Asemblea Xeral de Eganet

Eganet: Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías

Onte, día 30 de Marzo do 2006, celebrouse a Asemblea Xeral de Eganet, Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías.

Eganet constitúese oficialmente o 28 de maio de 2000 en Santiago de Compostela, co obxectivo de aglutinar nela ás empresas e profesionais galegos do sector de internet en Galicia, para defender, promocionar e representar seus intereses comúns, contribuíndo, deste xeito, a un desenvolvemento óptimo do sector das novas tecnoloxías e a sociedade da información en Galicia.

Nestos 6 anos, a entidade foi crecendo en membros e relevancia. Coa entrada de Galinus, son xa 36 as empresas asociadas a esta asociación.

O máis relevante da Asemblea foi a elección dunha nova Xunta Directiva, quedando composta do seguintes membros:

Nova directiva de EGANET

Parabéns para eles e moita sorte na dirección de Eganet. O seu éxito será o de todos.

Março 31, 2006 10:05 pm | Arquivado sob: |

VII edición de Expoenter

Este xoves 30 de Marzo e o venres 1 de abril terá lugar en Ourense a VII edición do Salón Multimedia e das Telecomunicacións Expoenter.

O evento está organizado por Expourense, e se celebrará nas súas propias instalacións.

Semella que este encontro pode ser un bo sitio para pulsar o estado das TIC e as novas tecnoloxías en Galicia. Para quen queira coñecer máis, recomendamos a nova sobre Expoenter de Código Cero.

Março 28, 2006 7:17 pm | Arquivado sob: |

Semana da Galiza em Braga

Semana de Galiza en Braga

Boa Nova para a relación entre Galiza e Portugal: ATTAC-Braga organiza a Semana de Galiza en Braga.

Será na semana do 18 ao 26 de Marzo. Terá un programa cultural moi amplo, con exposicións, concertos, curtametraxes e demais actividades culturais.

A sociedade civil galega estará representada nesta semana, a través de músicos, escritores, profesores, linguistas, e de varias asociacións culturais galegas, como A Mesa pola normalización, a AGAL, a AAG-P, o MDL, a Burla Negra, Arredemo e Fala Ceibe.

O mellor poden máis as miñas gañas que outra cousa, pero teño a impresión que algo está a cambiar na relación entre Galiza e Portugal. Quizais agora os tempos si que son chegados…..

Vía Audiência Zero.

Março 8, 2006 10:12 pm | Arquivado sob: |

Web 2.0 en galego

Un par de artigos en galego para aqueles que queiran coñecer a Web 2.0 e o futuro de internet:

Un gusto poder ler sobre estos temas na nosa língua.

Março 7, 2006 1:22 pm | Arquivado sob: |

Chuza

Chuza!, novas sociais galegas

Coñecín hai uns días a aparición de Chuza, un sistema de control editorial non xerárquico en galego.

Este servizo permite que calquera aporte unha historia e os internautas decidan colectivamente que se publica na páxina principal.

Segundo contan nas preguntas frecuentes, este servizo inspirado en Menéame é un proxecto persoal de Berto con axuda de xentes do blogomillo.

A procedencia das historias é moi ampla: xornais dixitais, bitácoras e outras webs en galego. Despois dun ratiño probándoo creo que me vou a convertir nun asiduo nesto de chuzar anaquiños de información.

Moi recomendable.

Março 6, 2006 11:56 pm | Arquivado sob: |

Blogalego

Acabo de coñecer a aparición en Galiza de un novo servizo para seguir as bitácoras en galego: Blogalego.

Este directorio de bitácoras en galego ben a complementar o servizo que xa daba Blogaliza, dando a posibilidade de categorizar por temas ou ben por etiquetas. Nese uso das folcsonomías entronca co software social de tanta sona ultimamente, como o Delicious ou o Flickr.

O nacemento desta ferramenta é un novo indicio do bo estado de saúde do blogomillo galego. Como na maioría das línguas, as bitácoras están incrementando enormemente o número de persoas que utilizan a escrita. A pesar dos agoreiros de internet, semella que nunca se escribiu tanto como agora mesmo.

As dúas primeiras partes do estudo sobre o blogomillo (o conxunto de bitácoras en galego) que está a sacar en entregas Calidonia van no mesmo camiño. As primeiras conclusións son as seguintes:

  • A aparición de blogs en galego medrou de maneira exponencial desde o ano 1999, dun xeito moi sememellante a como evoluciona a blogosfera mundial.
  • Un 67 % das bitácoras galegas están activas.
  • Semella que o fenómeno das bitácoras en galego non está máis que nacendo.

    E dentro deste cúmulo de ferramentas e estudos sobre o blogomillo galego, gústame a idea de Lantania de crear un mapa da Blogaliza. Esos puntiños verdes axúdannos a sentirnos máis partícipes dunha verdadeira comunidade.

    Março 1, 2006 10:07 pm | Arquivado sob: |