
Seguimos no noso contínuo proceso de mudanza. Despois de presentarnos ao mundo e mostrar como nos ven os nosos veciños da costa, chegaba o momento de falar dos nosos servizos. E coma sempre, o fixemos o fixemos ao noso xeito, que vos xa coñecedes ben…
Nós vivimos na Costa da Morte, e aquí adóitase traballar con mercancías moi físicas, relacionadas sobretodo co sector primario. Cando falamos con xente do noso entorno, que non ten unha idea moi clara de a que nos adicamos, sempre atopamos o problema de que traballamos con servizos virtuais, que non hai productos físicos que a xente poida tocar.
Por elo quixemos darlle unha volta a este problema comunicativo, e intentamos describir os nosos servizos convertíndoos en algo ben corpóreo. E non atopamos mellor sitio para poñelos á venda que o mercado dominical da vila de Cee, onde creamos a peza de video que compartimos actualmente na nosa web.
Ademais, a nosa posta en escena no mercado chamou á atención da Televisión Galega, como podedes ver no seguinte video.
Esperamos que disfrutedes tanto vendo estos vídeos como nós disfrutamos facéndoos.














Simplemente incríbel a cada paso que dades na mudanza sodes máis creativos e innovadores.
Vaite viciños que tedes!
Como xa vos dixen, unha pasada de ben.
parabéns pola campaña, seguide así
Unha pasada. Apetece levarse un para tomar en casa… Parabéns!