Encontro Luso-Galaico de bitácoras

3º Encontro Nacional e 1º Encontro Luso-Galaico sobre Weblogs

Otra boa nova que fortalece as relacións entre Galiza e Portugal, a convocatoria do 1° Encontro Luso-Galaico sobre Weblogs, a celebrar o 13 e 14 de Outubro de 2006 na Universidade de Porto.

O encontro pretende servir como punto de encontro dos bitacoreiros de un lado e outro da raia e escomezar así unha relación ata o de agora moi feble. Ademais coincidirá co 3° Encontro Nacional de Weblogs, dándolle todavía máis interés o evento.

Para nós hai outra razón de ledicia, como é a presencia de Catuxa Seoane na organización do evento. Demasiadas boas razóns como para perder unha ocasión así.

Projecto Eixo Norte-Galiza

Polos camiños inescrutables da red de redes, acabamos de coñecer unha estupenda iniciativa de aproximación cultural entre Galiza e o Norte de Portugal.

Esta iniciativa parte da Asociación AZ (Audiência Zero). Como eles mismos describen:

A associaçâo AZ foi idealizada como un espaço público de integraçâo, intervençâo e desenvolvimento, onde pessoas com objectivos semelhantes possam reunir esforços que possibilitem a realizaçâo conjunta de projectos artísticos, culturais e educacionais.

E dentro deste contexto tan interesante, acaban de crear o Projecto Eixo Norte-Galiza:

Fruto dos contactos desenvolvidos recentemente, esta página é, resumidamente, uma base de trabalho que servirá de apoio às nossas intenções de divulgar e empreender as mais diversas actividades de aproximação cultural entre o Norte de Portugal e a Galiza.

E, ademais desas magníficas intencións de aproximación cultural de dous povos moito tempo separados de maneira artificial, estos rapaces teñen o suficiente sentido do humor para ilustrar a súa proposta con este debuxo (que chaman portugal-loves-galicia):

Portugal Loves Galicia

Ilustração: Rui Ricardo

Fevereiro 23, 2006 7:05 pm | Arquivado sob: |

Escoitando a Ciencia outra vez

Voltamos a ter novas do noso amigo Fran Doménech e os seus compañeiros dos Museos Científicos Coruñeses.

Como xa contamos, estrearon hai un tempo un podcast para compartir na rede as charlas que organizan.

E agora deron un paso máis e tamén poñen a nosa disposición audioguías para recorrer os seus museos.

Agradecemos calqueira disculpa para revisitar esos centros de cultura. Felicidades para Fran e todos os que traballaron neste tema.

Só un pequeno comentario crítico: está moi ben que as guías estean en bilíngüe (castelán e inglés), pero gustaríanos que tamén estivesen en galego. Unha pequenísima sombra nun proxecto con moitas luces.

Actualización 28 de Marzo de 2006:

Semella que esa crítica que fixemos foi recollida polos responsables desta iniciativa e acaban de presentar a nova versión en galego da web dos museos.

Gracias de novo a Fran Doménech.

Mouchos na Costa da Morte

As informacións sobre a Costa da Morte están quitándolle a esta bitácora o seu sentido orixinal. Por elo, e para darlle a importancia que se merece a información da bisbarra, acabamos de crear unha nova bitácora:

Mouchos na Costa: Sitio de encontro para todos os mouchos da Costa da Morte, que observan e reflexionan sobre o que ocorre o noso redor.

A partir de agora, todo o relativo a nosa bisbarra vaise contar nesa bitácora, mentras O Outeiro quedará para falar (como foi orixinalmente concebida) da sociedade da información na eurorrexión Galiza - Norte de Portugal.

Fevereiro 22, 2006 9:38 pm | Arquivado sob: |

Nós tampouco queremos peaxes

Autopistas de peaxe en Galicia

Outra vez o poder político esquécese da Costa da Morte. Nas (boas) novas sobre a supresión de peaxes na ponte de Rande e A Barcala, non se menciona de ningunha maneira o caso da autopista AP-55. Semella que, outra vez, a AG-55 volve a quedar fóra dos acordos sobre supresión de peaxes.

Para quen non o saiba, a AP-55 une A Coruña e Carballo, pasando por Arteixo e Laracha, e é a principal vía de comunicación de toda a Costa da Morte coa capital da provincia, A Coruña.

Teoricamente existe unha alternativa gratuita, a AC-552, pero actualmente esta estrada é unha longa travesía que atravesa todos os núcleos urbáns que se atopan entre A Coruña e Carballo. Por elo, os habitantes e visitantes desta bisbarra teñen que coller (e pagar) case obligatoriamente a AG-55.

Dende hai moito tempo, pero de maneira especial despois da catástrofe do Prestige, prometeuse a supresión da peaxe desta autopista. Evidentemente, esos tempos non son chegados, e polo que semella, aínda teremos que pagar moitas veces esa roñosa peaxe.

Esperamos e esiximos que os políticos da zona reivindiquen firmemente esta promesa que ven de lonxe pero que o actual governo galego asumiu como propia. Pero non só eles teñen a responsabilidade, todos debemos protestar e unir a nosa voz para conseguir esas melloras. Recordemos que a supresión das peaxes de Rande e A Barcala non foi sinxela, e moita xente loitou para que non se deixara de escoitar este tema.

Ata se recolle esta loita na exposición conmemorativa dos 25 anos da ponte de Rande.

Repitamos o noso mantra: O que non chora, non mama.

Fevereiro 16, 2006 7:46 pm | Arquivado sob: |

Perseguindo Mámoas

Mámoa Pedra da Arca

Mámoa Pedra da Arca

Aproveitando a fin de semana, estiven coñecendo algo máis desta fermosa bisbarra. Neste caso, centreime nos monumentos megalíticos que xa sabía que había por estos lares.

Case todo o mundo coñece o dolmen de Dombate, cantado por Eduardo Pondal, pero nesta visita puiden comprobar que hai moitas máis mámoas na zona.

Como guía, seguín o roteiro das mámoas que o Concello de Vimianzo ten sinalado no entorno do seu concello. A verdade é que hai varias sinais ó longo do camiño que axudan a atopar os monumentos, pero sen preguntar os lugareños non chegaría a moitos dos dólmenes que se anuncian. O estado de conservación de varios deles tamén deixa moito que desexar.

Eso si, non quero que esto soe como unha crítica o Concello de Vimianzo, xa que polo menos eles se preocuparon algo dos seus monumentos, cousa que non podemos dicir do resto de institucións con responsabilidades neste tema.

Unha das promesas feitas a esta bisbarra despois da catástrofe do Prestige foi a creación do Parque do Megalitismo. Esta actuación é realmente urxente e necesaria se queremos por en valor o patrimonio que temos. É moi triste ver case tirados monumentos datados no 3000 a.c., ou, cousa que tamén ocurre na bisbarra, igrexas do século XII practicamente abandoadas.

Por todo elo, esta bisbarra ten dereito a pedir dunha vez o Parque de Megalitismo da Costa da Morte.

Nota: Para coñecer máis sobre dólmenes en Galicia, recomendo a páxina de Historia de Galicia de Julio Anta.

Fevereiro 12, 2006 6:27 pm | Arquivado sob: |

Relatorio das webs da Costa da Morte

O pasado día 4, Rede Galega presentou un Informe Técnico sobre a presenza dos Concellos Galegos en Internet.

Como era de suponer hai graves problemas nas webs dos concellos galegos, e así o 92% das webs municipais gallegas non cumpren a lei. Ese incumplimento céntrase sobretodo na falla de accesibilidade das webs e na falla de cumplimento da LOPD (Lei de Protección de Datos).

O informe é realmente útil. Nós imos a utilizalo para ver a situación na nosa bisbarra. Utilizamos as valoracións feitas no informe para presentar os puntos fortes e febles de cada páxina. Nel se puntúan diversos aspectos de 1 a 5, puntuación que aquí mantemos. Eso si, utilizamos a verba “usabilidade” no canto da que utilizan no informe “utilizabilidade”.

Páxinas oficiais dos concellos da Costa da Morte

Sen webs oficiais: Fisterra, Cee e Corcubión (aínda que no informe se diga o contrario, sabemos de boa tinta que polo de agora non hai web oficial do concello de Corcubión).

Aparentemente con web, pero a que normalmente non se pode acceder: Ponteceso.

Con páxinas web oficiales:

Carnota

  • Puntos a favor: Interese do contido (3). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (3). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular. Non accesible. Estructura de marcos. Ligazóns rotas.

Camariñas

  • Puntos a favor: Interese do contido (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html imposible de validar. Non se actualiza. Non accesible. Usabilidade (2). Estructura de marcos.

Cabana de Bergantiños

  • Puntos a favor: Interese do contido (3). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Estructura de marcos.

Laxe

  • Puntos a favor: Interese do contido (4). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Uso inadecuado do flash. Estructura de marcos.

Malpica

  • Puntos a favor: Interese do contido medio (3). Usabilidade media (3). Deseño gráfico e de interface medio (3). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Uso inadecuado do flash. Estructura de marcos.

Muxía

  • Puntos a favor: Interese do contido (4). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (3).
  • Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular.

Dumbría

  • Puntos a favor: Usabilidade (3) e Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
  • Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular. Non accesible.

Vimianzo

  • Puntos a favor: Interese do contido (3).
  • Puntos en contra: Incompatibilidade con navegadores estándar. Html non estándar. Usabilidade (1). Deseño gráfico e de interface (2). Non accesible. Horrible estructura de marcos.

Mazaricos

  • Puntos a favor: Interese do contido (3).
  • Puntos en contra: Incompatibilidade con navegadores estándar. Actualización irregular. Html non estándar. Usabilidade (1). Deseño gráfico e de interface (1). Non accesible. Horrible estructura de marcos.

As dúas últimas webs, as do Concello de Mazaricos e a de Vimianzo son as que saen peor paradas do informe. Estamos dacordo con esta valoración, xa que teñen erros de afeccionados, e a súa utilidade é moi relativa. Para ser xustos hai diferencia entre a de Mazaricos e a de Vimianzo, sendo esta última bastante máis útil.

Do resto das webs da zona podemos dicir que adolecen dos mesmos erros que hai nas webs de toda Galiza. Non se utiliza un html estándar nin se presta atención a accesibilidade web, co cal se incumplen as leis sobre accesibilidade que xa rixen para todas as webs públicas.

Ademais, non se presta a suficiente atención os contidos, como se demostra na deficiente actualización que teñen case todas. Sen contidos, unha web está vacía, por moitos gráficos e fogos de artificio (flash, por exemplo) que se metan.

No fondo, o que está a suceder coas webs galegas é algo normal, xa que estamos nos albores do uso da rede e a maioría das institucións públicas non teñen moi claro que é o que pode darlles unha boa páxina web. Esperamos que informes como este de Rede Galega axuden a comprender mellor este medio.

Fevereiro 7, 2006 10:02 pm | Arquivado sob: |

Queixas comúns

Un par de novas ilusionantes para a bisbarra:

  • Os alcaldes das comarcas de Soneira e Fisterra unen forzas para reclamar infraestructuras básicas.
  • A Asociación de Empresarios de Soneira reclaman polos cortes de luz.
  • Os problemas da zona non son novos. Deso xa falamos moitas veces. Pero que protestemos, e máis de maneira conxunta e organizada, non é tan habitual. E non hai outro camiño. Repitimos o noso mantra: o que non chora, non mama.

    Fevereiro 1, 2006 8:55 pm | Arquivado sob: |