- Enrique Labarta Pose (83.0%, 73 Votes)
- Maximino Romero de Lema (11.0%, 10 Votes)
- UxÃo Romero Pose (6.0%, 5 Votes)
Continuamos o noso percorrido pola historia da Costa da Morte de nome en nome, e gracias á esta iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com.
E quen nos botou unha man no concello de Zas non é outro que Xosé MarÃa Lema Suárez, que tamén nos axudou cos persoeiros de Laxe. Dámoslle as gracias infinitas a Xosé MarÃa, que nos achegou desta volta tres persoeiros vencellados directamente á Igrexa, que chegaron, ou están, marcando pautas no catolicismo da nosa época. Estes son os elixidos:
Enrique Labarta Pose
Escritor e xornalista galego, que naceu en Baio no 1863 e finou en Barcelona aló polo 1925. Estudou dereito na Universidade de Santiago sen demasiado interese. Na cidade compostelá participaba nas sesión e tertulias da Academia de la Juventud Católica, xunto a Valle Inclán, Agusto G. Besada, Alfredo Brañas, Barcia Caballero, Vázquez de Mella, Cabeza de León e outros. Unha vez licenciado e sen saber claramente que facer, seguiu o consello de Brañas e ingresou na Administración publica da man do entón diputado Eduardo Vicenti, a quen lle dedicarÃa o seu libro de poesÃa en galego e castelán “Bálsamo de Fierabrás†(1889).
Fundou as publicacións “Extracto de Literatura (1893) e “Pasatiemposâ€(1900), dirixiu “Galicia Moderna†(1897) e colaborou en outras como “Mi Tierraâ€, que dirixÃa en Ourense Lopez Aydillo, onde empregou o pseudónimo de Antón de Rabodegalo. Pouco a pouco debeu de ir perdendo a popularidade, como se pode deducir nas palabras dun artigo que Pérez LugÃn escribÃu en La voz de Galicia: “Gracias a Dios! Que alguien se acuerda del poeta imperdonablemente oscurecido…†e una parte da súa obra quedou espallada nas páxinas dos xornais e revistas e outra, nos libros de versos “Última novedad: noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados a todos los gustos†(1884), “Bálsamo de Fierabrás†(1889), Millo Miúdo: versos galegos (1896) e Adormideras: poesÃas festivas (1902)., este último en castelán. Tamén se editou a súa producción en folletos e, despois da súa norte, viron a luz “PoesÃas en gallego y castellano†(1928) e “Cuentos humorÃsticos†(1929), obras reeditadas nos anos 60 con prólogo de Benito Varela Jácome.
Varias das súas composicións resultaron premiadas e numerosos certamese, entre elas, destaca “unha corrida de touros en Noya†gañadora nos Xogos Florais de Pontevedra en 1886.Toda a súa producción sobresae polo humor, que se manifiesta sobre todo nos contos, se ben este non deixa de ser un recurso para non presentar en toda a súa crudeza a triste vida dos seus persoaxes, ás veces coincidente coa propia. Como poeta hai que encadralo na liña costumista de finais do século XIX e comezos do XX, aÃnda que incorporou elementos modernistas (Xosé MarÃa Dobarro Paz).
Entre os recoñecementos á súa figura atopamos o colexio de Zas, que leva o seu nome CEIP Enrique Labarta Pose de Zas.
UxÃo Romero Pose
Relixioso de Baio nado un 15 de marzo de 1940. Comezou a súa formación eclesiástica e en humanidades no seminario de Santiago (1959- 69), continuouna no colexio español en Roma, cidade na que tamén realizou estudos de teoloxÃa na Univ. Gregoriana, Ciencias Orientais no Instituto Oriental e PatroloxÃa no Instituto PatrÃstico Augustinianum. Especializouse en PatrÃstica. O 27 de xullo do 74 fou ordenado sacerdote na súa parroquia natal.
Axudante na Univ Pontificia Gregoriana, en 1977 impartiu clases no Centro de Estudos teolóxicos das Canarias (As Palmas) e en 1978 realizou o doutouramento en TeoloxÃa pola Univ Gregoriana, coa tese “SÃmbolos eclesiales en el comento a Apoc. 1, 13- 3, 22 (Hasta la reconstrucción donastia)â€, dirixida por Orbe, que mereceu a máxima cualificación. Ó ano seguinte pasou a formar parte dos investigadores bolseiros do Instituto Español de historia de Santiago e Montserrat, En Roma, e nomeárono profesor da Facultade de teoloxÃa do Norte de España (Burgos).
Foi docente e director do Instituto Teolóxico compostelán (1981- 89) e dirixiu o Centro de Estudos Xacobeos (1984- 97), ademais de estar ao fronte da colección “fuentes y estudios patrÃsticos†da editorial Ciudad Nueva e da revista Compostellanum. Tivo diversos contactos co clero africano, polo que en 1992, dirixiu os exercicios espirituais dos bispos de Angola e, entre 1992 e 1994, se encargou de impartir os cursos de formación ós sacerdotes angolanos. Reitor do seminario maior de Santiago dende 1991 ata a súa designación como bispo, o 1 de maio del 97 recibiu ordenación epoiscopal na catedral da Nosa Sra. A Real da Almudena, de Madrid, e dende esa data é bispo auxiliar da arquidiócese madrileña.
Numerosos artigos de investigación da súa autorÃa viron a luz en diversas revistas cientÃficas e colaborou en publicacións como “encrucilladaâ€, “A trabe de Ouroâ€,etc. Conta, ademais, con varias obras sobre a súa especialidade “Comentarius in Apocalypsin†(1985), El Camino de Santiago (1989), Pléroma. Salus Carnis: omenaje a Antonio Orbe, S.J. (1990), El espÃritu santo de los Origenes de la Iglesia (1998), la despersonalización (2002), a traducción de Demostración de la predicación apostólica, de Ireneo de León , e o Libro de Jacobeo (2004).
É membro da Asociación Internacional de PatrÃstica do Instituto Galaico. Minhoto, da Conferencia Episcopal Española, do Cocello da Cultura Galega, ademáis de presidila comisión episcopal para a doutrina da Fe da Conferencia Episcopal española dende 2002. En 2004 ingresou na Real Academia de doutores de España co discurso “La investigación sobre la primera teologÃa cristiana (significado y alcance de la obra de A. Orbe)â€.
Maximino Romero de Lema
Relixioso que naceu en Baio o 15 de novembro de 1911. Arcebispo e secretario da Sagrada Congregación do Clero no Vaticano, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago e completou os seus estudos na de Madrid, centros nos que posteriormente exerceu docencia. Durante a súa estadÃa na cidade compostelá relacionouse con persoeiros da cultura como GarcÃa- Sabell, Jose MarÃa Casstroviejo, AssÃa, Fernández Zelada, etc., foi presidente diocesano e vicepresidente rexional da xuventude de Acción Católica e estivo á fronte da Asociación de Estudantes Católicos. Esta actividade púxoo en contacto con Ãngel Herrera, que provocou o seu traslado a Madrid, onde, ademais de encargarse do ensino universitario, fundou o centro de Estudos Universitarios (CEU).
A Guerra Civil española impedÃulle continuar cos estudos eclesiásticos, iniciados en Friburgo (Alemaña), pois participou como artillero en todalas frontes da batalla. Ao concluila contenda bélica, seguÃu coa carreira eclesiástica no seminario de Madrid e despois trasladouse ó colexio Español en Roma (Italia) para estudar teoloxÃa na Univ Gregoriana. A ocupación aliada obrigouno a abandonala capital italiana, polo que concluÃu a licenciatura na Univ Pontificia de Salamanca. O 23 de decembro de 1944 foi ordenado sacerdote en Santiago de Compostela.
Nomeado consiliario da xuventude universitaria de Acción Católica, en 1946 fundou o colexio maior de Guadalupe da Universidade de Madrid e creou, neste mesmo ano, o colexio maior de Santiago de salamanca para vocacións universitarias tardÃas. Ó mesmo tempo, puxo en marcha a obra de Cooperación Sacerdotal Hispaoamericana (Ocsha), para a promoción e preparación de sacerdotes españois misioneiros en América.
En 1949 foi nomeado reitor da iglesia española de Monstserrat en Roma, onde estableceu o Instituto Español de Estudos Eclesiásticos. En Madrid constituÃu o Seminario hispanoamericano, dependente de Ocsha, e fundou o Instituto BÃblico e Arqueolóxico Español en Xerusalén.
En 1964 foi consagrado bispo e, nese mesmo ano, consagrado bispo axuliar de Madrid, encargado da Pastoral universitaria e secretario da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal. Incluso chegou a participar nas dúas últimas sesión do Concilio Vaticano II. O 22 de novembro de 1968 entrou en Ãvila como bispo titular e foi nomeado presidente da univ Pontifica de Salamanca pola Santa Sé. En 1973, foi investido doctor onoris Causa pola universidade salmantina e, nese mesmo ano, Paulo VI distinguiuno co nomeamento de arcebispo de CIttanova e secretario da Sagrada Congrregación do Clero. A súa actividade en Roma permitÃulle conectar con diversos episcopados, visitar oficialmente Cuba e participar na creación do Concello Internacional de Catequese e no SÃnodo dos Bispos. Faleceu dunha grave enfermidade cando regresaba de Roma a España o 29 de Outubro de 1996.
Conta igualmente cun centro educativo adicado á súa figura, o IES Maximino Romero de Lema.
Outros persoeiros
A piques estiveron de formar parte dos elixidos, pero finalmente non puido ser. Unha pena, sobre todo, no que respecta ao gran divlgador cientÃfico Jorge Mira. O polivalente baiés, recentemente nomeado Galego do Ano polo Padroado Fogar de Bergantiños foi outro dos baraxados para formar parte desta selección.
Outro que se manexou entre os nosos especialistas foi Monseñor Romero de Lema, siervo de Deus do que podemos atopar máis información na páxina da Fundación que leva o seu nome.
Colaborador: Xosé MarÃa Lema Suárez
Natural da Terra de Soneira (Bamiro-Vimianzo, 30.9.1950). É Catedrático de XeografÃa e Historia de ensino secundario desde 1992. Exerceu a docencia nos institutos Fernando Blanco de Lema, de Cee; no Marqués de Suanzes, de Ferrol, e Antón Losada Diéguez, d’A Estrada. Foi tamén profesor asociado do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago (curso 1991-1992). Doutor en Historia da Arte con Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 1990-1991 da Universidade de Santiago, coa tese A Arte Relixiosa no arciprestado de Soneira (xaneiro 1991), que foi a primeira redactada e defendida en lingua galega na especialidade da Historia da Arte.
É o Presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Membro correspondente da Real Academia Galega (2002) e numerario (patrón) do Museo do Pobo Galego (2005). Tamén pertence á Asociación Galega de Onomástica (AGOn), á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), á Asociación de Tradutores Galegos (ATG), á Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), a Nova Escola Galega (NEG) e á sección de EtnografÃa e Folclore do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos (1982). Na actualidade (2005) foi elixido primeiro presidente do recén constituÃdo Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SECCOM).
A súa obra está relacionada coa investigación e co ensaio nos eidos da historia da arte, a historia xeral, a etnografÃa, a lexicografÃa, a lingüÃstica e a onomástica. Ademais do Premio Extraordinario de Doutoramento (1990-1991) da Universidade de Santiago, como investigador recibiu os premios ‘Pedrón de Ouro de EtnografÃa’ (1976), e ‘Antón Losada Diéguez’ de Investigación (1994).
