En detalle

Salva Cadelos

“Salvacadelos. Acolle unha mascota, fai un amigo” é unha iniciativa que xurdiu do xornal dixital Que Pasa na Costa, a Clínica Veterinaria Argos e Galinus Taller de Novos Medios. O proxecto ten como finalidade evitar o abandono de animais de compañía na Costa da Morte.

Esta web funciona como un escaparate para os veciños da comarca que estean interesados en ter un animal de compañía onde se pode ver todos os perfís dos cans que hai na clínica veterinaria en cada momento. A páxina ten un apartado no que as persoas que refuxiaron un animal a través desta vía contan a súa experiencia co fin de concienciar á poboación sobre a importancia de acoller animais abandonados.

Visitar páxina