Persoeiro Proposto: ‘Francisco Caamaño Domínguez’

Cal é o persoeiro de Cee máis relevante na túa opinión?
  • Fernando Blanco de Lema e Suárez Prieto (40.0%, 40 Votes)
  • Domingo Antonio de Andrade (32.0%, 32 Votes)
  • Francisco Caamaño Domínguez (27.0%, 27 Votes)
Total dos Votos: 99
Loading ... Loading ...

Continuamos con esta singradura histórica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com. Esta iniciativa didáctica que pretende recuperar pedazos da nosa historia para traelos aos días de hoxe a través da rede. Recuperalos a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.

Tivemos a sorte de contactar con Víctor Castiñeira, historiador e actual técnico de cultura do concello ceense. O seu primeiro candidato é unha persoa viva, i é que ata o de agora, e avanzando de todos os datos que xa temos recollidos, de seguro que o actual Ministro de Cultura vai ser un dos poucos.

Deixámosvos cos candidatos:

Francisco Caamaño Domínguez

ImageNaceu o 8 de xaneiro de 1963 en Cee (A Coruña). Desde abril de 2008 e ata o seu nomeamento como Ministro de Xustiza ocupaba o cargo de secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.

  • Licenciado e doctor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante e profesor titular de Dereito Constitucional en dita Universidade. En 1993 foi designado letrado do Tribunal Constitucional e en outubro de 2002 obtivo a praza de catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia.
  • En abril de 2004 foi designado secretario de Estado de Relacións coas Cortes.
  • Como profesor universitario, exerceu a docencia ordinaria de Dereito Constitucional e Dereito comunitario e autonómico. Ademáis, ten impartido numerosas conferencias, seminarios e cursos de doctorado e de postgrao, así como mestrías de especialización, tanto en Universidades como en outros centros públicos e privados sobre temas relativos a su especialidad.
  • Ten dirixido e participado en diversos programas de investigación, tanto nacionais como comunitarios, así como en programas de cooperación xurídica, principalmente con países centroamericanos. Producto desta actividade foi a súa especialización en temas de dereito parlamentario e xurisdición constitucional.

Fernando Blanco de Lema e Suárez Prieto (1796-1875)

ImageFernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de Outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, de profesión sangrador (ciruxán), polo que a súa educación correu a cargo do seu tío e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ao que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas.

No 1809 os franceses (Guerra da Independencia) matan ó seu padriño e arrasan a vila de Cee. A súa nai, viuva e con cinco fillos, decide envialos tres fillos varóns a Ferrol, e, dende alí, con só trece anos, Fernando Blanco de Lema emprende viaxe para Cuba.

O seu primeiro traballo na illa caribeña foi de dependente nunha tenda de ultramariños. Con trinta e tres anos decide adicarse ó negocio da ferretería, creando varias tendas na illa, e sendo este negocio a base da súa fortuna. Ademáis de ser posuidor de intereses e accións en bancos e en compañías de ferro, mantiña estreitas relacións comerciais cun curmán emigrado a Nova Iorque, o rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirixidas ao seu curmán podemos descubrir un perfil humano que nos avanza o filántropo que máis tarde se revelaría: home afectuoso, preocupado polos seus parentes máis desfavorecidos, confirmándonos a fortaleza dos lazos que sempre mantivo coa súa localidade natal.

Pouco antes de morrer, o 2 de Abril de 1875, redactou o testamento. Nel ratifica as súas fortes conviccións relixiosas, asegura estar solteiro e sen fillos, e declara estar aloxado na casa de Regla da Silva, viuva que o cuidaría con esmero durante a enfermedade que poucos días despóis acabaría coa súa vida. No testamento expón a vontade de asignar certas cantidades á dúas sobriñas de Regla da Silva, a dous afillados e a dúas curmáns que tiña en España sen fortuna. Tamén se viron favorecidas no testamento a Real Casa de Beneficencia e Maternidade da Habana e a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia.

Finalmente, o groso da súa fortuna (750.000 pesos de ouro) decide empregalos na construcción e mantemento dun Colexio de Primeira e Segunda Ensinanza na súa vila natal (Cee). Para levar a cabo esta misión nomea coma testamenteiros a Juan Álvarez Baldonedo e a Brígido Zavala, e coma apoderado en España é nomeado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos eles levaron a cabo, no medio dunha agre disputa xornalística e legal, o magno proxecto que determinaría o nacemento da Fundación. Fernando Blanco morreu en Cuba pouco despois de asinar este documento (5 de Abril de 1875), repousando as súas cinzas na capela do Colexio que mandara fundar.

O seu legado, de ampla repercusión na vida educativa, social e cultural de Cee e concellos da comarca é ben coñecida. Hoxe, o museo que leva o seu nome amósanos unha parte do que foi, sen dúbida un proxecto pioneiro no campo educativo na Galicia de finais do século XIX.

Domingo Antonio de Andrade (1639-1712)

Considerado como a principal figura no paso do clasicismo ó barroco en Galicia, a súa obra, durante os 40 años que estivo en activo, foi ampla e polifacética, pois abarcou a arte da talla e montaxe de retablos ademáis da arquitectura propiamente dita, e, dentro desta, traballou nos ámbitos religioxos, civís e militares.

As súas obras talladas en madeira, baldaquinos e retablos, foron como indagacións previas que logo influíron na súa propia arquitectura tanto na orde decorativa como na estructural.

Image

  • 1639: Nace en Cee
  • 1654-56: Estudia Artes e Cánones en Santiago.
  • 1662: Traballa na Catedral de Santiago.
  • 1666: Contrata o retablo da Capela Maior da Igexa de Cee.
  • 1669: Fai a planta para a restauración da igrexa de Salvaterra.
  • 1672: Aparellador maior da Catedral compostelana.
  • 1676: Mestre de obras, sucede a Peña de Toro. Comprométese a facer a Torre do Reloxio.
  • 1678: Obras de Sacristía da Catedral de Lugo e o baldquino do Mosteiro de Oseira.
  • 1679: Fai o baldaquino do altar do Sto. Cristo da Catedral de Ourense.
  • 1680: Remata a Torre do Reloxio da Catedral de Santiago.
  • 1683: Realiza varios traballos na Catedral de Lugo.
  • 1685: A Casa da Parra en Santiago.
  • 1687: Retablo da Capela Maior do Santo Domingo.
  • 1693: Retablo para a Cofradía de Animas de Cee. Fai obras de reedificación en Sto. Domingo de Bonaval: tres lenzos do claustro, fachada da portería é a célebre escaleira de caracol.
  • 1695: Publica o seu libro “Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura”.
  • 1699: Morre a súa dona Isabel de Arenas.
  • 1700: Acaba o Pórtico Real da Quintana, e o segundo corpo da Porto Santa. Foi ordenado presbítero.
  • 1707: Casa da Praza de Feijóo.
  • 1709: Casa da Conga, na Praza da Quintana.
  • 1712: 12 de novembro, morre en Santiago, sendo enterrado na catedral.

Colaborador: Víctor Manuel Castiñeira Castro

ImageLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), obtén o grao pola tese “Dinámica sociodemográfica del finisterre gallego, 1600-1860” (1996). Superados os estudios da especialidade en Historia Moderna, acada posteriormente os correspondentes á de Biblioteconomía e Documentación.

Conta cunha importante labor investigadora para a cal estudiou en diferentes arquivos: ademáis dos parroquiais de Santa María de Cee, San Marcos de Corcubión, Santa Eulalia d

e Brens, Santiago de Ameixenda, San Adrián de Toba, San Esteban de Lires, San Martín e San Vicente de Duio, cabe salientar a consulta de diferentes fondos documentais en Santiago (Arquivo Histórico da Universidade, Arquivo do Convento de San Pelayo, Arquivo Histórico Diocesano, Arquivo Histórico da Catedral de Santiago), A Coruña (Arquivo Histórico do Reino de Galicia) e Valladolid (Arquivo Xeral do Reino en Simancas).

Os seus estudios centránse na comarca de Fisterra (séculos XVI-XIX), aínda que tamén ten feito traballos de demografía histórica e emigración para o século XX, así como unha breve historia da Costa da Morte e unha importante colaboración na Historia de Cee, dirixida por Baldomero Cores. Participou con ponencias en diferentes congresos de historia e ten publicado artigos en varias e recoñecidas revistas, así como no xornal La Voz de Galicia. Ademáis é coautor con Alfredo Martín García do libro Dun finisterre a outro: a emigración galega á Patagonia (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, D.L.1999, 308 p); mentras que con Josefa Martínez realizou A Costa da Morte : apuntes para su historia (Asociación Neria, D.L. 2001, 72 p.).

Na actualidade ocupa o posto de Técnico de Cultura no Concello de Cee.