Chega a TDT, polo menos para algúns

Hoxe comenzaron as emisións da nova Televisión Dixital Terrestre (TDT).

O primeiro no que pensei foi na cobertura. En principio, en todo o estado debe ser por lei do 80 %. Pero, ¿ que vai pasar cos galegos ?.

Como conta A Voz de Galicia, A Xunta, por medio da empresa pública Retegal, púxose a traballar (parece que tarde) para ter instalados a fin de ano 47 centros de televisión dixital terrestre. Desa forma darán cobertura ó 80% da poboación galega.

Pero ese esforzo só vai valer polo de agora para ver en Galiza os dous canais da TVG. Os canais estatais utilizan outro servizo, o proporcionado pola sociedade Abertis-Retevisión e que apenas cubre o 50% do territorio galego. Por suposto, non temos cobertura na Costa da Morte, nin na Mariña Lucense, no Baixo Miño e en case toda a provincia de Ourense.

Estes últimos días fixen referencia a unha medida do Ministerio de Industria para levar cobertura ó rural galego e un convenio da Xunta con R para extender a banda ancha no rural galego. Esperemos que neste caso non haxa que esperar tanto e os nosos dereitos se respeten canto antes. Se de verdade queremos facer atractivo o rural galego este non é o camiño.

Novembro 30, 2005 11:37 pm | Arquivado sob: |

Un móbil en galego

Cóntanos A Mesa pola Normalización Lingüística a comercialización por parte de Movistar dun móbil que se pode configurar en galego. Concretamente, é o modelo Grundig 402i.

Agradecemos a Movistar e quen corresponda este xesto. Esperemos que rápidamente se extenda o resto de operadores e marcas de móbiles.

Vía Código Cero.

Actualización do 30 de Novembro de 2005: Segundo me din nun comentario, parece que xa hai algún móbil que dende hai tempo ten a posibilidade de configurarse en galego. Se alguén coñece máis exemplos, que nolo comunique.

Novembro 28, 2005 7:23 pm | Arquivado sob: |

Galinus no xornal

Consecuencias da nosa aparición radiofónica. Agora aparecemos na edición de Bergantiños da Voz de Galicia.

Aínda que o título (impagable) de Con Italia en el Cuore non pareza nin remotamente que poida relacionarse coa nosa empresa, se seguides lendo, veredes que nos adican un bo anaco da nova.

O departamento comercial de Galinus vai tomar boa nota do último parágrafo:

Se dedican a la denominada arquitectura de la información, en crear y buscar la eficacia de la página web de sus clientes y en dar formación integral a las empresas para implantar sistemas de comunicación, comercio electrónico y márketing a través de Internet.

Voltamos a agradecer a Eduardo Eiroa a súa axuda.

4:47 pm | Arquivado sob: |

A esperar un ano

Non puido ser. A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco.

Só nos queda esperar ata o ano que ven. Esperemos que para entón, certas cousas se fagan mellor e non falte apoio institucional.

Novembro 25, 2005 2:10 pm | Arquivado sob: |

Mañá as nosas tradicións deben ser Obra Mestre da Humanidade

Agardamos….. con esperanza

Novembro 24, 2005 9:52 pm | Arquivado sob: |

Primeiro tradutor gratuito galego-castelán-galego

Vía Vieiros coñecemos a aparición do primeiro tradutor automático de galego-castelán-galego gratuito.

Servizos que da o tradutor:

  • Tradución de texto.
  • Tradución de ficheiros (formatos .txt, .rtf e .html).
  • Navegación pola web con tradución.

Como curiosidade, podedes ver O Outeiro en castelán e Noloentiendo en galego.

Co uso o comprobaremos, pero os resultados parecen bastante satisfactorios. Felicitamos a todas as empresas e grupos de investigación universitarios que participaron no desenrolo desta ferramenta. Eso si, varremos para casa e felicitamos especialmente a Imaxin e O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

Novembro 23, 2005 2:51 am | Arquivado sob: |

Cobertura para todos

Vía Código Cero atopamos outra boa nova para o rural galego:

O Ministerio de Industria levará cobertura en condicións a 1133 núcleos de poboacións galegos.

Outro bocadiño de ilusión.

Novembro 22, 2005 6:16 pm | Arquivado sob: |

Galinus na radio

Onte, Galinus estivo na radio. Concretamente, Rodrigo e máis eu estivemos falando nun programa sobre emprendedores na Costa da Morte en Radio Voz Bergantiños.

Non nos chega que nos lean e nos escoiten os que xa están afeitos a internet. Temos que abrir outras vías de comunicación coa sociedade galega. Para meter a máis xente na rede, hai que sair dela e atraela. Este é un dos nosos primeiros pasos nese camiño.

Persoalmente, quedamos bastante contentos para ser a nosa primeira experiencia radiofónica en bastante tempo. Lonxe quedan os tempos de Radio Medellín (Nota: Urxente unha web para esta mítica radio estudiantil Santiagueira).

Moitas grazas a Eduardo Eiroa, corresponsal da Voz de Galicia na Costa da Morte. Sen a súa axuda, todo sería máis complicado.

Por certo, se nos pasan o mp3 colgarémolo.

6:03 pm | Arquivado sob: |

Non foi sen tempo

A Voz de Galicia trae a boa nova:

A Xunta otorga a R unha partida de 39 millóns para que extenda a banda ancha no rural galego

Non so as estradas son necesarias. As infraestructuras non teñen que ser de formigón e cemento.

Eso si, non sei se chegarán. Hai moito que avanzar.

1:39 am | Arquivado sob: |

No ciberespazo todavía manda Don Manuel

Internet é un medio ben curioso. Nun mesmo sitio pode haber páxinas con información semellante pero totalmente contradictoria. Sobretodo cando as actualizacións fanse dunha maneira abrupta.

Vexamos un exemplo na web institucional da Xunta de Galicia:

¿ Haberá morriña no equipo informático da Xunta ? Lagarto, lagarto.

Grazas a Torres Burriel por achegarnos este descubremento.

Novembro 20, 2005 5:30 pm | Arquivado sob: |