Elección histórica da Costa da Morte: Camariñas

Cal é o persoeiro de Camariñas máis relevante na túa opinión?
  • Man, o alemán de Camelle (42.0%, 30 Votes)
  • Antonio Rodríguez Canosa (29.0%, 21 Votes)
  • Ambrosio Feijoo y Pardiñas (21.0%, 15 Votes)
  • Miguel Feijoo y Pardiñas (8.0%, 6 Votes)
Total dos Votos: 72
Loading ... Loading ...

Continuamos con este repaso á historia da Costa da Morte. Esta Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com, trata de ser unha iniciativa meramente didáctica que recupera pedazos da nosa historia para traelos aos días de hoxe a través da rede. Un repaso a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.

Achgámonos ata Camariñas. Aló contactamos co polivalente Rafael Lema, que destaca, entre outra morea de cousas, pola súa labor como Presidente do Centro de Estudos Blas Espín de Camariñas. Estes son os seus elixidos.

Por petición do público, coas bases na man, e tras consultalo entre os equipos de corcubion.com e quepasanacosta.com, ademais da aprobación do colaborador Rafael Lema, incluimos a Man de Camelle.

Man, o alemán de CamelleImage

Deste persoanxe sobran explicacións. A súa fama traspasa fronteiras e malia que o seu legado non foi coidado ata o de agora co debido respeto, semella que a Costa da Morte comeza a darlle a verdadeira importancia que merece.

Manfred Gnädinger coñecido como Man (Dresde, 1940 - Camelle, 28 de decembro de 2002) foi un escultor e ermitaño de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle, onde creou unha peculiar paisaxe de pedra. Levaba unha vida simple vivindo da súa horta. Como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.

Se ben non naceu no termo municipal de Camariñas, Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

Ambrosio Feijoo y PardiñasImage

Foi o xeneral mais vello de España. Nado en Camariñas o 4 de setemrbo 1861 e morto o 10 xullo de 1961. Entre as súas xestas está a participación na guerra de Cuba e na de Marrocos. Chegou a ser nomeado Cabaleiro da lexión de honra francesa.

En 1880 ingresou na Academia de Infantería de Toledo, de onde saíu co grao de segundo tenente. Desde ese momento, dedicou a súa vida ao exército e participou na Guerra de Cuba e na de Marrocos. En 1918 chegou a xeneral. Ao comezo do Movemento Nacional en 1936, ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitou. Nalgunhas ocasións exerceu o cargo de capitán xeral accidental da VIII Rexión Militar. Logo do seu retiro, viviu na Coruña coa súa esposa e fillos. Aquí pasaría a Guerra Civil e a súa extraordinaria lonxevidade foille convertendo, primeiro, no xeneral máis antigo de Galicia e, posteriormente, de España, sendo obxecto de numerosas homenaxes.

Foi moi afeccionado á filatelia e reuniu unha das coleccións de selos máis importantes de Galicia. Foi presidente da Cruz Vermella coruñesa durante moitos anos.

Miguel Feijoo y Pardiñas

Nado tamen en Camariñas, sobre 1856, irman do anterior, entrou no colexio de cabalaria de Valladolid no 1875, e foi capitán general de Filipinas. Foi ascendido a comandante pola acción do 28 de marzo de 1896 na guerra de cuba, a do ingenio Garrido, sendo entón capitán.

O xeneral Melquejo encontrou as partidas rebeldes de mirabal e Aguirre con 1.400 homes parapetados no inxenio Garrido. Carga contra eles o capitán Feijoo saltando co cabalo o cerco seguido por algúns outros soldados do escuadron de Galicia. Os inimigos roderáonos e atacáronos pero non puideron rendilos, e aguantaron ata que chegaron o resto das forzas e gañaron os españois. Feijoo foi gravemente ferido con tres machetazos, resistindo o berro de “hay que luchar hasta morir”

Antonio Rodríguez Canosa

Nacido en Camariñas no século XVIII, ao parecer fillo dunha monxa que ao quedar embarazada dun hidalgo veu vivir a unha casa de Buria procedente de Moraime. Probou no exilio de novo e marchou a Brasil, pero non lle foi ben e tivo que voltar á casa, a Rego da Horta, lugar de O Cotro, parroquia de Buría.

Volveu probar e marchou a México e gañou unha fortuna como transportista de carruaxes entre Veracruz e Acapulco. Voltou cando rondaba os 60 e o que fixo foi doar toda a súa fortuna para a construción a finais do século XVIII da actual igrexa parroquial de San xurxo de Camariñas. Faleceu no 1793.

Outros

Quedaron alá centos de nomes. Aí estiveron a piques de estar nesta selección o ourive Blas Espín, de orixe napolitana, que traballou na Ponte do Porto no derradeiro terzo do séc. XVIII e no primeiro do XIX; Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista e presentador; ou Manuel Ferrol, fotografo que naceu no Faro do Cabo Vilán.

Chegáronnos outrass xentes coma o escritor de Camelle, José Baña Heim e o escritor da Ponte do Porto, Xan Fernández. Tamén apareceron mulleres, como foi o caso de Herminia Rodríguez de Borrel a primeira muller con carnet de conducir en España, casada cun fillo de Calouste Gubelkian, rei do petroleo. Era filla de camariñáns, pero naceu en Cuba.

Colaborador: Rafael LemaImage

Escritor, filólogo, diplomado en Imaxe e Son, e Turismo. Nado na Ponte do Porto en 1967.

Entre os seus múltiples cargos, é presidente do Centro de Estudos Blas Espín de Camariñas entidade dedicada á recuperación do patrimonio e da memoria histórica da Costa da Morte; presidente do colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte, e directivo do Grupo Acción Costeira Costa da Morte. Traballa ou colabora en distintos medios de prensa escrita e radio coruñeses e en publicidade e mercadotecnia turística.

Como escritor en lingua galega recibiu premios como o Espiral Maior, o Concello de Carral e por dúas veces foi accésit no Premio Esquío, principal galardón poético galego. Un estudo sobre unha flota de galeóns perdida por Felipe II en Finisterre en 1596 fíxolle gañador do premio nacional de investigadores da fundación Cacique Orinoco, nun xurado presidido por Sebastián Alvaro.

É autor de guías turísticas sobre a Costa da Morte e Ferrolterra, en castelán e francés (Anaya Touring); numerosos traballos de investigación da historia naval, a toponimia ou ecolóxicos. Ten publicados 14 libros de poesía e novela en lingua galega.

En poesía: Cemiterio dás Gaivotas, Atlántida, Luces de N. E., Sete Vagas, Costa da Morte, Vos versos do último torreiro. En novela: Flores Negras; Capitán Rabuña; Mareas Negras; O Club do Curvo Mariño, Ou-49, e Crónicas Corsarias. E o libro de investigación O Camiño Secreto de Santiago (EDAF).

Tags: , ,

3 Responses to “Elección histórica da Costa da Morte: Camariñas”

  1. Arturo Says:

    Para mín, o persoeiro máis importante de Camariñas foi, sen dúbida Manfred ou tamén chamado ” O alemán de Camelle “.

  2. juan campos Says:

    Estoy de acuerdo en que Man también debería de estar en esta lista.
    Por supuesto, aunque no me entusiasma como poeta,debería estar Pondal.

    Pero quería proponer al Marino más importante que ha dado esta costa: el Almirante Mourelle, un precursor de los viajes del célebre capitán Cook, que también llegó a Alaska buscando un paso por el Norte del continente americano y cuyo libro de apuntes de ese viaje llevaba el propio Cook a bordo como guía unos años después.
    Mourelle era de Corme y está enterrado en el Panteón de Marinos Ilustres de San Fernado-Cádiz, donde reposa Méndez Núñez.
    Ya que hablamos de una COSTA me parece que es obligado que su hombre de mar más ilustre, sin discusión posible, sea uno de los candidatos.

  3. Xustiza Says:

    Manfred é imprescindible nesta lista, fixo mais pola nosa costa si nacer aqui que todos nos xuntos.
    O meu voto para Manfred

Deixanos o teu Comentario