Os políticos tamén protestan

Semella que os políticos da Costa da Morte empezan a falar. Reaccións o que comentamos onte:

Seguiremos moi atentos a evolución dos acontementos. Eso si, agora marchamos ó futebol.

Dezembro 29, 2005 4:44 pm | Arquivado sob: |

Non nos poden quitar máis

Hoxe escribo de novo dende a indignación. Dende que estou na Costa da Morte sempre tiven a sensación de estar nun lugar privilexiado cunhas extraordinarias posibilidades de sair adiante. Pero semella que como a aquel infausto persoaxe televisivo, hai alguén que quere poñerlle a perna enriba para que A Costa da Morte non levante cabeza.

Recopilamos as últimas aldraxes recibidas:

Ademais, non se fixo nada para mellorar a situación de diferentes infraestructuras da zona:

E agora, a pinga que colma o vaso: Vanse quitar as rutas por transporte público entre Fisterra e Santiago, e entre Camariñas e A Coruña.

Xa coñecíamos que Arriva vendera as concesións das rutas que tiña pola Costa da Morte. Por elo, durante bastante tempo os habitantes desta bisbarra non sabíamos (e seguimos sen saber) que ía ser con esas comunicacións. E ata tuvimos que sufrir as consecuencias dunha lexítima folga dos traballadores de Arriva que deixaron en 20 os 175 traxectos que cobren a comarca.

Este tipo de cousas xa serían importantes en calqueira parte, pero máis na Costa da Morte, onde os autobuses son o único transporte público que existe.

Eu non sei que están esperando os alcaldes e representantes públicos da zona en montar unha ben gorda. Sempre se está a falar en xenérico de infraestructuras, do necesarias que son para o desenvolvemento da nosa bisbarra. E ata escoitei uns días atrás falar de recuperar os 7000 habitantes que a Costa da Morte perdera dende hai 12 anos.

Pero aí están estos feitos concretos que non semellan importar. E senón lles amola que a vía principal de comunicación da bisbarra (a AC-552) estea en estado lamentable e que nos quiten parte da merda de transporte público que tíñamos, xa non sei que lles pode preocupar.

Despois que non nos conten os típicos contos das autovías que van construir, tanto á Coruña como á Santiago; nin a chegada do tren lixeiro á Costa da Morte. Se nos están a quitar cousas, ¿ porque temos que pensar que despois nos van a dar máis ?.

Eu espero que haxa máis xente na bisbarra que estea preocupada por estes temas. E que teña gañas de facer algo para cambialo. Nós non sabemos moi ben como nin que facer, pero cremos que a sociedade civil da Costa da Morte debe unirse dalgunha maneira. Intentaremos movernos, pero tamén lanzamos ó aire a luva para quen queira que a colla (e se quere, que conte coa nosa axuda).

Dezembro 27, 2005 4:19 pm | Arquivado sob: |

Non sexas un mal Santa Claus

Aínda que non o pareza, non pensamos que os nosos problemas sexan sempre os máis importantes. Por enriba da televisión dixital ou a banda ancha hai cousas moito máis relevantes. E a pobreza, como todos sabemos, é un deses dramas.

Por eso, imos facernos eco da seguinte campaña:

Make Poverty History

Nela, con bastante bo humor, preténdese recordar ó señor Tony Blair as súas promesas sobre conseguir que a pobreza pasase a historia.

Make Poverty History

Ademais de todo esta parte festiva (e reivindicativa a vez) este sitio (Make Poverty History) pretende servir como plataforma para esixir os governantes dos países industrializados que tomen políticas adecuadas para cumplir os seus compromisos con respecto ó sida, a fame e a pobreza. Eles explican así o que pretenden.

Pois nada, a mandarlle unha felicitación reivindicativa a Tony e unir os nosos esforzos a toda esa xente que loita por mellorar a vida dos seus semellantes. Por unhas festas máis xustas para todos. Saúde.

Dezembro 23, 2005 12:20 pm | Arquivado sob: |

Software libre: os políticos explícanse

Polos fíos misteriosos que unen a blogosfera, chegoume unha mensaxe da Diputada Socialista Lourdes Muñoz.

Esta muller é a Secretaria de Politiques de les Dones del PSC (mira que me gusta o catalán) e foi a que defendiu a posición do grupo socialista sobre as Proposicións de Lei referentes á implantación del software libre na Administración.

De primeiras, quero agradecerlle a preocupación por informar da súa postura ós cidadáns. E tamén, que utilice a súa bitácora para informar das súas actividades parlamentarias. Ademais, ten publicada a súa intervención completa no pleno no congreso. Un exemplo a seguir de transparencia informativa.

Esta diputada basa a súa intervención en que están moi dacordo co software libre pero non queren impoñer nada. Para ser concretos, as principais razóns que esgrimen son as seguintes:

No compartimos esta propuesta porque es incoherente, incompleta y estamos en desacuerdo con algunas consecuencias de su contenido, como son:

  • una cuestión es promocionar los software libre, y otra, obligar a comprar y utilizar siempre este tipo de software. Votamos el promocionar la libertad de opción no la de imponer.
  • La propuesta vulnera las competencias autonómicas.
  • Generaría problemas de inseguridad, al hacer publicar todo el software de la Administración sin ejecutar campos claves como Defensa o Seguridad del Estado.
  • Tendría efectos negativos en la inversión en I+D+i de tecnologías y software.

Xa na propia bitácora os internautas fan varios comentarios desacreditando estos argumentos. Sobretodo chirría o seguinte argumento:

una cuestión es promocionar los software libre, y otra, obligar a comprar y utilizar siempre este tipo de software. Votamos el promocionar la libertad de opción no la de imponer.

Soa grandilocuente pero non me di moito. Como se di nos comentarios da bitácora desta diputada, ¿ que pasa entón coas leis que obligan á venda de fármacos xenéricos ?

Semella que o Partido Socialista, impulsor en varias administracións autonómicas deste tipo de software, ten medo de enfadar ós grandes magnates das patentes. Eu entendo ese medo, pero non poden negar que están tomando unha actitude cando menos incoherente.

Pero como teñen mala conciencia e saben dos beneficios e o apoio social do software libre van a sacar unha proposición non de lei na que se propondrá o governo que promocione medidas de aopio ó software libre.

Menos da unha pedra, pero gustaríanos máis que o governo fose máis valiente e non tema as posibles represalias de Microsoft. Semella que a Unión Europea non ten ese medo.

Dezembro 22, 2005 10:14 pm | Arquivado sob: |

Apagón analóxico na Costa da Morte

Por primeira vez a Costa da Morte adiántase o resto do estado nunha cuestión tecnolóxica. Polo que poiden escoitar hoxe pola mañá en Radio Nordés hai varias parroquias do municipio de Cee que dende o día 30 de novembro non ven varias das cadenas estatais de televisión.

Segundo parece, o 30 de Novembro, día non que comenzaba as emisións da Televisión Dixital Terrestre produciuse por adiantado o apagón analóxico, pero sen que a emisión en dixital a substituise.

Xa falamos da tardanza en chegar desa televisión dixital a nosa comarca e das iniciativas que se están a desenvolver para protestar contra iso. E os que vivimos aquí xa sabemos que en moitos lugares vese dende hai moito tempo a tele mal, cunhas sinais moi pouco claras. Pero este tema é a pinga que colma o vaso.

Que a xente de Lires ou da Pereiriña leven xa 19 días sen ver as privadas e ningunha autoridade faga nada paréceme bochornoso. Polo que escoitei os veciños falaron co concello de Cee onde, como non, din que non teñen ningunha responsabilidade no asunto.

Eu non sei quen ten ou non ten responsabilidade, pero os dereitos da xente que vive nestas parroquias son iguais de importantes que os que viven nas cidades.

Haberá que dirixirse á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar para ver se fai honra do seu nome e de verdade Anxo Quintana se preocupa do benestar de todos os cidadáns galegos.

Dezembro 19, 2005 5:06 pm | Arquivado sob: |

Mais emprendedores

Gústanos que haxa iniciativas empresariais de xoves galegos que van indo para adiante, e máis cando estos son amigos.

Trivium: Estratexias en Cultura e Turismo é unha empresa santiaguesa adicada basicamente á Xestión Cultural, á Interpretación do Patrimonio e ó Turismo Cultural.

Para elo conta cun equipo de xestores culturais, museólogos, arquitectos, arqueólogos, historiadores, historiadores do arte e deseñadores, todo elo dirixido polo noso bo amigo César Abella.

Polo de agora xa desenrolaron varios proxectos relacionados coa Cultura e o Turismo.

Para nós, que vivimos na Costa da Morte, é especialmente importante o Estudo de Sinalización Integral Turística para A Costa da Morte desenrolado para o Plan de Dinamización Turística A Costa da Morte.

Neste proxecto indícanse os elementos máis relevantes do Patrimonio da Costa da Morte para que sexan sinalizados convenientemente. Con elo dase un paso importantísimo para a posta en valor deste patrimonio e facilitar a súa conservación.

Nesta mesma liña está o artigo: “Patrimonio, turismo e novas tecnoloxías: Un proxecto de dinamización para A Costa da Morte”.

Este artigo publicado en 2003 no Portal Iberoamericano de Gestión Cultural presenta un proxecto financiado polo programa de Investigación e Desenrolo da Xunta de Galicia e que tiña como obxetivo deseñar un plan de acción que facilitara estratexias para a dinamización e consolidación dun sector turístico que, baseándose no acervo cultural do territorio, se convertise nun sector líder no desenrolo integral e sostido da rexión.

A ver se hai sorte e as entidades públicas seguen invertindo os seus cartos en proxectos interesantes de xente xoven e (sen ningún pero) ben preparada. Ánimo a César e os seus compañeiros.

3:01 am | Arquivado sob: |

A administración central non quere software libre

Un xa está curado de espanto, pero a veces os políticos poden sorprendernos desagradablemente. Lín o pasado mércores en El Pais a nova seguinte:

El Congreso rechaza imponer el uso de ’software’ libre en la administración.

Xa o titular paréceme un pouco tendencioso, xa que polo que pon no mesmo corpo da nova, non se rechazou impor o software libre senón que se rexeitaron:

las proposiciones de Ley con las que ERC e IU-ICV pretendían impulsar la implantación del software libre en la administración central.

Pero o máis descabellado son as razóns que fixeron votar que non ós diputados do PSOE, PP, PNV e CiU. Segundo o diputado popular José Ignacio Echániz:

“los parlamentos deben fomentar la competencia de todo tipo de software” y evitar intervenir con requisitos “que discriminen y limiten la libertad”.

Para quen non o coñeza o software libre é aquel que, unha vez obtido, pode ser usado, copiado, estudiado, modificado e redistribuido libremente. Podedes ampliar a información con a definición de Software libre na Galipedia.

Semella que ninguén recorda as experiencias positivas que xa tivo o software libre nalgunhas administracións autonómicas. A primeira experiencia foi o Linex en Extremadura e en Andalucía seguiron o exemplo e crearon Guadalinex.

As consecuencias positivas para estas comunidades foron as seguintes:

  • Aforro de moitos cartos en patentes.
  • Forte pulo ó desenrolo da pequena e mediana empresa adicada ó software.

    Un exemplo de esto é o proxecto Vivernet (Centro de Negocios de Nuevas Tecnologías). Este é o Programa da Consejería de Educación, Ciencia y Tecnología de la Junta de Extremadura, en colaboración con FUNDECYT, destinada a facilitar o desenrolo de novos negocios no ámbito da Sociedade da Información mediante a posta a disposición dos xóvenes emprendedores con capacidad creativa, dos recursos que lles permitan desenrolar as súas actividades.

Oxalá en Galicia non fagan caso desta resolución do Congreso dos diputados e non sigamos aumentando a conta do Señor Bill Gates. Esperemos que as accións divulgativas das asociacións de Software Libre en Galicia pesen máis que as opinións interesadas de Microsoft.

Vía Úsalo.

Ligazóns:

Dezembro 17, 2005 5:51 pm | Arquivado sob: |

Informe sobre A Sociedade da Información e España 2005 (I)

Acaba de sair o Informe de telefónica sobre A sociedade de información en España no ano 2005. Este informe analiza o uso das tecnoloxías da información (ordenador, internet, telefonía, etc) polos particulares, ás empresas e ás administracións, tanto no conxunto do estado como en cada comunidade.

O informe é moi extenso. Aquí so tentaremos utilizalo para comprender a situación galega. Os feitos principais os podedes ver en Código Cero. Nós pretendemos analizar pouco a pouco esos datos.

Hoxe comenzamos cos particulares.

Particulares (maiores de 14 anos):

  • O 19 % dos fogares galegos teñen acceso a internet (media estatal: 31 %)
  • O 8.7% teñen acceso a internet con banda ancha (media estatal: 13.8 %)
  • O 29.4 % dos galegos se conectaron a internet nos últimos 3 mes (media estatal: 37.5 %)

A situación, por tanto, non parece demasiado boa, sobretodo se temos en conta que a diferenza entre as medias galega e española non decreceu senón que aumentou con respecto o ano pasado. É dicir, a brecha dixital ábrese cada vez máis.

As razóns disto son variadas. O propio informe sinala o envellecemento da poboación e a orografía accidentada como posibles causas. Tamén se menciona, aínda que non coa importancia que ten, as carencias na cobertura da banda ancha (o informe é de Telefónica, non o esquezamos):

  • O ADSL só chega a un 57 % dos concellos e a un 74 % da poboación. O rural, como sempre, segue estando marxinado. Así en Ourense e Lugo a cobertura só chega o 11 % dos concellos onde viven o 57 % da poboación.
  • O cable (o de R para entendermos) só chega o 28% das vivendas e empresas galegas e non cubre ningún dos ocos que deixa a cobertura do ADSL.

O problema non está en todo o país, senón (de novo) nas diferenzas entre o rural e as cidades. Así, se tomamos os datos das 7 grandes cidades, a situación é moi parecida a estatal; mentres que se tomamos de mostra o resto de Galiza, a situación é lamentable.

Pode argumentarse que a maioría da xente do rural non ten moita intención de utilizar esas infraestructuras, pero eso só o poderemos saber cando teñan a posibilidade de facelo. Ata ese momento ese tipo de argumentos non son máis que escusas.

¿ E que se está a facer para subsanar esta situación ? Polo que nós coñecemos, hai medidas do estado central e do autonómico:

A ver se estas medidas surten efecto rápido. Senón, aí estaremos para levantar a nosa voz.

Dezembro 15, 2005 7:03 pm | Arquivado sob: |

Todos a firmar pola Costa da Morte

Xa están apuntadas (ás 18:00 de hoxe) 174 persoas e empresas na web que recolle firmas para a implantación da TDT na Costa da Morte. Cando firmei hai 4 días había só 16, polo que a cousa avanza a bo ritmo.

Ademais, os medios de comunicación están axudando a espallar esta reivindicación. Polo que eu coñezo falaron disto en Radio Nordés e hai unha nova o respecto en A Voz de Galicia.

Agora xa sei que esta iniciativa débese a dous rapaces do Ézaro, Mario Rodríguez e Manuel Franco (que se atopa en Londres, como bo galego ;) ). Xente xoven da Costa da Morte que ten moito que dicir. Unha aperta moi agarimosa para eles.

Queremos dar de novo o noso apoio a esta iniciativa e animar (outra vez) a todo o mundo que firme, viva ou non na Costa da Morte. E se viven noutras zonas co mesmo problema, que se movan da mesma maneira. Canto máis balbordo mediático, máis posibilidades de que nos fagan algo de caso.

A ver se os galegos deixamos dunha vez de dicir que chove cando nos mexan enriba.

Dezembro 14, 2005 10:28 pm | Arquivado sob: |

Administración electronica

Por A Voz de Galicia coñezo o estreo da nova web da Xunta de Galicia.

Polo que puiden ver a cousa mellorou significativamente con respecto á web anterior. Haberá que botarlle unha boa ollada, pero que teña en conta cuestións como a accesibilidade e os estándares web xa indica que se fixo con bastante máis sentidiño.

Tamén coñecemos estos días a aprobación do plan Moderniza que inclúe 16 proxectos a realizar no período 2006-2008 para impulsar a administración electrónica.

Esta iniciativa é totalmente necesaria polo retraso acumulado que o estado ten frente a maioría dos países do primeiro mundo. Esperamos que non se quede en papel (ou bits, neste caso) mollado. Non hai razón para que moitos trámites administrativos non se poidan facer xa desde a nosa casa.

Eso si, aqueles trámites para os que sexa necesaria a identificación do cidadán terán que esperar bastante polo retraso na implantación do DNI electrónico.

Dende que descubrín Directgov espero ó día que aquí o estado nolo poña tan fácil. Nestes temas si que os países anglosaxóns teñen moito que ensinarnos.

Outras ligazóns que poden ser de interese: