Persoeiro Proposto: ‘Simón Tomé Santos’

Cal é o persoeiro de Corcubión máis relevante na túa opinión?
  • Plácido Castro Rivas (56.0%, 50 Votes)
  • Plácido Ramón Castro del Río (27.0%, 24 Votes)
  • Simón Tomé Santos (18.0%, 16 Votes)
Total dos Votos: 90
Loading ... Loading ...

Comezamos a singradura histórica desta Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com. Esta iniciativa didáctica que pretende recuperar pedazos da nosa historia para traelos aos días de hoxe a través da rede. Recuperalos a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.

Puidemos contar cunhas das persoas que, sen dúbida, mellor coñece a historia do concello. Xa coñecido en toda a bisbarra, Alejandro Lamas será o noso colaborador, e xa nos presentou estes 3 personaxes logo de moito debater.

Plácido Castro RivasImage

Home liberal e filántropo, fisterran de nacimiento e fillo adoptivo de Corcubión. Vivíu na vila de San Marcos a finais do século XIX abandonando a cidade no 1.917.

Numerosos cargos ostentou, como os empresario de empresario de minas e armador de buques, vicecónsul de Suecia e Noruega en Corcubión, ou deputado liberal por A Coruña. A mestura da rama empresaria coa política permitiulle participar activamente na modernización industrial do concello causante de que o pequeno concello sexa tan significativo na comarca.

Foi o fundador da Compañía General de Carbones, o que facilita a chegada de organismos oficiciais. Fixo que o porto corcubionés cobra moita importancia comercial, estratéxica e naval, sendo un punto de parada para moitos barcos a vapor a finais do XIX.

Foi todo un filántropo que dedicou unha grande parte da súa fortuna á realización de obras benéficas. Como a que o levou a donar o Castelo do Principe de Ameixenda á Asociación de Periodistas de Madrid en 1.928, para que fora un asino para nenos orfos. Ademais, os seus fillos, o propio Plácido Castro del Río e Hermitas, doaron o Castelo de San Carlos para ser convertido en Museo local.

Simón Tomé Santos

O inventor do coche de cabalos de aluguer naceu en Corcubión. Foi Felipe IV quen lle concedeu este privlexio aló polo 1639, que propiciou que ata o día de hoxe os carros de cabalos sexan chamados coa palabra Simón. Formou tamén o clan dos “célebres simóns”, moi venerados na vila corcubionesa, na que conta cunha avenida ao seu nome. Curiosamente foi chamado en ocasións erroneamente Simón González.

Canso da grande urbe, deixou as cocheras e 6 mazás de vivendas en Lavapies da súa propiedade, para voltar a Corcubión. Foi aí cando desenvolveu a súa célebre labor filantrópica, propiciando que a vila contase ao longo de case que 2 siglos dúas escolas, unha para nenos e outra para nenas. A todo iso, todos estes bens da súa familia na capital do estado, foron requisados nos 60 polas adminstracións públicas madrileñas, máis como unha “expoliación” que como unha expropiación.

Plácido Ramón Castro del RíoImage

Falamos dunha das figuras máis importantes do galeguismo. Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 25-01-1.902 - Vilagarcía, 17-07-1.967), fillo de Plácido Castro Rivas e de Eufrasia del Río Recaman, naceu nun ambiente acomodado, ao tempo que culto, aberto e sensible, feito que lle permitíu empregar moito tempo no piano e na pintura.

A familia enviouno a estudiar a Glasgow aos 6 anos, e rematou os seus estudios de filoloxía inglesa na universidade da mesma cidade. Servíu esta experiencia estranxeira para abrirlle a mente e para que fóra un dos primeiros tradutores ao galego. Por se fora pouco, na súa estancia en London entre o 1.948 e 1.956 realizou diversas grabacións radiofónicas en galego.

Regresou a Galicia pouco antes da proclamación da República coa intención de participar na activa vida política. Comeza unha intensa campaña de concienciación social en prol do galeguismo ata que consegue un dos maiores méritos que se lle atribúen: conseguir que Galicia fose “proclamada moralmente como unha nación”. Iso foi no IX Congreso das Nacionalidades Europeas do 1.933, cando acodíu en representación do Partido Galeguista, do que foi socio fundador. Este feito fai que a día de hoxe o traiamos a esta selección e que forme por sempre parte da historia moderna de Galicia.

A súa presencia na vila de Corcubión é relativa. Se ben o Fillo Predilecto de Corcubión ten ao seu nome a Casa da Cultura, aínda faltan eventos que recorden a súa participación nun concello onde o galeguismo tivo un feudo histórico. A nivel galego, a creación da Fundación Plácido Castro, dá constancia da súa importancia.

Outros persoeiros

Non puideron estar todos nesta selección dos persoeirons máis relevantes da historia de Corcubión. Alejandro Lamas fálanos de nomes como o Deputado Pepe MIñóns, que loitou a principios do século pasado polo proxecto do Ferrocarril das 3C, que aínda precisa a bisbarra. Tamén atopamos a Riestra, coñecido por, a través da Fundación, facer o Asilo de Ancianos Desamparados Alonso, que aínda foi nova hai pouco tras unha disputa entre BNG e PSOE.

Outro personaxe que non se pode esquecer é Benigno Lago, benefactor do pobo, instalou a rede de auga potable en Corcubión e en Cee nos anos 50 o que fixo que fosen os primeiros pobos de Galicia en dispor deste servizo.

José Carrera, Rafael Juan, o escritor Francisco De Ramón y Ballesteros… unha batería de historias quedaron no limbo pero instaremos aos nosos colaboradores a que continúen repasando a historia de cadanseu concello.

Colaborador: Alejandro LamasImage

Falamos dun corcubionés de arriba abaixo. Nado un 12 de outubro do 1.946, as súas dúas afeccións mestúranse entre os fogóns e o excritorio. Defínese como historiador afeccionado pero o seu traballo vai moito máis aló do que moitos profesionais puideron chegar.

A particularidade da súa historia é o localismo. Leva anos percorrendo veciños, parroquias, centros administrativos… recompilando escritos, cartas ou actas de moitos de feitos históricos claves na comarca. Sen o seu traballo de investigación e estudio, moitos dos persoeiros e demais historias quedarían no olvido. Un exemplo é a súa colleita de escritos da Guerra da Independecia. Onte falábamos da súa colaboración coa asociación Neria para artellar as actividades do Bicentenario da invasión dos franceses, e estas semanas imos recuperando os seus escritos baixo o título de Especial Bicentenario da Guerra da Independecia.