Mar de Lira é un proxecto, recoñecido a nivel internacional, da Confraría de Pescadores de Lira que ten como finalidade promover a pesca sostible para superar a crise que sofre o sector pesqueiro.
Unha das múltiples accións levadas a cabo foi a creación desta páxina web a través da cal se deron a coñecer os produtos da lonxa de Lira así como os seus puntos de venda e distribución.
Dentro da campaña de promoción online do proxecto, Galinus promoveu un concurso de receitas a través da páxina web onde os usuarios contaban os seus pratos elaborados con produtos procedentes da lonxa de Lira. Esta acción quedou de finalista nos premios Eganet de mellor campaña de comunicación online do ano 2009.














