xeral[arroba]galinus.com
Análise con SPSS dos resultados dunha proba de Card Sorting
Introducción
Xa tes feito estudio de card
sorting (ou apilado de tarxetas) e agora queres introduci-los
resultados no SPSS para poder analizalos,
pero ¿como?
Nas seguintes liñas explicamos como utiliza-lo SPSS para obte-los
gráficos que nos permitan analizar os resultados dun estudio de
cardsorting.
Neste exemplo queríamos ver como 9 persoas agrupaban as tarxetas
seguintes
- Obxectivos
- Contacta
- Currículum de Antonio Martín
- Catálogo de vitaminas e suplementos.
- As vitaminas como suplemento nutricional
- Guías de Hábitos Saudables
- Seguimento Persoalizado
- Sobrepeso
- Sistema Inmunolóxico
- Saúde Mental
- Cancro
- Sistema Cardiovascular
- Diabetes
e facer unha análise estatítica para ver se existía
un patrón de agrupamento común. Se queres segui-lo exemplo
cos mesmos datos,podes descarga-lo
ficheiro.
Pasos necesarios
- Abrimos o SPSS.
- Creamos un documento novo [CTRL+N]
- Facemos clic en vista de variables

- Facemos doble clic nas celdas da primeira columna e nomeamos as variables
unha a unha. A fila onde definimos a variable ten que coincidir co número
que lle asignamos á tarxeta.
- Clic en vista datos
- Colocamos un cero na diagonal (celda 1,1, celda 2,2, etc). Escribimos
na fila 2, columna 1, o número de veces que apareceron xuntas
as tarxetas 1 e 2 nos grupos que formaron os distintos participantes
da proba de card-sorting. Na fila 3, columna 2, introducimos as veces
que apareceron xuntas as tarxetas 2 e 3 e así ata ter completa
a parte inferior da matriz.

- Escollemos "analizar->escala->escalamiento multidimensional
(PROXCAL)..."

- Marcamos as opcións "Los datos son
proximidades" e "Una fuente matricial" e prememos o botón
Definir.

- Seleccionamos tódolas variables da columna esquerda e prememos
o botón coa frecha que apunta á dereita. Así movemos
tódolas variables á columna "Proximidades".
- Prememos o botón modelo...
- Seleccionamos as opcións "Matriz triangular
inferior", "Similaridades" e "Ordinal" e prememos
Continuar.

- Aceptar e obtemos o resultado.Debería abrirse
unha ventana do visor que contén o seguinte gráfico.

Observacións
Para ver que parámetros nos puntos 8 e 11
eran os máis axeitados, recurrimos a unha proba ficticia. Esta
matriz de proba correspondía a 10 ordeamentos perfectos para as
variables
- Can
- Lobo
- Coello
- Lebre
É dicir, 10 agrupamentos distintos onde sempre aparecen agrupadas
can e lobo e por outro lado Coello e lebre.
O gráfico esperado son 2 grupos claramente definidos. Os axustes
dos puntos 8 e 11 levan ó
resultado esperdo.
Ligazóns
Artigo
sobre Card Sorting en nosolousabilidad.com