Persoeiro Proposto: ‘Modesto García Quintáns’

Cal é o persoeiro de Dumbría máis relevante na túa opinión?
  • Ramón Romero Carril (63.0%, 45 Votes)
  • Artur Trillo (25.0%, 18 Votes)
  • Modesto García Quintáns (11.0%, 8 Votes)
Total dos Votos: 71
Loading ... Loading ...

Continuamos o noso percorrido pola historia da Costa da Morte de nome en nome. Todo baixo o paraugas desta iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com, que cobra sentido, como non, gracias á colaboración dos nosos especialistas e gracias á participación de todos os lectores-votantes, que a partir do vindeiro luns 4 de maio, poderán ir elixindo aos seus favoritos de cada concello.

Tres persoeiros vivos e ben vivos os que nos prantexa Lurdes Pardo, filósofa e filóloga compostelá, que traballa dende hai 30 anos polo asociacionismo dumbriés. E algún que chega nun momento máis que axeitado.

Artur TrilloImage

O director da compañía Talía Teatro, naceu no lugar de Miñóns, na parroquia de Buxantes, un 28 de outubro de 1968. Os 9 anos emigrou á vila, á vila de Cee, e na actualidade vive en Santiago de Compostela, coidando da compañía teatral máis lonxeva e relevante da bisbarra.

A base de estar aquí e acolá xa se ten convertido nun dos persoeiros máis influintes no mundo da cultura da Costa da Morte e de todo o país. A súa experiencia é enorme. Actor, autor, director de obras, de grupos e da Mostra de Teatro de Cee, monitor de teatro, monitor de cursos de formación… unha persoa máis que polivalente.

Como actor ten participado en case que 20 obras repartidas entre o propio Talía Teatro, a Aula de Teatro da Universidade de Santiago, a Arte Livre do Brasil e o Centro Dramático Galego. Ten asumido a responsabilidade como director en 10 obras, comprendidas entre Talía, Berrobambán e Traslús Teatro. E como autor ten realizado a obra que Talía Teatro segue levando por Galicia adiante, Menos Lobos.

Ramón Romero Carril

ImageSacerdote e párroco das parroquias de Berdeogas e Dumbría, todo un estamento no concello dumbríes. A súa participación na vida do concello é total. Colabora coas asociacións e loita arreo polos dereitos dos veciños.

É natural de Xaviña, onde aínda vive na actualidade. Estudiou para crego no Seminario de Santiago. Fai uns trinta anos chegou á Costa da Morte coma parroco de Berdoias e Berdeogas e máis tarde foi nomeado tamén párroco de Dumbría, parroquias nas que aínda traballa na actualidade.

É unha persoa moi cercana, sencilla e comprometido ao tempo que desinteresada no seu traballo pastoral. Ten unha postura decidida de apoio aos maís desfavorecidos e unha opción por unir fe e galeguidade.

Tivo unha actuación moi destacada na loita pola defensa dos dereitos dos caseiros da parroquia de Berdoias. Tamén nas reivindicacións que o Concello de Dumbría fixo para conquerir que a ESO fose impartida no Concello destacou a súa postura de impulso, apoio decidido e incondicional a loita dos veciños.

Traballou tamén coma profesor de Relixión no Instituto de Vimianzo, traballo que deixou para poder adicar máis tempo ao traballo pastoral.

Vémolo na foto de La Voz de Galicia, o que está en primeiro plano cos libros na man.

Modesto García Quintáns

ImageEnxeñeiro técnico en topografía do Instituto Geográfico Nacional, que vén de recibir a Cruz Oficial de la Orden de Isabel La Católica, trala proposta da ex ministra de Fomento.

É un estudioso acérrimo de todo o que ocorre no concello de Dumbría. Entre os seus achádegos atópanse os petroglifos atopados na Pedra Ancha (Dumbría) en 1991, que vemos á dereita.

Ten participado na vida política dumbriesa, formando parte da Asociación Independente por Dumbría. Ademais, a súa actividade divulgadora é enorme e non para de publicar artigos en xornais de relevancia como La Voz de Galicia.

Outro persoeiro

Foron poucos os persoeiros entre os que puido evaluar a nosa colaboradora. Un deles é José Trillo, veciño xa finado do lugar de San Crimenzo.

Colaboradora: Lurdes Pardo

ImageLurdes Pardo Fernández nacía en Santiago de Compostela no ano 1944. Alí viviu e estudou a primeira parte da carreira de Filosofía e Letras, que rematou en Madrid licenciándome en Fililoxía Clásica.

Adicouse toda a vida ao ensino, primeiro en Santiago e despois, en 1979 realizou oposicións de maxisterio para traballar no mundo rural.

Dende 1980 vive en Dumbría, na parroquia de Buxantes. Durante estes anos traballou de mestra na unitaria de San Crimenzo e no Colexio de Dumbría, onde traballa na actualidade na actualidade.

En Buxantes tamén está moi comprometida co movemento asociativo, a través dunha Asociación Cultural, denominada “AS NEVES”, á que pertencen case a totalidade das persoas da parroquia, así como doutros a lugares veciños e da AAVV “Morco do Couto”. A Asociación “As Neves” ten coma obxectivo presentar alternativas culturais e de tempo libro aos distintos grupos e conservarr, recuperar e valorar a propia cultura.