O pasado día 4, Rede Galega presentou un Informe Técnico sobre a presenza dos Concellos Galegos en Internet.
Como era de suponer hai graves problemas nas webs dos concellos galegos, e así o 92% das webs municipais gallegas non cumpren a lei. Ese incumplimento céntrase sobretodo na falla de accesibilidade das webs e na falla de cumplimento da LOPD (Lei de Protección de Datos).
O informe é realmente útil. Nós imos a utilizalo para ver a situación na nosa bisbarra. Utilizamos as valoracións feitas no informe para presentar os puntos fortes e febles de cada páxina. Nel se puntúan diversos aspectos de 1 a 5, puntuación que aquí mantemos. Eso si, utilizamos a verba “usabilidade” no canto da que utilizan no informe “utilizabilidade”.
Páxinas oficiais dos concellos da Costa da Morte
Sen webs oficiais: Fisterra, Cee e Corcubión (aínda que no informe se diga o contrario, sabemos de boa tinta que polo de agora non hai web oficial do concello de Corcubión).
Aparentemente con web, pero a que normalmente non se pode acceder: Ponteceso.
Con páxinas web oficiales:
Carnota
- Puntos a favor: Interese do contido (3). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (3). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular. Non accesible. Estructura de marcos. Ligazóns rotas.
Camariñas
- Puntos a favor: Interese do contido (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html imposible de validar. Non se actualiza. Non accesible. Usabilidade (2). Estructura de marcos.
Cabana de Bergantiños
- Puntos a favor: Interese do contido (3). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Estructura de marcos.
Laxe
- Puntos a favor: Interese do contido (4). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Uso inadecuado do flash. Estructura de marcos.
Malpica
- Puntos a favor: Interese do contido medio (3). Usabilidade media (3). Deseño gráfico e de interface medio (3). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html imposible de validar. Actualización irregular. Non accesible. Uso inadecuado do flash. Estructura de marcos.
Muxía
- Puntos a favor: Interese do contido (4). Usabilidade (3). Deseño gráfico e de interface (3).
- Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular.
Dumbría
- Puntos a favor: Usabilidade (3) e Deseño gráfico e de interface (4). Compatibilidade cos navegadores.
- Puntos en contra: Html non estándar. Actualización irregular. Non accesible.
Vimianzo
- Puntos a favor: Interese do contido (3).
- Puntos en contra: Incompatibilidade con navegadores estándar. Html non estándar. Usabilidade (1). Deseño gráfico e de interface (2). Non accesible. Horrible estructura de marcos.
Mazaricos
- Puntos a favor: Interese do contido (3).
- Puntos en contra: Incompatibilidade con navegadores estándar. Actualización irregular. Html non estándar. Usabilidade (1). Deseño gráfico e de interface (1). Non accesible. Horrible estructura de marcos.
As dúas últimas webs, as do Concello de Mazaricos e a de Vimianzo son as que saen peor paradas do informe. Estamos dacordo con esta valoración, xa que teñen erros de afeccionados, e a súa utilidade é moi relativa. Para ser xustos hai diferencia entre a de Mazaricos e a de Vimianzo, sendo esta última bastante máis útil.
Do resto das webs da zona podemos dicir que adolecen dos mesmos erros que hai nas webs de toda Galiza. Non se utiliza un html estándar nin se presta atención a accesibilidade web, co cal se incumplen as leis sobre accesibilidade que xa rixen para todas as webs públicas.
Ademais, non se presta a suficiente atención os contidos, como se demostra na deficiente actualización que teñen case todas. Sen contidos, unha web está vacía, por moitos gráficos e fogos de artificio (flash, por exemplo) que se metan.
No fondo, o que está a suceder coas webs galegas é algo normal, xa que estamos nos albores do uso da rede e a maioría das institucións públicas non teñen moi claro que é o que pode darlles unha boa páxina web. Esperamos que informes como este de Rede Galega axuden a comprender mellor este medio.