www.recunchosdacosta.com é unha páxina web promovida por Que Pasa na Costa e Galinus que naceu co obxectivo de dar a coñecer os numerosos lugares da Costa da Morte que contan cunha gran riqueza paisaxística, natural, cultura ou etnográfica.
Esta web, organizada segundo os concellos que forman a comarca, actualízase semanalmente con información, fotos e mapas de xeolocalización dun punto concreto da zona. Cada novo recuncho incluído recibe como media máis de 1.000 visitas.
Para levar a cabo este traballo contamos coa colaboración dos veciños da Costa da Morte e da empresa santiaguesa Sixtema que, grazas ao seu innovador proxecto de IkiMap, fan que se compartan os mapas de cada punto cunha sinalización adecuada para cada un.
Visitar web








