Março 2, 2006

Máis luz para A Costa da Morte

Arquivado sob: Cabreos and Apagóns and Problemas da bisbarra at 2:39 pm

Apagón na Costa da Morte

A un ensináronlle que vivimos nun mundo capitalista, no que a relación entre a demanda e a oferta é a que determina o precio e a calidade dunha mercadoría ou servizo.

Pero hai casos nos que esa relación non funciona adecuadamente, como é o servizo de suministro eléctrico na Costa da Morte:

  • A demanda é a de unha comarca que esixe un suministro eléctrico sen cortes e sen subidas de tensión. Como no resto do estado.
  • E a oferta é só unha, a dun monopolio que fai o que lle peta cos seus sufridos clientes.
  • Os apagóns son moeda habitual nesta bisbarra. Nunha entrada de O Outeiro mostrábamos como, sen facer unha búsqueda demasiado exhaustiva, no ano 2005 había case unha ducia de novas nos medios de comunicación galegos sobre este tema. Tendo en conta que só se reflicten as incidencias importantes, o lector poderá facerse unha idea da situación que aquí se da.

    Esta situación produce tremendos problemas os habitantes da Costa da Morte e os seus electrodomésticos. Ademais, como é normal, alonxa as empresas desta bisbarra, co que o problema do paro ten máis difícil solución.

    Algún poderá pensar que este problema se debe a que hai problemas de suministro na zona, que non se xenera electricidade por aquí e traela de fóra é moi costoso, pero xustamente estamos nunha das zonas productoras de electricidade do Estado.

    Tanto os parques eólicos como as minicentrais fluviais xeneran gran cantidade de enerxía. Pero nós, que temos que aguantar que estropeen os nosos ríos e a nosa paisaxe, non obtemos ningún beneficio.

    Porque o problema está no escaso mantemento das liñas eléctricas na bisbarra. Deberíanse gastar máis cartos en pagar a xente que corte as ramas das árbores que poidan afectar os cables, ou directamente, en meter todo o cableado por debaixo da terra e así non ter que preocuparse máis destos probelmas. Pero eso require unha inversión que non vai a ter contrapartida en ingresos. Porque xa teñen copado o mercado eléctrico na Costa da Morte e os usuarios temos que pagar como se o servizo fose perfecto.

    Espero que os poderes públicos se preocupen destos temas, xa que os problemas do sector eléctrico en España non están so nas OPAS.

    3 Comentários
    1. Pois o peor e que na miña casa dependemos da electricidade ata tal punto que xa non e a primeira vez que me dan gañas de plantar unha denuncia no xulgado. Se esto segue así, habera que meter placas solares no teito de todas as casas. Claro que co sol que fai por aqui….

      e1kio on 4 Março 2006 at 12:06 am

    2. tí denuncia o que queiras que os do Xallas teñen bo arquivo (e abogados). Os desastres naturáis e inclemencias imprevisibles dan razóns para todo… Estas empresas necesitan subvencións… as tormentas tamén dañan a Telefónica que ten que “apagar” varios aparellos nas centraliñas que deixan as liñas sen funcionar para que non se lles churrasquen…

      percebal on 27 Março 2006 at 12:35 pm

    3. Portal de ocio,turismo,webs,premios,turismo rural,deportes… sobre galicia… www.galiciaenpie.com

      viajar on 11 Agosto 2006 at 3:35 am

    Fonte de RSS dos comentários a este artigo.

    Desculpe, o formulário de comentários não está disponível neste momento.