Cadernos Cidadáns

Unha proposta pouco habitual no blogomillo chamoume a atención estos días. Trátase do proxecto Cadernos Cidadáns que o pasado mércores 29 de Marzo presentouse por parte do Concello de Vigo en colaboración con Europa Press.

Basicamente, Cadernos Cidadáns é unha motor de bitácoras (ou blos) asociadas ao Concello de Vigo. Por un lado, pretende agregar as distintas bitácoras xa existentes de interese para a comunidade viguesa. Ademais, esta plataforma permite que calquera cidadán ou institución viguesa poida abrir a súa bitácora e escriba sobre o que queira, sempre tendo a cidade de Vigo como marco integrador do conxunto.

Segundo conta no seu blo a coordinadora persoal, Eva Campos, o obxectivo é moi ambicioso, xa que queren fomentar un espazo de debate público para a cidadanía viguesa.

Despois de que os políticos comenzasen a utilizar os seus blos para acercar os seus pensamentos aos cidadáns, agora é tempo de que as institucións públicas utilicen as bitácoras para escoitarnos. Eso si, ademais de permitir que os cidadáns e as asociacións viguesas poidan escribir e expresarse en libertad, sería moi necesario que os dirixentes vigueses tomen boa nota do que alí se fala.

Neste senso paréceme moi loable o compromiso persoal que fai Eva Campos na súa bitácora:

Pola miña banda asumo o compromiso (persoal e profesional) de analizar o detalle e a repercusión que os comentarios dos blogs de Vigo teña nas accións dos seus políticos.

Parabéns para ela. Seguiremos os seus comentarios ansiosos de coñecer a evolución dese recén nacido ecosistema.

Por certo, cada vez me parece máis útil Chuza. Pola nova colgada en Chuza sobre os Cadernos Cidadáns coñezo a interesante discusión sobre os Cadernos Cidadáns que se está a dar en Otra Democracia es Posible.


Ligazóns para saber máis:

  • Nova de Código Cero sobre os Cadernos Cidadáns
  • Nova en Europa Press
  • Sistemas avanzados para la participación electrónica municipal: ejes conceptuales para su diseño.
  • Abril 12, 2006 8:13 pm | Arquivado sob: |