Coñezo por Código Cero a existencia da bitácora de José Luis López Orozco, Alcalde de Lugo.
O máis interesante desta iniciativa é que permite aos internautas facer comentarios libremente, non como noutras experiencias políticas na rede. Este feito permite que o blog de López Orozco se estea a convertir nun verdadeiro foro de participación cidadá da cidade de Lugo, con afagos e críticas a laboura do seu equipo de governo.
Gústame como encara este profesor de filosofía esa participación cidadá no blog:
Non me molestan as críticas ainda que sexan anónimas. Fanme ter os pés na terra e como dicía o blogger Demiurgo non padecer a soberbia dos mediocres. Gústame ser Alcalde, traballo que me otorgaron os lucenses nas eleccións e que aceptei dun xeito VOLUNTARIO. Ese traballo leva consigo ser criticado, porque hai moitas perspectivas desde as que ver o mundo no que estamos. Escoitar a héroes silenciosos que no piden nada.
É verdade que o Concello ten os seus propios mecanismos de facer chegar as queixas cidadanas: teléfono 010 ou correo electrónico co Alcalde na páxina web. Pero tamén vale o blog. ¿Porqué non?.
Admirable exercicio de tolerancia, sobretodo despois de ver algunha das críticas anónimas que xa se fixeron na bitácora.
Unha cousa que me extrañou da reseña que fai Código Cero e a bitácora de Eva Campos é que din que este blog é o segundo dun alcalde de capital de provincia, despois do blog do Alcalde de Cornellá. Que eu saiba, e se o Estatut non rachou definitivamente con España e as súas sacrosantas provincias
, Cornellá non é capital de ningunha delas.
Eu non coñezo ningún exemplo de alcalde de capital de provincia con blog (se alguén o coñece, fágamo saber). Eso si, ademais do de Cornellá, sei da existencia do Blog de Miquel Estapé, alcalde de la Roca del Vallés. Ningún dos dous permiten comentar libremente as entradas, por elo a importancia do paso emprendido polo mandatario lucense.