Elección Histórica da Costa da Morte: Carnota
- Os homes e as mullers do "Ariete" (57.0%, 35 Votes)
- Teófilo Caamaño (25.0%, 15 Votes)
- O Catelo (18.0%, 11 Votes)
Continuamos o noso percorrido pola historia da Costa da Morte de
nome en nome. Todo baixo o paraugas desta iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com
e quepasanacosta.com, que cobra sentido, como non, gracias á
colaboración dos nosos especialistas e gracias á participación de todos
os lectores-votantes, que a partir do luns 4 de maio, poderán ir
elixindo aos seus favoritos de cada concello.
Mil gracias as que lle damos a nosa colaboradora, Mar Llinares, historiadora que se mostrou moi participativa na selección dos 3 persoeiros. Unha selección que foi probablemente algo máis complexa que noutros concellos, moito máis produtivos en materia histórica que Carnota. Con todo, as 3 historias que chegan aquà son moi emotivas
Os homes e as mullers do “Ariete”
Todos os habitantes do concello de Carnota que temos certa idade recordamos o naufraxio do “Arieteâ€, mesmo os que eramos moi pequenos naquel momento. O 25 de febreiro de 1966, diante da costa de Lira, a fragata “Ariete†da Armada española queda ao garete, cun temporal do SSW con ventos de 100 km/h. Tras fracasar un intento de remolque, intenta fondear, pero queda sen ancla e o vento o leva aos baixos de Ardileiro. Os homes intentan salir nas balsas de salvamento, pero é imposible.
Entón todo o pobo de Lira, homes e mulleres, e tamén doutros lugares dos arredores, van cara á plaia, ao rescate. Montan un andarivel, e despois de moitos esforzos desde as 11 da noite ata as 6:30 da mañán, todos os tripulantes (166) foron rescatados, sin máis mal que golpes e frÃo. Houbo 67 homes recompensados coa Cruz do Mérito Naval. Todos homes, posto que segundo consta na concesión, as mulleres, que axudaron tanto ou máis e arriscáronse o mesmo, expresaron o seu desexo de quedar no anonimato. O escudo do concello e Carnota leva dede entón a lenda “Muy humanitarioâ€.

En abril do 2006, varios dos supervivintes retornaron a Lira para celebrar o 40 aniversario daquel suceso. à dereita vemos a última homenaxe a este fito histórico.
Teófilo Caamaño
O que sabemos deste home nacido en Carnota en 1912 e morto en 1997 débese ao coñecemento que trabou con él o cantante berciano Amancio Prada. Teófilo Caamaño sempre anou no mar. No ano 1936, estando nun mercante en Melilla, foi sorprendido polo golpe de Franco. Pola súa ideoloxÃa de
esquerdas, foi obligado a enrolas poa forza na Lexión, que aproveito para volver á PenÃnsula e unirse á República.
Despois da guerra, consegue escapar a Francia, e estando nun dos campos para refuxiados españois, o sorprende a II Guerra Mundial. Únese á resistencia antinazi e é retido no campo de concentración de Mauthausen, de onde escapa para unirse de novo á resistencia. Finalmente, entra en ParÃs coa aliados.
Volve a España clandestinamente, traballando aquà e alá, e en Segovia coñece a Amancio Prada, que recolle moitas das cancións de Carnota que Teófilo lle canta no seu disco De mar e terra (1999).
Teófilo pasa os seus últimos anos de vida nunha residencia de anciáns en Segovia. Tras a súa morte, a familia que lle quedaba en Carnota traslada o seu corpo ao cemiterio da súa terra natal. En 2002 foille ofrecida unha homenaxe polo Concello.
- Máis información: Teófilo Caamaño na Wikipedia.
- Amancio Prada: Teófilo Caamaño.
Os Foucellas, O Catelo
Traemos este persoeiro tratando de introducir algún elemento na loita contra o réxime franquista. Naqueles anos 30, logo da Guerra Civil, moitos paisanos de todo o paÃs tiveron que agocharse das autoridades por motivos ideolóxicos, por pertencer a sindicatos laborais, ou polo mero feito de falaren en galego. A Costa tamén sufriu esta terrible represión.
Foron moitos os que marcharon cara o monte, e o que mellor os acolleu foi o Monte Pindo. Unha chea de historias percorren as oquedades deste monte, que recolle dun xeito espectacular o libro “Los Montes del Pindo, Olimpo Celta y desierto de piedra”, de José Barreiro Barral, editado pola Deputación da Coruña en 1987.
Aló topamos coa historia do “AS”, un barco conserveiro de Muros do armador Antonio Sel, que foi o protagonista desta historia, ademais do Catelo e dunha ducia de homes fuxidos, no 1936. Disque O Catelo era o lÃder dos foucellas que marcharon ao monte escapándose da Garda Civil e das milicias da Falange. Moitos deles non eran aprendidos, e foi aló no cumio do monte, en reunións nocturnas, nas que personaxes como O Catelo instruÃan aos máis inocentes na loita polÃtica antifranquista.
O dÃa a dÃa era terrible. Os foucellas baixaban ás súa casas, pero podÃan ser soprendidos en calquera momento. Un salvador con nome de rapaz ocupábase de avisar cando viñan as milicias cun “Omesomonte!! Omesomonte!!!!” que salvou máis dunha vida. As familias agochaban a comida en lugares determinados, pero cada dÃa era máis complicado. HabÃa que actuar.
Un bo dÃa, os foucellas viron un barco aló na Lobeira Grande. Unha ducia de homes do Pindo e do Ézaro baixaron á mar, e nunha gamela xeiteira, achegáronse ata as dúas embarcacións que faneaban na Lobeira, A punta de pistola tomaron o “AS”, obrigaron aos tripulantes a subir ao outro barco e marcharon a Corcubión a repostar para preparar a escapada definitiva. Aló marcharon cara Inglaterra.
Entraron en porto inglés entonando “La Internacional”, que tampouco procedÃa naqueles tempos. Coidáronos e aseáronos, e os repatriaron á España republicana a través de Francia. Uns morreron na batalla, outros remataron en Chile ou México. Do Catelo, non se sabe o paradeiro.
A dÃa de hoxe, a historia segue viva. Viva está a súa viuva, a Palmira, que rexenta xunto ao fillo de ambos, o Augusto, unha pequena taberna no lugar de Quilmas, unha taberna pola que non pasou o tempo, que quedou anclada na historia e que merece a pena visitar.
Colaboradora: Mar Llinares
Mar Llinares GarcÃa nace en O Pindo (Carnota-A Coruña) o 15 de decembro de 1961, aÃnda que cando tiña un ano os seus pais se trasladan a San Mamede. Estudia XeografÃa e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licencia en 1984. En 1989 obtén o tÃtulo de Doctora en XeografÃa e Historia pola mesma Universidade. En 1991 comeza a traballar como profesora na mesma Facultade, onde segue, e da que foi decana.
En 1990 publica o seu libro Mouros, ánimas, demonios, na
editorial Akal, sobre o mundo mÃtico da cultura popular galega, que é unha das orientacións principais da súa actividade investigadora. Os seus traballos sobre esta cultura inclúen cuestións sobre as identificacións primarias das persoas (os nomes e a “casaâ€) na súa terra de orixe. Asimesmo, ten traballos publicados sobre historia das mulleres e sobre o chamado “patrimonio culturalâ€, desde un punto de vista crÃtico.
Tags: Ariete, O Catelo, Teófilo Caamaño
