Finis terrae
O pasado día 29 de Marzo anunciouse na prensa que Galiza albergará en Santiago un dos ordenadores máis potentes do mundo.
O supercomputador Finis terrae, que así se chama esta máquina, é un dos maiores ordenadores do mundo en memoria compartida e foi desenrolado por HP e Intel. Grazas a un convenio entre estas empresas e o CESGA estará instalado nas instalacións desta institución en Santiago de Compostela.
O CESGA terá que facer sitio a esta máquina, que abarca uns 140 metros cuadrados e pesa unhas 33.5 toneladas de peso. Con estas medidas podemos facernos unha idea da súa enorme capacidade de cálculo.
Este superordenar traballará con soporte de códigos baseados en software libre tales como Linux, Lustre e Globus e terá máis de 18 terabites de memoria distribuidos nuns 2.500 procesadores.
As vantaxes para Galicia son grandes, xa que unha ferramenta tecnolóxica deste tipo vai atraer a moita xente que traballa en problemas onde o cálculo numérico é fundamental. Ademais, vai a resolver os problemas de saturación que sufrían os servidores do CESGA e que ralentizaban o traballo de moitos investigadores.
Se queredes saber máis sobre o tema, así o contan na web do CESGA.
