Estos días, a entidade Neria está a celebrar unha serie de mesas sectoriais para estudar o futuro da Costa da Morte.
Para os que non a coñezan, Neria é unha das institucións máis importantes desta bisbarra, xa que nela están representados os concellos, as empresas, as asociacións e os particulares da zona. Por elo é un das voces autorizadas para falar por toda a Costa da Morte.
Nós estivemos na charla sobre turismo. O presidente de Neria (Xosé Manuel Pequeño) e o secretario (Xan García) fixeron unha pequena semblanza da situación xeral da Costa da Morte e despois explicaron cales cren que son as propostas que se deben levar a cabo para facer do turismo un motor fundamental da bisbarra.
A descripción da situación, coa evolución dos últimos 10 anos, non puido ser máis negativa. Entre outros datos, podemos destacar a pérdida de 7000 habitantes en dez anos (dunha población de 80000). Así o explica Xosé Manuel Pequeño nunha entrevista en A Voz de Galicia.
Despois dese análise global pasaron a detallar as propostas que Neria ten para promocionar o turismo na zona. Algunhas delas son a realización de rutas, musealizacións e puntos de información coordinados ou a promoción da caza e da pesca para fomentar o ocio rural.
Realmente, todas as medidas que propuxeron sobre o turismo eran de sentido común (como todos sabemos, o menos común dos sentidos) e se poden resumir en que Neria aboga por unha planificación turística seria para a comarca.
Polo que tamén se falou na charla, ata o de agora non houbo ningún tipo de planificación nin de coordinación de esforzos a pesar da existencia do Plan de Dinamización da Costa da Morte. Gastáronse cartos pero sen ter en conta as opinións dos diferentes axentes afectados: empresarios, concellos, institucións, etc. Por elo, o cambio fundamental non estaría tanto nas medidas concretas senón en conseguir que se escoite a voz dos colectivos afectados.
Ademais de todo esto, Neria estase a mover para reivindicar solucións a algún dos problemas máis acuciantes da bisbarra. Estas son algunhas das súas últimas iniciativas:
A gran maioría destas medidas son moi necesarias para a bisbarra. E Neria fai o seu traballo reivindicándoas, pero teño que ser bastante pesimista. Se nen siquera houbo ata o de agora vontade para poñer carteis sinalizadores para chegar dende Santiago a Costa da Morte, semella difícil que agora haxa vontade para facer dúas autovías, por poñer un exemplo.
Esperemos equivocarme e que os ollos do novo governo repousen nesta bisbarra tanto tempo desatendida, pero para elo a sociedade civil da Costa da Morte non debemos deixar sóa a Neria nas súas reivindicacións. O primeiro paso é acudir a escoitar e opinar nas mesas que todavía quedan por celebrar. Todas elas son no local de Neria en Cee, ó lado do antigo instituto, e as datas son as seguintes:
- 19/01/06: Sanidade e Servizos Sociais.
- 31/01/06: Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
- 01/02/06: Empleo e Formación.
- 02/02/06: Turismo.
- 07/02/06: O Agro.
- 08/02/06: Infraestructuras.
E senón podedes ir a ningunha das charlas, podedes contestar a enquisa que plantexa Neria sobre o plan estratéxico da Costa da Morte.