
Antes de nada, darvos as grazas pola boa acollida do vídeo «Somos Galinus – A Película», os vosos comentarios de ánimo e parabéns son parte da motivación indispensable para seguir na nova liña na que Galinus quere ir medrando e desenvolverse día a día.
Tamén queremos darvos a benvida a este blog, no que o grupo de profesionais que formamos esta pequena empresa intentaremos amosar as nosas inquedanzas individuais, que xuntas forman este pequeno gran taller de novos medios.
Esperamos que as nosas ideas, opinións e achegas vos estimulen tanto a vós como a nós compartilas, cremos que o blog é a mellor plataforma para compartir opinións en ambos sentidos, e enriquecer a nosa mensaxe mutuamente.
Un saúdo, e de novo, benvidos e benvidas.














Preciosa imaxe
Marga é unha artista!