PuntoGal: Un dominio propio para a Cultura Galega

Asociación PuntoGal

O pasado día 25 de Marzo, tivo lugar a primeira xuntanza da promotora da asociación PuntoGal, que ten como obxetivo a reivindicación do dominio .gal como espazo propio no internet para a língua e a cultura da galeguidade no mundo.

A promotora está conformada por representantes de doce entidades:

  • Asociación de Editores de Galicia.
  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.
  • Asociación Fillos de Galicia.
  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Consello da Xuventude de Galicia.
  • Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet).
  • Galicia Hoxe.
  • Idesga-Galego 21.
  • ISOC-Galicia.
  • Mesa pola Normalización Lingüística.
  • Real Academia Galega (RAG).
  • Vieiros.
  • Como se pode ver na banda colocada na esquina superior dereita da pantalla, nós sempre estivemos dacordo nesta reivindicación. O caso de Cataluña co seu dominio .cat é un referente moi claro no que apoiarse para conseguir os nosos propósitos. Para quen non o coñeza, o dominio .CAT foi aprobado pola ICANN (Internet Corporation For Assigned Names and Numbers) o pasado día 16 de Setembro do 2005.

    Aledámonos tamén de que Eganet, asociación a que pertence Galinus esté detrás desta iniciativa. A defensa da cultura galega non está reñida coas novas tecnoloxías.

    Por último, unha recomendación para coñecer máis sobre este tema, o Canal Punto G de Vieiros.

    Abril 10, 2006 1:02 pm | Arquivado sob: |

    Comments are closed.