pezcalo.com é unha iniciativa galega de comercio electrónico de produtos de pesca deportiva que foi premiada en varias ocasións.
O equipo de deseñadores Galinus encargouse, por unha banda, de definir a súa imaxe corporativa para posicionar a marca no mercado e da creación da liña gráfica. Por outra parte, construíronse os modelos da web en XHTML e CSS cun deseño visual atractivo e interactivo para o internauta.
Esta estratexia de márketing axudou a converter a pezcalo.com nun referente para os afeccionados da pesca deportiva tanto para a compra de produtos como para compartir as súas experiencias a través da web.
Visitar web


















