Concello de Ponteceso

Cal é o persoeiro de Ponteceso máis relevante na túa opinión?
  • Eduardo Pondal (45.0%, 101 Votes)
  • Susa da Chasca (30.0%, 67 Votes)
  • Almirante Mourelle (13.0%, 28 Votes)
  • Calviño de Tallo (6.0%, 14 Votes)
  • Cristina Torre Cervigón (6.0%, 14 Votes)
Total dos Votos: 224
Loading ... Loading ...

Un día máis continuamos coñecendo eses pedazos da nosa historia a través dos nomes. A iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com, continúa coñecendo da man do mellor equipo de especialistas colaboradores aos personaxes máis importantes da historia da Costa da Morte.

E contactamos cun valiente baluarte e dinamizador da vida cultural de Corme: Jesús Méndez Torrado, máis coñecido por Suso de Basilio. Cando lle presentamos a proposta de axudarnos a elixir aos 3 persoeiros máis relevantes do concello pontecesán, Suso tivo que valorar varias cousas. Unha figura estaba por riba de todas, a de Eduardo Pondal.

Suso, valorando varios detalles sobre a vida do poeta e a súa relativa implicación co desenvolvemento da nosa bisbarrra, alén de que falamos dun dos personaxes máis homexeados de todo o país, decidiu non incluilo nos 3 elixidos. Todos eses simposios anuais, o museo, o roteiro Pondaliano… centos de homenaxe que fan que Suso prefira sacar á luz pública aos máis humildes e altruistas. Estes son os 3 elixidos por Suso de Basilio.

Finalmente, á petición dos nosos votantes, e tras consultalo moito entre os equipos de corcubion.com e quepasanacosta.com, e coa aprobación de Suso de Basilio, engadimos a Mourelle da Rúa e a Pondal na selección.

O Almirante MourelleImage

Naceu en San Adrián de Corme, en Gondomil, o 17 de Xullo do ano 1750, foi un dos derradeiros mariñeiros que regaron con nomes españois os mapas do mundo. Amancio Landin Carrasco, que biografou a Mourelle di del: “A los cuarenta y cinco años de edad, su balance de navegación tenía este haber: 19 grandes viajes, seis de ellos de más de un años de duración, tres viajes de descubrimiento por el Pacífico, y una suma aproximada de 4950 días de mar, lo que hace un total de 13 años y medio cabalgando sobre las olas”.

Como nos conta Juan Campos, o almirante Mourelle da Ría, xunto a Méndez Núñez, son os únicosgalegos que xacen no Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando. Foi un precursor das viaxes do soado capitán Cook, que tamén chegou a Alaska buscando un paso polo Norte do continente americano e cuxo libro de apuntes desa viaxe levaba o propio Cook a bordo como guía uns anos despois.

Ata a súa morte ós 70 anos foi laureado pola Mariña Española en numerosas ocasións. Descansa no Panteón de Mariñeiros Ilustres en Cádiz.

Máis información

Eduardo PondalImage

Eduardo María González-Pondal e Abente, naceu en Ponteceso, o 8 de febrero de 1835, nunha familia de orixe fidalga, enriquecida coa emigración a América. Este poeta rexionalista galego ata os nosos días como o creador do himno galego, formalizado a través do seu poema “O queixume dos pinos”.

En 1848 instalouse en Santiago de Compostela, onde estudiou a carreira de Medicina. De estudiante frecuentaba as tertulias do Liceo San Agustín e coñeceu ao tamén poeta Aurelio Aguirre. Desta época data o seu apaixoado interese pola cuestión rexionalista. Foi un dos organizadores, xunto con Aguirre, do banquete de Conxo, que uniu fraternalmente a obreros e estudiantes no bosque de Conxo o 2 de marzo de 1856. Nesta ocasión, Pondal leu un poema reivindicativo, en castelán, “Brindis”, acerca da igualdade dos homes.

Susa da ChascaImage

Mamá Susa, como a chamaban as nenas e nenos de Corme, a nosa nai, a nai de todo un Corme durante 60 anos. Así a describe Suso de Basilio, á parteira de Corme, que pola súa humildade e labor social é recoñecida nesta selección e terá unha rúa ao seu nome en Corme. A vontade de parturenta, sen máis interese que o de axudar a nacer, a súa bela profesión de traer á vida debe ser recoñecida.

Naceu en 1882. Con 26 anos (en 1908), o seu home marchou para América para non volver, e ela quedou cun fillo de 6 meses no colo. Enfermou, e tivo que ir a Santiago, ó hospital. Alí estivo uns dous anos, primeiro como enferma e logo como enfermeira, aprendendo a atender partos. Cando volve a Corme, arredor do ano 1910, empeza a traballar de parteira, asistindo tamén a xente enferma doutras doenzas.

Cristina Torre Cervigón

Esa mecenas que todo pobo está desexando, pero máis no seu caso, sen afán de inversión de capital para un día ser recuperado. Esas son as palabras de Suso sobre a filántropo.

Natural de Madrid pero galega e cormelá de adopción, a viúva do difunto Julio Pujales Rivas, pasaban os veráns na vila pontecesá. Ademais, o bacharelato desenvolveuno no Eusebio da Guarda coruñés, o Instituto Feminino, antes de marchar a Madrid para seguir cos seus estudios de xeoloxía. É filla de galegos, máis concretamente filla de Cipriano Torre Enciso, importante galeguista histórico.

A morte do seu marido, pintor coruñés de renome, deixa a Cristina nunha estraña situación. Procura un lugar onde deixar o legado e a colección que xuntos tiñan de arte contemporáneo. E así volve a Corme. Merca unha casa de pedra, crea a Fundación Torre Pujales, da que é a Presidenta, e cede as súas obras e a casa ao concello para a creación do Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte.

Crea este espacio como motor cultural e lugar de encontro do arte contemporáneo para a bisbarra, e o fai como proxecto de vida dedicada ao arte e coma homenaxe ao seu marido. E o fai dun xeito máis que intelixente.

Cada certo tempo, a través dunha especie de beca que dá a mesma fundación, un artista de calquera parte do mundo achégase ata Corme para desenvolver a súa arte por un mes. O prezo por pasar un mes creando na vila de Corme, unha obra para o museo. En abril estivo un fotógrafo artista, e en breve chega un ceramista para traballar cos oleiros de Buño. Un xeito maxistral de dinamizar a arte da bisbarra.

Calviño de Tallo

Image

Un dos regueifeiro máis míticos de Bergantiños e polo tanto do país. Maestro onde os houbo da regueifa. Regueifeiro sen afán de ningún tipo. Sentía de seu a regueifa e así a levou ata a mesma Coruña. Era un home ledo que disfrutaba cantando. Para Suso, e respetando ao resto de membros do gremio regueifeiro, o mellor que víu na súa vida. Tampouco fixo cartos coa súa paixón, pero fixo felices a todos os que tiveron a sorte de coñecelo e rexurdiiu a regueifa erguéndoa ó máis alto da súa historia.

Faleceu a comezos do 2003.

Outros persoeiros

O primeiro do que hai que falar é Eduardo Pondal, xa gabado de centos de homenaxes. Pero son moitos máis os persoeiros dos que se quedaron alá.

Nomes que levan moita historia detrás e que merecían formar parte, neste concello se cadra máis que noutros, desta selección. Manuel Pailos, Álvarez de Sotomayor, Avelino, Mosqueira Manso ou o mesmo actor cormelán Víctor Mosqueira, saíron a escena ao longo das divagacións.

Colaborador: Jesús Méndez Torrado

ImageNado de Corme no 1.944, comezou os seus estudos musicais con seu pai Basilio director e fundador da Banda de Música de Corme. O seu comezo ós 13 anos, foi de trompeta coa cal acadou o título por exame libre no Conservatorio de A Coruña logo de facer a mili voluntario na Banda de Isabel la Católica onde ampliou coñecementos.

Coa repentina morte de seu pai aos 51 anos, deixa a banda rexeitando a dirección da mesma por mor do forte e inesperado golpe recibido. Contaba naquel intre con 23 anos e recén casado.

Estuda acordeón e acada o título do mesmo instrumento. Dende o 2002, é director da banda “Eduardo Pondal” e da Escola Municipal de Música de Ponteceso. Asimesmo fundou e dirixiu a coral “Brisas do Mar” da súa vila cormelán dende 1993 durante 15 anos. Dende sempre loitador polo seu pobo, na súa vida social foi fundador e presidente durante 15 anos da A.V. Eduardo Pondal.

Arranxista, compositor e letrista -para banda e coral- é un dos pioneiros de habaneiras en galego. Ten no seu haber varios cedés gravados con varias corais de Galicia tanto de música relixiosa como popular. Autor de dúas Misas en galego, participa dende hai anos nos Encontros de Música Relixiosa de Pontevedra, onde ten varios temas gravados e impresos por toda Galicia. No ano 2006 conseguiu o 1º premio do Instituto de Estudos Bergantiñáns, polo seu traballo sobre a historia musical das sete bandas en Corme-Aldea.

No verán de 2008, a súa habaneira: A branca gaivota, acada o nº 3 en toda España, en canto á música coral máis escoitada. En decembro de 2008, chega ás 50 composicións nos estilos sinalados e ve como o concello pontecesán patrocina o seu libro A música en Corme.