
Parabéns ós Museos Científicos Coruñeses (=mc2) pola súa próxima participación no Congreso “Museums & the Web” o vindeiro 8 de abril na cidade de Philadelphia.
Este proxecto está baseado na creación dun microsite con contido multimedia e onde a interactividade é a principal baza para chegar aos futuros visitantes de “O Asombro de Mr. Darwin” . MisterDarwin.eu é unha web multilingüe (inglés, español e galego) que nace cun valor propio e que complementa a exposición física do museo.
Estamos seguros que Philadelphia non se poderá resistir a Mr.Darwin e derritirase ante a súa nova viaxe 2.0.
“O Asombro de Mr. Darwin” é un traballo que non sería posible sen a colaboración de: Museos Científicos Coruñeses (dirección e definición do proxecto), Predanet (programación) e Galinus (diseño visual, realización e montaxe).







