Elección Histórica da Costa da Morte: Fisterra
- Alejandro Campos RamÃrez (Alejandro Finisterre) (50.0%, 50 Votes)
- Celia Rivas (32.0%, 32 Votes)
- Cipriano Fernández (19.0%, 19 Votes)
Continuamos con esta singradura histórica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com. Esta iniciativa didáctica que pretende recuperar pedazos da nosa historia para traelos aos dÃas de hoxe a través da rede. Recuperalos a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.
En Fisterra contactamos con Xoán Silva Pazos, un rapaz de tan só 20 pero que os seus estudios, a súa formación e o seu amor pola historia e por Fisterra fano máis axeitado para esta laboura. Con todo, Xoán decidÃu abrir unha enquisa a través da súa bitácora Promontorio Nerium. Tras un arduo debate na rede cos seus lectores, os finalistas son este que vos presenta o mesmo Xoán.
Alejandro Campos RamÃrez, “Alejandro Finisterreâ€
Alejandro Campos naceu no ano 1919 en Fisterra, fillo do radiotelegrafista do faro, ainda que aos cinco anos trasladouse co seu pai á Coruña. A súa xuventude pasouna en Madrid onde, preto do poeta León Felipe, fixo as súas primeiras aproximacións ao mundo editorial.
No ano 36 estalou a Guerra Civil e, durante un bombardeo, quedou sepultado e ferido dunha perna. No hospital de Monserrat puido observar unha morea de nenos feridos que non podÃan xogar ao fútbol. Foi aà cando xurdÃu na súa mente o invento que o farÃa famoso no mundo enteiro: o futbolÃn. Ao rematar a guerra tivo que tomar o camiño do exilio, coa mala sorte de perde-la patente do futbolÃn durante a longa viaxe. Unha vez en ParÃs, xuntou diñeiro para viaxar a Quito, onde editou varias publicacións. Logo desprazouse a Guatemala, onde comezou a fabricar o futbolÃn, co que conseguÃu unha gran fortuna.
Cando o xeneral Castillo Armas dou un golpe de Estado neste paÃs, foi secuestrado coa intención de ser entregado ao goberno franquista. Ademais, as autoridades guatemaltecas espropiaron todas as súas propiedades, polo que quedou literalmente sen un teito no que acubillarse. Durante o vo no que se dirixÃa a Madrid ameazou aos pilotos dicindo que tiña unha bomba e obrigando ó avión a aterrizar en Panamá. El gabábase de ter sido o primeiro secuestrador aéreo.
Logo deste incidente logrou chegar a México, onde se reunÃu coa intelectualidade española no exilio, entre a cal se atopaba o seu gran amigo León Felipe. Alà foi onde se adicou con máis esmero á labor editorial, fundando a editorial Finisterre e imprimindo revistas e libros que a inteletualidade exiliada escribÃa de cotÃo. Foi, por iso, un dos máis importantes editores españois do exilio, traballo ao que se entregou con paixón. Mentres tanto, en España o futbolÃn conseguÃa unha enorme difusión e fama, gracias en parte ó interese dos emprendedores valencianos, que se propuxeron asignarse o mérito do invento.
Xa na Transición volveu a España, establecendo a súa residencia en Aranda del Duero, onde se adicou con máis forza que nunca á súa labor de creador literario, mentres era nomeado membro da Real Academia Galega. à morte do seu amigo León Felipe tivo que trasladarse a Zamora para exercer as súas responsabilidades coma albacea do poeta leonés. Despois de protagonizar sonados desaires co Concello de Zamora pola xestión da Fundación León Felipe, Alejandro Campor RamÃrez morreu o 9 de febreiro do 2007. As súas cinsas foron divididas e esparcidas, unha metade no curso do Douro ó seu paso pola cidade de Zamora, e a outra metade no Atlántico, aos pés do Faro de Fisterra, que o vira nacer 88 anos antes.
Este impresionante documento audiovisual foi rescatado da páxina do poeta fisterrán Modesto Fraga.
Cipriano Fernández
O señor Cipriano Fernández foi alcalde de Fisterra durante a época republicana pero tivo a mala sorte de morrer fusilado no verán do 36. Disque apareceu nunha cuneta de Ordes, coma tantas outras vÃctimas da represión franquista.
Era partidario de construir o peirao fisterrán en torno á baÃa da Ribeira, porto natural da vila durante toda a súa Historia. Semella que isto chocou cos intereses dalgunhas persoas que de inmediato o declararon un polÃtico “nom grato” e paralizaron a construcción do porto até ben entrada a dictadura. Ao final non se cumpriron os seus desexos e a dársena de abrigo construiuse no lugar onde fica hoxe.
Baixo a advocación da súa figura levouse a cabo, quizais por primeira vez na Historia, a unidade e actuación en conxunto de toda a intelectualidade fisterrana que, unida baixo a bandeira da Comisión para a Homenaxe a Cipriano Fernández, conseguiron que se comezara a aplicar a Lei de Memoria Histórica en Fisterra cun acto de homenaxe a este insigne fisterrán. Para iso organizáronse no 2007 unhas xornadas nas que participaron persoas da alta inteletualidade galega como Marcos Valcárcel, Xosé LuÃs Axeitos, Miro Villar ou Xesús Alonso Montero. Estas xornadas, organizadas na súa meirande parte polos lÃderes da comisión de homenaxe: LuÃs Lamela, Modesto Fraga e Xosé MarÃa Velay, contaron coa aprobación unánime da corporación municipal, en representación da cal acudiron o alcalde D. José Manuel Traba e outros membros destacados do Concello.
Celia Rivas
Entre os fisterráns ilustres debemos contar tamén algunha muller. É o caso da señora Celia Rivas Casais, matriarca da familia coñecida hoxe como “As Lavancas”. Ela foi a primeira camioneira do Estado español. Herdou este oficio de seu pai, e conseguÃu o carné xusto antes de comezar a Guerra Civil. O dispositivo de goberno franquista nas zonas ocupadas encargouse de expropiar tódolos camións para a guerra, pero Celia, nun acto de valor, conseguÃu mante-lo seu vehÃculo a cambio de facer favores loxÃsticos ó exército franquista. Disque foi dese xeito como conseguÃu o diñeiro suficiente para fundar logo a empresa que leva coma nome o seu apelido. Tiña fama de ser a mellor compradora da lonxa fisterrana, dotada dun sensible instinto para os negocios, o que fixo dela unha muller emprendedora ao longo da súa vida. Unha vida entregada en corpo e alma tivo que supoñer un desgaste que fixo que a súa vida fose ben corta: só 61 anos.
Todos estes datos podémolos atopar hoxe en dÃa no fermoso libro-homenaxe publicado recentemente onde se profundiza na importancia da súa figura.
Outros persoeiros
Nomes como os de Francisco EsmorÃs Recamán, Don Juan Bueno Bueno, Desiderio Paz Figueroa, Vasco Pérez Mariño, Mateo Pérez Valdivieso foron incluidos na enquisa que realizo Xoán S. Pazos na súa bitácora.
Outros como Cura de Minons, Luciano Moreira Carracedo, Alexandre Campos ou Decimo Junio Bruto tamén foron prantexados polo internautas. De feito as interesantes aportacións de alcumes como Dalit ou Xan de Siso fan dos comentarios outra boa fonte de información.
Podedes ver aquà abaixo como quedou a enquisa final nesta gráfica que elabourou o propio Xoán cos datos das votacións dos seus interneutas. Ademais hai unha extensa análise de todos estes persoeiros da man Xoán S. Pazos e os seus lectores na súa bitácora Promontorio Nerium.
Colaborador: Xoán Silva Pazos
Xoán naceu en Fisterra no ano 1988. Logo pasar polos e institutos Fin do Camiño de Fisterra e Fernando Blanco de Cee cursa 3º de FiloloxÃa Hispánica, centrando tamén a súa ctividade na literatura.
As súas investigacións aÃnda non foron pasadas ao papel, pero a rede xa pode dar conta dos resultados dos seus estudios. Pasade pola súa bitácora e dende os recentes traballos sobre a Semana Santa de Fisterra, sobre a Romanización da vila do Cristo ou sobre a Literatura en Fisterra dan para ler durante horas.
Tags: Alejandro Campos RamÃrez, Alejandro Finisterre, Celia Rivas, Cipriano Fernández

Maio 25th, 2009 at 7:46 pm
Non me parece nada axeitado calificar o fusilamento do alcalde fisterrán Cipriano Fernández, no verán de 1936 de “mala sorte”. É necesario usar os termos máis precisos posibles para calificar actos como este, para non esquecer o acontecido e achegarnos aos feitos históricos coa maior precisión posible. Neste caso serÃa máis axeitado falar de asasinato, represión…
Maio 26th, 2009 at 9:49 pm
Tes toda a razón, RosalÃa. Se visitas o meu blogue daraste conta de que penso que o fusilamento do señor Cipriano Fernández foi unha iniquidade, un asasinato e, en definitiva, un insulto á liberdade.
Asà e todo, digo que é mala sorte porque tamén podÃa ter escapado -coma tantos-, mais non puido ou non quixo facelo. Por iso falo de mala fortuna.