Blogues ao xeito galego

Abertal, compañía de Carballo, deu a coñecer en Enblogs 2006 un novo xestor de bitácoras: a Blogoteca. Había que probalo.

Parabéns a iniciativa, aínda que non podemos evitar pensar que pode ser difícil sacala adiante, cando temos opcións como WordPress xa traducidas ao galego, con moitos anos de rodaxe e moi potentes.

Ademáis, a Blogoteca ten unha particularidade na súa contra moi do país: a desconfianza. Resulta curioso nun xestor de blogues que se nos pida un teléfono e que para comenzar a utilizalo teña que pasar polo filtro da empresa, que nos dará a autorización correspondente.

Toda a sorte do mundo para Manuel Pan e o seu equipo, pero un consello (mentras non consiga a miña autorización e poida probalo): vía libre!! o éxito dun xestor de bitácoras depende do seu número de usuarios e nos parece que xa existe un grande atranco no primeiro paso.

Abril 20, 2006 10:24 am | Arquivado sob: |

Cadernos Cidadáns

Unha proposta pouco habitual no blogomillo chamoume a atención estos días. Trátase do proxecto Cadernos Cidadáns que o pasado mércores 29 de Marzo presentouse por parte do Concello de Vigo en colaboración con Europa Press.

Basicamente, Cadernos Cidadáns é unha motor de bitácoras (ou blos) asociadas ao Concello de Vigo. Por un lado, pretende agregar as distintas bitácoras xa existentes de interese para a comunidade viguesa. Ademais, esta plataforma permite que calquera cidadán ou institución viguesa poida abrir a súa bitácora e escriba sobre o que queira, sempre tendo a cidade de Vigo como marco integrador do conxunto.

Segundo conta no seu blo a coordinadora persoal, Eva Campos, o obxectivo é moi ambicioso, xa que queren fomentar un espazo de debate público para a cidadanía viguesa.

Despois de que os políticos comenzasen a utilizar os seus blos para acercar os seus pensamentos aos cidadáns, agora é tempo de que as institucións públicas utilicen as bitácoras para escoitarnos. Eso si, ademais de permitir que os cidadáns e as asociacións viguesas poidan escribir e expresarse en libertad, sería moi necesario que os dirixentes vigueses tomen boa nota do que alí se fala.

Neste senso paréceme moi loable o compromiso persoal que fai Eva Campos na súa bitácora:

Pola miña banda asumo o compromiso (persoal e profesional) de analizar o detalle e a repercusión que os comentarios dos blogs de Vigo teña nas accións dos seus políticos.

Parabéns para ela. Seguiremos os seus comentarios ansiosos de coñecer a evolución dese recén nacido ecosistema.

Por certo, cada vez me parece máis útil Chuza. Pola nova colgada en Chuza sobre os Cadernos Cidadáns coñezo a interesante discusión sobre os Cadernos Cidadáns que se está a dar en Otra Democracia es Posible.


Ligazóns para saber máis:

  • Nova de Código Cero sobre os Cadernos Cidadáns
  • Nova en Europa Press
  • Sistemas avanzados para la participación electrónica municipal: ejes conceptuales para su diseño.
  • Abril 12, 2006 8:13 pm | Arquivado sob: |

    O Blog do Alcalde de Lugo

    Coñezo por Código Cero a existencia da bitácora de José Luis López Orozco, Alcalde de Lugo.

    O máis interesante desta iniciativa é que permite aos internautas facer comentarios libremente, non como noutras experiencias políticas na rede. Este feito permite que o blog de López Orozco se estea a convertir nun verdadeiro foro de participación cidadá da cidade de Lugo, con afagos e críticas a laboura do seu equipo de governo.

    Gústame como encara este profesor de filosofía esa participación cidadá no blog:

    Non me molestan as críticas ainda que sexan anónimas. Fanme ter os pés na terra e como dicía o blogger Demiurgo non padecer a soberbia dos mediocres. Gústame ser Alcalde, traballo que me otorgaron os lucenses nas eleccións e que aceptei dun xeito VOLUNTARIO. Ese traballo leva consigo ser criticado, porque hai moitas perspectivas desde as que ver o mundo no que estamos. Escoitar a héroes silenciosos que no piden nada.
    É verdade que o Concello ten os seus propios mecanismos de facer chegar as queixas cidadanas: teléfono 010 ou correo electrónico co Alcalde na páxina web. Pero tamén vale o blog. ¿Porqué non?.

    Admirable exercicio de tolerancia, sobretodo despois de ver algunha das críticas anónimas que xa se fixeron na bitácora.

    Unha cousa que me extrañou da reseña que fai Código Cero e a bitácora de Eva Campos é que din que este blog é o segundo dun alcalde de capital de provincia, despois do blog do Alcalde de Cornellá. Que eu saiba, e se o Estatut non rachou definitivamente con España e as súas sacrosantas provincias ;) , Cornellá non é capital de ningunha delas.

    Eu non coñezo ningún exemplo de alcalde de capital de provincia con blog (se alguén o coñece, fágamo saber). Eso si, ademais do de Cornellá, sei da existencia do Blog de Miquel Estapé, alcalde de la Roca del Vallés. Ningún dos dous permiten comentar libremente as entradas, por elo a importancia do paso emprendido polo mandatario lucense.

    EnBlogs 2006

    ENBLOGS 2006

    O Consello da Cultura Galega organiza para o próximo día 19 de Abril o ENBLOGS 2006, encontro entre blogs de Galicia e Portugal.

    Así explican eles mismos os obxetivos deste encontro:

    O Enblogs 2006 quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.

    Este encontro realizarase nun só día, o do 19 de Abril do 2006, na sede do Consello da Cultura Galega situado no Pazo de Raxoi. Aquí podedes consultar o programa.

    A inscripción é gratuita e realízase a través do seguinte formulario de inscrición.

    Esta xornada é a antesala do LUSOCOM, VII Congreso Internacional da Comunicación Lusófona, que se celebrará en Compostela a partir os día 20, 21 e 22 de Abril de 2006.

    Vía Deakialli Documental.

    Chuza

    Chuza!, novas sociais galegas

    Coñecín hai uns días a aparición de Chuza, un sistema de control editorial non xerárquico en galego.

    Este servizo permite que calquera aporte unha historia e os internautas decidan colectivamente que se publica na páxina principal.

    Segundo contan nas preguntas frecuentes, este servizo inspirado en Menéame é un proxecto persoal de Berto con axuda de xentes do blogomillo.

    A procedencia das historias é moi ampla: xornais dixitais, bitácoras e outras webs en galego. Despois dun ratiño probándoo creo que me vou a convertir nun asiduo nesto de chuzar anaquiños de información.

    Moi recomendable.

    Março 6, 2006 11:56 pm | Arquivado sob: |

    Blogalego

    Acabo de coñecer a aparición en Galiza de un novo servizo para seguir as bitácoras en galego: Blogalego.

    Este directorio de bitácoras en galego ben a complementar o servizo que xa daba Blogaliza, dando a posibilidade de categorizar por temas ou ben por etiquetas. Nese uso das folcsonomías entronca co software social de tanta sona ultimamente, como o Delicious ou o Flickr.

    O nacemento desta ferramenta é un novo indicio do bo estado de saúde do blogomillo galego. Como na maioría das línguas, as bitácoras están incrementando enormemente o número de persoas que utilizan a escrita. A pesar dos agoreiros de internet, semella que nunca se escribiu tanto como agora mesmo.

    As dúas primeiras partes do estudo sobre o blogomillo (o conxunto de bitácoras en galego) que está a sacar en entregas Calidonia van no mesmo camiño. As primeiras conclusións son as seguintes:

  • A aparición de blogs en galego medrou de maneira exponencial desde o ano 1999, dun xeito moi sememellante a como evoluciona a blogosfera mundial.
  • Un 67 % das bitácoras galegas están activas.
  • Semella que o fenómeno das bitácoras en galego non está máis que nacendo.

    E dentro deste cúmulo de ferramentas e estudos sobre o blogomillo galego, gústame a idea de Lantania de crear un mapa da Blogaliza. Esos puntiños verdes axúdannos a sentirnos máis partícipes dunha verdadeira comunidade.

    Março 1, 2006 10:07 pm | Arquivado sob: |