En Galinus definimos e deseñamos un plan de márketing e comunicación online para QCoach co obxectivo de poñer en valor os innovadores servizos e métodos que ofrece esta empresa galega especializada no coaching e no desenvolvemento directivo. Unha das principais accións desta estratexia de comunicación foi a creación da web corporativa (qcoach.es) que se fixo coa ferramenta WordPress.
Ademais, encargámonos da comunicación e do márketing online de diversos congresos, cursos e outros eventos de coaching e desenvolvemento directivo a nivel internacional coorganizados por QCoach, tales como as Xornadas Internacionais de Coaching (http://www.xornadascoaching.es/) das que se fixo un gran traballo de difusión online.
Visitar páxina





