En detalle

misterdarwin.eu

Os Museos Científicos Coruñeses conmemoraron o 150 aniversario da publicación de “El origen de las especies” de Darwin coa exposición “El asombro de Mr. Darwin” e cunha web baseada na interacción 2.0 para complementar esta mostra física. Galinus encargouse de crear unha experiencia web adaptando os elementos físicos da exposición aos formatos online onde se amplía a información sobre a temática.

misterdarwin.eu é unha web multilingüe (galego, castelán e inglés), feita en WordPress e que se presentou no Congreso “Museums and the Web 2011” que tivo lugar na cidade estadounidense de Filadelfia.

A web componse de tres apartados: Viaxe Interactiva, A Exposición e Extras.

Viaxe Interactiva é unha sección na que se empregaron diversas ferramentas 2.0, tales como o Google Maps, Dipity para as liñas temporais e Prezi para as presentacións interactivas, co fin de trasladar a información dos paneis físicos a un espazo web.

Exposición é o apartado no que se trasladaron os paneis físicos á web onde se pode descargar o dossier da mostra ou as imaxes que a compoñen.

A sección de Extras funciona a modo de mediateca que é un lugar onde se pon a disposición do público todo o material multimedia xerado polos Museos Científicos Coruñeses en relación coa exposición, tales como artigos, vídeos, audios, apps…

Visitar web