Concello de Mazaricos

Cal é o persoeiro de Mazaricos máis relevante na túa opinión?
  • Silvestre Gómez Xurxo (39.0%, 15 Votes)
  • Manuel González González (37.0%, 14 Votes)
  • Francisco Suárez Salgado (24.0%, 9 Votes)
Total dos Votos: 38
Loading ... Loading ...

Continuamos o noso percorrido pola historia da Costa da Morte de nome en nome. Todo baio o paraugas desta iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com, que cobra sentido, como non, gracias á colaboración dos nosos especialistas e gracias á participación de todos os lectores-votantes, que a aprtir do vindeiro luns 4 de maio, poderán ir elixindo aos seus favoritos de cada concello.

Imos ata Mazaricos para falar coa persoa indicada. Suso Jurjo, historiador e actual técnico de cultura do concello xalleiro. Unha eminencia no campo da historia, que nos fai chegar o devir da historia de Mazaricos con estes tres nomes:

Silvestre Gómez XurxoImage

Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía, ademais de narrador. Director da Escola de Formación Social de Vigo. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes, do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega “De Vagar” (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi “Conversas do Pai Seixas” (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: “Déixao medrar” (Xerais 2000), novela; “Ith” (Xerais 2001), novela e “Todo vai ir ben” (Xerais 2005).

Francisco Suárez Salgado

Crego de finais do XIX e principios do XX que escribiu algunhas miudanzas. Nado en Beba, Mazaricos, A Coruña, 13- 2- 1862; e falecido en Os Ánxeles, Brión, A Coruña, 20- 8- 1910). Sacerdote, xornalista e notable orador sacro, cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse moi pronto ao xornalismo, comezando na Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; colaborou, ademais, no Libredón, A Gaceta de Galicia, O Ciclón e O Pensamento Galaico, de Santiago, La Voz de Galicia, da Coruña, o Século Futuro, O noticiero e o Imparcial, de Madrid. En Compostela fundou, con outros, o seminario político- literario a verdade, en Carril, Pau de Picaños.

En 1885 emigrou a Bos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal e colaborando na prensa da capital arxentina. Ademais destacou como orador: foi o primeiro, especialmente sacro, que utilizo o idioma galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos merece destacarse o titulado “A alma galega encarnada en Rosalía de Castro”.

Posteriormente regresaría a Santiago, onde dirixiu a revísta Acción Católica e cursou a carreira de dereito.

Manuel González GonzálezImage

Nace 25 de Outubro de 1951 na localidade de Beba, Mazaricos. Realiza estudos de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago, na que se licencia con “A fala do Incio” e se doutora coa tese “O xugo e o carro: contribución ó estuda das denominacións dos apeiros de labranza en Galicia”, cualificada coa máxima nota. Dende a etapa de estudante, é membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), e no mesmo ano da súa licenciatura (1974), incorpórase o departamento de Filoloxía Románica da Universidade compostelá, primeiro como bolseiro e posteriormente como profesor axudante. Realiza diversos cursos de especialización en universidades españolas e estranxeiras. Obtén, por oposición, a praza como profesor agregado do bacharelato e seguidamente a de catedrático, pero pide a excedencia para dedicarse ás tarefas universitarias. En 1982 acada o seu posto de profesor adxunto de Filoloxía Románica en Madrid, traballo que desempeña na actualidade en Santiago de Compostela.

Ademáis do seu labor docente e investigador no campo da lingüística románica, destaca polas súas investigación ao redor dos problemas sociais lingüísticos de Galicia e traballa activamente na recuperación e expansión do alego. É o primeiro profesor de Lingua Galega do Instituto de Idiomas da Univ compostelá, do que tamén exerce como secretario (1991- 96). Os seus eestudos abrangen diversos eidos. Destaca, en dialectoloxía e xeografía lingüística, e a súa cooperación como coautor do Atlas lingüístico galego, baixo a dirección de Constantino García, a súa participación en Atlas Lingüistico de España y Portugal pertenece á comisión de Atlas Linguistique roman. En lexicografía, coordina Diccionario Manual da lingua galega (1991), codirixe Diccionario da Real Academia galega (1997) e c olabora en Diccionario de verbos Galegos Laverca (2002). Con Antón Santamaría e responsable de Diccionario inverso da lingua galega (1990), de Vocabulario Ortográfico da lingua galega (2004) e codirixe a exposición historia da lingua galega e o seu catálogo(1988). Ten numerosas obras pedagóxicas, entre as que destaca a súa intervención na redacción de Galego I, Galego 2 e Galego 3. Forma parte do equipo que redacta as Bases para unificación das normas lingüísticas do galego (1977) e contribúe a realización de normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). É membro do consello científico das revistas Verbo, Estudios de Fonética Experimenal e Journal of Portuguese Linguistics, ademais de Vicerector de cadernos da Lingua.

É académico numerario (1992), secretario da Real Academia Galega (RAG), director de seminarios Lingüisticos e Lexicografía de RG e dirixe o Servicio de Terminoloxía de Galicia (Termigal) e o centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Colaborador: Xesús Antonio Jurjo Lado

ImageLicenciado en Historia da Arte con numerosos traballos sobre a arte, a historia e a cultura popular do Concello da Mazaricos: Mazáricos, memoria fotográfica; Mazaricos, o cerne da Galicia eterna; Os hórreos de Mazaricos; Mazaricos, auga e arquitectura; O Entroido de Mazaricos; A igrexa da Santa Baia de Chacín; Os franceses en Mazaricos, a batalla da Ponteolveira, … Dende 1993 traballa no Concello de Mazaricos, desenvolvendo, entre outras tarefas, a de técnico de Cultura.