EnBlogs 2006

ENBLOGS 2006

O Consello da Cultura Galega organiza para o próximo día 19 de Abril o ENBLOGS 2006, encontro entre blogs de Galicia e Portugal.

Así explican eles mismos os obxetivos deste encontro:

O Enblogs 2006 quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.

Este encontro realizarase nun só día, o do 19 de Abril do 2006, na sede do Consello da Cultura Galega situado no Pazo de Raxoi. Aquí podedes consultar o programa.

A inscripción é gratuita e realízase a través do seguinte formulario de inscrición.

Esta xornada é a antesala do LUSOCOM, VII Congreso Internacional da Comunicación Lusófona, que se celebrará en Compostela a partir os día 20, 21 e 22 de Abril de 2006.

Vía Deakialli Documental.

VII edición de Expoenter

Este xoves 30 de Marzo e o venres 1 de abril terá lugar en Ourense a VII edición do Salón Multimedia e das Telecomunicacións Expoenter.

O evento está organizado por Expourense, e se celebrará nas súas propias instalacións.

Semella que este encontro pode ser un bo sitio para pulsar o estado das TIC e as novas tecnoloxías en Galicia. Para quen queira coñecer máis, recomendamos a nova sobre Expoenter de Código Cero.

Março 28, 2006 7:17 pm | Arquivado sob: |

Semana da Galiza em Braga

Semana de Galiza en Braga

Boa Nova para a relación entre Galiza e Portugal: ATTAC-Braga organiza a Semana de Galiza en Braga.

Será na semana do 18 ao 26 de Marzo. Terá un programa cultural moi amplo, con exposicións, concertos, curtametraxes e demais actividades culturais.

A sociedade civil galega estará representada nesta semana, a través de músicos, escritores, profesores, linguistas, e de varias asociacións culturais galegas, como A Mesa pola normalización, a AGAL, a AAG-P, o MDL, a Burla Negra, Arredemo e Fala Ceibe.

O mellor poden máis as miñas gañas que outra cousa, pero teño a impresión que algo está a cambiar na relación entre Galiza e Portugal. Quizais agora os tempos si que son chegados…..

Vía Audiência Zero.

Março 8, 2006 10:12 pm | Arquivado sob: |

Encontro Luso-Galaico de bitácoras

3º Encontro Nacional e 1º Encontro Luso-Galaico sobre Weblogs

Otra boa nova que fortalece as relacións entre Galiza e Portugal, a convocatoria do 1° Encontro Luso-Galaico sobre Weblogs, a celebrar o 13 e 14 de Outubro de 2006 na Universidade de Porto.

O encontro pretende servir como punto de encontro dos bitacoreiros de un lado e outro da raia e escomezar así unha relación ata o de agora moi feble. Ademais coincidirá co 3° Encontro Nacional de Weblogs, dándolle todavía máis interés o evento.

Para nós hai outra razón de ledicia, como é a presencia de Catuxa Seoane na organización do evento. Demasiadas boas razóns como para perder unha ocasión así.

Ramonet en Santiago

Semana de ponte, semella que so estamos traballando os autónomos ;) .

Tempo para recordar o máis relevante dos últimos días, o encontro con Ignacio Ramonet.

Para quen non o coñeza, Ramonet é o director de El Mundo Diplomático, unha publicación mensual que se convertiu dende hai xa bastante tempo na voz oficial dos movementos alterglobalizadores (ou antiglobalizadores, termo máis coñecido pero menos correcto).

Este home estivo en Santiago a semana pasada en varios encontros sobre xornalismo e comunicación. Eu o vin concretamente no seo das Xornadas sobre Documentación e Poder na sociedade da información: o papel dos arquivos e os observatorios de comunicación organizadas polo Consello da Cultura Galega.

As Xornadas parecían todas elas de interese, pero so me permitín acercarme a Santiago para ver a este xornalista tan singular.

Como ben din en Código Cero, Ramonet avogou por unha revisión crítica do proceso globalizador.

Centrouse sobretodo no papel que os medios de comunicación teñen actualmente nese proceso, e de como perderon o peso de contrapoder que durante moito tempo tiveron. O fío desto falou do Observatorio Mundial dos Medios (”Media Watch Media”), ente promovido por el mismo que dende 2002 analiza criticamente o papel dos medios de comunicación nesta sociedade.

Por último invitou a todo o mundo o próximo Foro Social Mundial que se vai celebrar en Bamako (Mali) e Caracas no próximo mes de Xaneiro. Como un dos promotores da iniciativa, Ramonet pretende que estes foros sexan o lugar de encontro para a sociedade civil de todo o mundo.

Non vou resumir unha conferencia de hora e media na que Ramonet demostrou a erudición que se lle supón sobre estes temas. Pero si que recomendo os que non o coñezan que intenten saber máis de el. Este home demostra que se pode (e incluso, se debe) facer política sen ser político, simplemente involucrándose críticamente na sociedade que nos tocou vivir.

Por certo, non podo deixar de mencionar o concerto de Salif Keita en Santiago de Compostela. Realmente impresionante. Eso si que é globalización ben entendida. Ata Rodrigo acabou bailando no propio escenario. Se queredes saber máis, xa volo conta el mesmo.

Dezembro 5, 2005 2:01 pm | Arquivado sob: |

Xornadas sobre documentación e internet

Xornadas sobre Documentación e Internet para o 30 de Novembro e o 1 de Decembro organizadas polo Consello da Cultura Galega.

Ven Ignacio Ramonet. Eu non mo perdo.

Novembro 18, 2005 1:55 pm | Arquivado sob: |

Se pode Senegal ….

Estos días estase a celebrar en Bilbao a Cumbre Mundial sobre a Sociedade da Información e o papel das Autoridades Locais.

Nesa Cumbre estúdase o papel que as Novas Tecnoloxías (sexa eso o que sexa) poden e deben ter no desenrolo das sociedades. Ademais, o enfoque e dende as Autoridades Locais, a parte do Estado que máis en contacto está co cidadano.

Dentro de todo o que se trata, hai algúns aspectos moi interesantes para o noso caso:

  • O primeiro é o análise do papel que as novas tecnoloxías poden ter na transmisión e conservación das culturas minoritarias. Neste caso é moi relevante todo o que se falou no pasado II Simposio O Libro e A Lectura centrado nas novas tecnoloxías.
  • E o seguinte aspecto que nos afecta son as posibilidades que se lle abren as rexións máis desfavorecidas co uso destas tecnoloxías.
  • Os casos de Senegal e de Chiapas son dous dos que se expoñen. Eles conseguiron medidas concretas que verdadeiramente melloran a vida dos seus cidadáns con moi poucos cartos. Por exemplo, a utilización dun ordenador e unha cámara web para o tratamento médico a distancia. Pode que non haxa diñeiro para montar un hospital ou un centro de atención sanitaria, pero si que se pode ter un ordenador con cámara web para que un médico poida diagnosticar a distancia.

Evidentemente, a nosa situación non é igual que a deses pobos, pero estos exemplos deberían ensinarnos que sempre é posible sacar vantaxes dun uso racional e intelixente das novas tecnoloxías. Se eles poden, con todos os problemas e a falta de axuda que teñen, ¿ cal é a razón para que nós non o fagamos ?

Novembro 9, 2005 6:29 pm | Arquivado sob: |