PuntoGal: Un dominio propio para a Cultura Galega

Asociación PuntoGal

O pasado día 25 de Marzo, tivo lugar a primeira xuntanza da promotora da asociación PuntoGal, que ten como obxetivo a reivindicación do dominio .gal como espazo propio no internet para a língua e a cultura da galeguidade no mundo.

A promotora está conformada por representantes de doce entidades:

  • Asociación de Editores de Galicia.
  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.
  • Asociación Fillos de Galicia.
  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Consello da Xuventude de Galicia.
  • Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet).
  • Galicia Hoxe.
  • Idesga-Galego 21.
  • ISOC-Galicia.
  • Mesa pola Normalización Lingüística.
  • Real Academia Galega (RAG).
  • Vieiros.
  • Como se pode ver na banda colocada na esquina superior dereita da pantalla, nós sempre estivemos dacordo nesta reivindicación. O caso de Cataluña co seu dominio .cat é un referente moi claro no que apoiarse para conseguir os nosos propósitos. Para quen non o coñeza, o dominio .CAT foi aprobado pola ICANN (Internet Corporation For Assigned Names and Numbers) o pasado día 16 de Setembro do 2005.

    Aledámonos tamén de que Eganet, asociación a que pertence Galinus esté detrás desta iniciativa. A defensa da cultura galega non está reñida coas novas tecnoloxías.

    Por último, unha recomendación para coñecer máis sobre este tema, o Canal Punto G de Vieiros.

    Abril 10, 2006 1:02 pm | Arquivado sob: |

    O Blog do Alcalde de Lugo

    Coñezo por Código Cero a existencia da bitácora de José Luis López Orozco, Alcalde de Lugo.

    O máis interesante desta iniciativa é que permite aos internautas facer comentarios libremente, non como noutras experiencias políticas na rede. Este feito permite que o blog de López Orozco se estea a convertir nun verdadeiro foro de participación cidadá da cidade de Lugo, con afagos e críticas a laboura do seu equipo de governo.

    Gústame como encara este profesor de filosofía esa participación cidadá no blog:

    Non me molestan as críticas ainda que sexan anónimas. Fanme ter os pés na terra e como dicía o blogger Demiurgo non padecer a soberbia dos mediocres. Gústame ser Alcalde, traballo que me otorgaron os lucenses nas eleccións e que aceptei dun xeito VOLUNTARIO. Ese traballo leva consigo ser criticado, porque hai moitas perspectivas desde as que ver o mundo no que estamos. Escoitar a héroes silenciosos que no piden nada.
    É verdade que o Concello ten os seus propios mecanismos de facer chegar as queixas cidadanas: teléfono 010 ou correo electrónico co Alcalde na páxina web. Pero tamén vale o blog. ¿Porqué non?.

    Admirable exercicio de tolerancia, sobretodo despois de ver algunha das críticas anónimas que xa se fixeron na bitácora.

    Unha cousa que me extrañou da reseña que fai Código Cero e a bitácora de Eva Campos é que din que este blog é o segundo dun alcalde de capital de provincia, despois do blog do Alcalde de Cornellá. Que eu saiba, e se o Estatut non rachou definitivamente con España e as súas sacrosantas provincias ;) , Cornellá non é capital de ningunha delas.

    Eu non coñezo ningún exemplo de alcalde de capital de provincia con blog (se alguén o coñece, fágamo saber). Eso si, ademais do de Cornellá, sei da existencia do Blog de Miquel Estapé, alcalde de la Roca del Vallés. Ningún dos dous permiten comentar libremente as entradas, por elo a importancia do paso emprendido polo mandatario lucense.

    Nós tampouco queremos peaxes

    Autopistas de peaxe en Galicia

    Outra vez o poder político esquécese da Costa da Morte. Nas (boas) novas sobre a supresión de peaxes na ponte de Rande e A Barcala, non se menciona de ningunha maneira o caso da autopista AP-55. Semella que, outra vez, a AG-55 volve a quedar fóra dos acordos sobre supresión de peaxes.

    Para quen non o saiba, a AP-55 une A Coruña e Carballo, pasando por Arteixo e Laracha, e é a principal vía de comunicación de toda a Costa da Morte coa capital da provincia, A Coruña.

    Teoricamente existe unha alternativa gratuita, a AC-552, pero actualmente esta estrada é unha longa travesía que atravesa todos os núcleos urbáns que se atopan entre A Coruña e Carballo. Por elo, os habitantes e visitantes desta bisbarra teñen que coller (e pagar) case obligatoriamente a AG-55.

    Dende hai moito tempo, pero de maneira especial despois da catástrofe do Prestige, prometeuse a supresión da peaxe desta autopista. Evidentemente, esos tempos non son chegados, e polo que semella, aínda teremos que pagar moitas veces esa roñosa peaxe.

    Esperamos e esiximos que os políticos da zona reivindiquen firmemente esta promesa que ven de lonxe pero que o actual governo galego asumiu como propia. Pero non só eles teñen a responsabilidade, todos debemos protestar e unir a nosa voz para conseguir esas melloras. Recordemos que a supresión das peaxes de Rande e A Barcala non foi sinxela, e moita xente loitou para que non se deixara de escoitar este tema.

    Ata se recolle esta loita na exposición conmemorativa dos 25 anos da ponte de Rande.

    Repitamos o noso mantra: O que non chora, non mama.

    Fevereiro 16, 2006 7:46 pm | Arquivado sob: |

    Facenda non se vai de Cee

    Por fin, unha nova positiva para a Costa da Morte:

    A oficina de Facenda de Cee manterá os servizos na delegación de Cee.

    Para os que non o coñezan, hai tempo que se falaba de que facenda tiña pensado reducir servizos en Cee.

    Polo que nos din agora, esto non é certo. En resposta as dúbidas plantexadas pola entidade Neria, o Ministerio de Economía enviou unha resposta por escrito na que indicaba que:

    «No se prevé ninguna reducción de las funciones de información y asistencia que desempeña, de forma que los contribuyentes podrán seguir acudiendo a esta Administración para la presentación de documentos o declaraciones, escritos, obtención de información o recibir asistencia en campañas de renta»

    Esperemos que sexa verdade. E que esto sexa a sinal de que comenzan a ternos en conta.

    Actualización do 24 de Xaneiro: Segundo escoito en radio Nordés, o sindicato independente da Axencia Tributaria di que lendo detidamente a carta que a administración mandou a Neria non se pode concluir que se vaia a deixar a oficina de facenda de Cee como estaba. Máis ben todo o contrario, que a rebaixa de funcións é a que se anuncio previamente.

    Xa non sei que crer. Haberá que estar atento a ver se alguén nolo aclara.

    Janeiro 23, 2006 7:26 pm | Arquivado sob: |

    Neria intenta cambiar a Costa da Morte

    Estos días, a entidade Neria está a celebrar unha serie de mesas sectoriais para estudar o futuro da Costa da Morte.

    Para os que non a coñezan, Neria é unha das institucións máis importantes desta bisbarra, xa que nela están representados os concellos, as empresas, as asociacións e os particulares da zona. Por elo é un das voces autorizadas para falar por toda a Costa da Morte.

    Nós estivemos na charla sobre turismo. O presidente de Neria (Xosé Manuel Pequeño) e o secretario (Xan García) fixeron unha pequena semblanza da situación xeral da Costa da Morte e despois explicaron cales cren que son as propostas que se deben levar a cabo para facer do turismo un motor fundamental da bisbarra.

    A descripción da situación, coa evolución dos últimos 10 anos, non puido ser máis negativa. Entre outros datos, podemos destacar a pérdida de 7000 habitantes en dez anos (dunha población de 80000). Así o explica Xosé Manuel Pequeño nunha entrevista en A Voz de Galicia.

    Despois dese análise global pasaron a detallar as propostas que Neria ten para promocionar o turismo na zona. Algunhas delas son a realización de rutas, musealizacións e puntos de información coordinados ou a promoción da caza e da pesca para fomentar o ocio rural.

    Realmente, todas as medidas que propuxeron sobre o turismo eran de sentido común (como todos sabemos, o menos común dos sentidos) e se poden resumir en que Neria aboga por unha planificación turística seria para a comarca.

    Polo que tamén se falou na charla, ata o de agora non houbo ningún tipo de planificación nin de coordinación de esforzos a pesar da existencia do Plan de Dinamización da Costa da Morte. Gastáronse cartos pero sen ter en conta as opinións dos diferentes axentes afectados: empresarios, concellos, institucións, etc. Por elo, o cambio fundamental non estaría tanto nas medidas concretas senón en conseguir que se escoite a voz dos colectivos afectados.

    Ademais de todo esto, Neria estase a mover para reivindicar solucións a algún dos problemas máis acuciantes da bisbarra. Estas son algunhas das súas últimas iniciativas:

    A gran maioría destas medidas son moi necesarias para a bisbarra. E Neria fai o seu traballo reivindicándoas, pero teño que ser bastante pesimista. Se nen siquera houbo ata o de agora vontade para poñer carteis sinalizadores para chegar dende Santiago a Costa da Morte, semella difícil que agora haxa vontade para facer dúas autovías, por poñer un exemplo.

    Esperemos equivocarme e que os ollos do novo governo repousen nesta bisbarra tanto tempo desatendida, pero para elo a sociedade civil da Costa da Morte non debemos deixar sóa a Neria nas súas reivindicacións. O primeiro paso é acudir a escoitar e opinar nas mesas que todavía quedan por celebrar. Todas elas son no local de Neria en Cee, ó lado do antigo instituto, e as datas son as seguintes:

    • 19/01/06: Sanidade e Servizos Sociais.
    • 31/01/06: Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
    • 01/02/06: Empleo e Formación.
    • 02/02/06: Turismo.
    • 07/02/06: O Agro.
    • 08/02/06: Infraestructuras.

    E senón podedes ir a ningunha das charlas, podedes contestar a enquisa que plantexa Neria sobre o plan estratéxico da Costa da Morte.

    Janeiro 19, 2006 2:34 pm | Arquivado sob: |

    Corcubión, sempre en galego

    Despois de tanto queixarse, hoxe temos unha nova positiva da nosa querida Costa da Morte:

    O preámbulo da normativa explícanos o obxetivo desta normativa:

    A lexislación vixente debuxa un marco que compromete os poderes e institucións públicas na tarefa da normalización da lingua galega. O Estatuto de Autonomía de Galicia dispón que os poderes públicos potenciarán o uso do galego en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa (art. 5.3). A Lei de Normalización Lingüística sinala os obxectivos concretos en materia de normalización lingüística no ámbito institucional, indicando que o galego, como lingua propia de Galicia, é a lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma. (art. 4.1).

    Conforme o marco devandito, o Concello de Corcubión comprométese solemne e formalmente mediante este regulamento a elevar o galego ao rango de lingua oficial e a facer o seu uso normal. Ora ben, a situación de cooficialidade lingüística vixente, o pretendido avance no proceso de normalización do idioma galego e o multilingüismo do noso ámbito social europeo poden dar lugar á aplicación de criterios lingüísticos diversos para situacións comunicativas idénticas. Por mor de desenvolver no seo da súa propia administración os preceptos devanditos, de dotarse dun marco de referencia globalmente válido, e de homoxeneizar a súa imaxe corporativa en materia de lingua, o Concello de Corcubión aproba o seguinte Regulamento de Uso do Idioma Galego na Administración Municipal de Corcubión.

    Aquí tedes completo o Regulamento de uso do Idioma galego na administración municipal de Corcubión.

    Nós xa coñecemos as gañas de traballar pola nosa língua de Norberto Pais, Tenente de Alcalde de Corcubión, e dos seus compañeiros do concello, polo que esta medida non nos sorprende. Pero non nos quedaremos sen dar unha noraboa moi calurosa ó noso concello.

    Unha das mellores cousas que me pasou dende que estou na Costa da Morte é coñecer o galego que se fala por estes lares. Eu sempre vivira en cidades e nunca atopara unha língua tan viva como a de aquí. Todavía falo como un urbanita (coruñés, para máis inri) renegado, pero pouco a pouco espero contaminarme.

    Aquí é moi normal coñecer a xente que ten dificultades para falar en castelán. Entendeno, pero polas circunstancias da vida nunca aprenderon a falalo ben. Moitos deles incluso aprenderon na emigración a falar inglés, francés ou alemán, pero non castelán. E non saber falar ben esa língua sempre os mantivo un pouco alonxados dos procedementos oficiais, sentíndose acomplexados frente os castelán-falantes.

    Polo tanto, todo o que afecta a língua galega na Costa da Morte é unha cuestión moi sensible e os dereitos dos galego-falantes deben ser respeitados ata as últimas consecuencias.

    Janeiro 9, 2006 8:02 pm | Arquivado sob: |

    Ano novo, os apagóns de sempre

    O ano cambia pero todo segue igual na costa da Morte. Seguen a haber os mesmos problemas de suministro de luz de sempre:

    Para non esquecer o que levamos pasando fixen unha pequena escolma de novas do ano pasado (da Voz de Galicia) onde se comentan ocurrencias coa luz. So son unha pequena mostra dunha situación insostible:

    Como xa vos dixen, só é unha pequena escolma do ano 2005. Ademais, non todas as incidencias deste tipo son recollidas polos medios de comunicación. Esto ten que cambiar para que non teñamos que ler máis titulares como este: Os fallos eléctricos impiden o desenrollo industrial da Costa da Morte.

    Semella que non fai falla ser demasiado listo para darse conta de que así non imos conseguir facer atractiva a nosa bisbarra para a inversión empresarial. E sen traballo, olvidémonos de aumentar a poboación.

    Janeiro 3, 2006 8:08 pm | Arquivado sob: |

    Os políticos tamén protestan

    Semella que os políticos da Costa da Morte empezan a falar. Reaccións o que comentamos onte:

    Seguiremos moi atentos a evolución dos acontementos. Eso si, agora marchamos ó futebol.

    Dezembro 29, 2005 4:44 pm | Arquivado sob: |

    Non nos poden quitar máis

    Hoxe escribo de novo dende a indignación. Dende que estou na Costa da Morte sempre tiven a sensación de estar nun lugar privilexiado cunhas extraordinarias posibilidades de sair adiante. Pero semella que como a aquel infausto persoaxe televisivo, hai alguén que quere poñerlle a perna enriba para que A Costa da Morte non levante cabeza.

    Recopilamos as últimas aldraxes recibidas:

    Ademais, non se fixo nada para mellorar a situación de diferentes infraestructuras da zona:

    E agora, a pinga que colma o vaso: Vanse quitar as rutas por transporte público entre Fisterra e Santiago, e entre Camariñas e A Coruña.

    Xa coñecíamos que Arriva vendera as concesións das rutas que tiña pola Costa da Morte. Por elo, durante bastante tempo os habitantes desta bisbarra non sabíamos (e seguimos sen saber) que ía ser con esas comunicacións. E ata tuvimos que sufrir as consecuencias dunha lexítima folga dos traballadores de Arriva que deixaron en 20 os 175 traxectos que cobren a comarca.

    Este tipo de cousas xa serían importantes en calqueira parte, pero máis na Costa da Morte, onde os autobuses son o único transporte público que existe.

    Eu non sei que están esperando os alcaldes e representantes públicos da zona en montar unha ben gorda. Sempre se está a falar en xenérico de infraestructuras, do necesarias que son para o desenvolvemento da nosa bisbarra. E ata escoitei uns días atrás falar de recuperar os 7000 habitantes que a Costa da Morte perdera dende hai 12 anos.

    Pero aí están estos feitos concretos que non semellan importar. E senón lles amola que a vía principal de comunicación da bisbarra (a AC-552) estea en estado lamentable e que nos quiten parte da merda de transporte público que tíñamos, xa non sei que lles pode preocupar.

    Despois que non nos conten os típicos contos das autovías que van construir, tanto á Coruña como á Santiago; nin a chegada do tren lixeiro á Costa da Morte. Se nos están a quitar cousas, ¿ porque temos que pensar que despois nos van a dar máis ?.

    Eu espero que haxa máis xente na bisbarra que estea preocupada por estes temas. E que teña gañas de facer algo para cambialo. Nós non sabemos moi ben como nin que facer, pero cremos que a sociedade civil da Costa da Morte debe unirse dalgunha maneira. Intentaremos movernos, pero tamén lanzamos ó aire a luva para quen queira que a colla (e se quere, que conte coa nosa axuda).

    Dezembro 27, 2005 4:19 pm | Arquivado sob: |

    Non sexas un mal Santa Claus

    Aínda que non o pareza, non pensamos que os nosos problemas sexan sempre os máis importantes. Por enriba da televisión dixital ou a banda ancha hai cousas moito máis relevantes. E a pobreza, como todos sabemos, é un deses dramas.

    Por eso, imos facernos eco da seguinte campaña:

    Make Poverty History

    Nela, con bastante bo humor, preténdese recordar ó señor Tony Blair as súas promesas sobre conseguir que a pobreza pasase a historia.

    Make Poverty History

    Ademais de todo esta parte festiva (e reivindicativa a vez) este sitio (Make Poverty History) pretende servir como plataforma para esixir os governantes dos países industrializados que tomen políticas adecuadas para cumplir os seus compromisos con respecto ó sida, a fame e a pobreza. Eles explican así o que pretenden.

    Pois nada, a mandarlle unha felicitación reivindicativa a Tony e unir os nosos esforzos a toda esa xente que loita por mellorar a vida dos seus semellantes. Por unhas festas máis xustas para todos. Saúde.

    Dezembro 23, 2005 12:20 pm | Arquivado sob: |