas tecnoloxías Asesoría Deseño web integral Deseño web Deseño de blogs Blogs Creación de contidos para publicar en internet Contidos Cursos e seminarios que impartimos en Galinus Formación