xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Rastreo de información: como aplicalo na web

Introducción

O rastreo de información ('information foraging') é un modelo teórico que tenta explicar o comportamento das persoas cando buscan información. É unha teoría complexa e neste artigo imos centrarnos nos aspectos de aplicación máis directa á web.

As persoas como depredadores de información

A teoría do rastreo de información foi ideada por Pirolli e Stuart Card a principios dos 90 nos laboratorios PARC. É moi similar ás teorías de forraxeo utilizadas en bioloxía e antropoloxía.

A teoría establece que as estratexias de procura de información están determinadas polo beneficio obtido (relevancia da información atopada) fronte ao esforzo preciso para atopala e interpretala. As persoas escollen a estratexia que creen de máximo beneficio por unidade de custe ou esforzo.

O espazo informativo no que se producen estas estratexias está formado por áreas de información (páxinas dun sitio web, resultados dunha procura, coleccións de posts, etc). As persoas buscan a área informativa que satisfaga as súas necesidades, movéndose entre área e área ata atopar o que precisan.

No movemento entre área e área introdúcese o concepto de rastro de información ('information scent')

Rastro de información

O rastro de información é a percepción imperfecta do valor, custe ou ruta de acceso a fontes de información baseado nas pistas que dan obxectos tales como citas bibliográficas, ligazóns ou iconos representando as fontes.

As persoas utilizan o rastro de información para decidir en que ligazón fan clic. Cando maior sexa o rastro dun obxecto, máis sinxelo será para a persoa tomar a decisión. Pola contra, se unha páxina ten obxectos con rastros de parecida intensidade, provocaremos confusión; se non hai rastro de información, a persoa abandoa a páxina.

Unha vez un usuario entre na nosa web, é preciso ofrecerlle un rastro de información claro e que o usuario sinta que con cada paso que dá, achégase axiña a información que precisa. Se o rastro se mantén constante (dando a sensación de dar rodeos sen chegar a ningures) ou disminue (alonxárse da 'presa informativa') , o máis probable é que a persoa abandoe a páxina.

Por que coidar o rastro de información

Como apunta Jakob Nielsen, a mellora dos buscadores e a popularización da banda ancha ten modificado o comportamento dos usuarios, que pasan menos tempo nas páxinas.

Antes as descargas eran lentas, facturábase por tempo de conexión e os resultados das procuras era peores. Todo isto facía que as persoas analizasen con máis coidado as páxinas ás que se accedía. Agora fan unha procura e buscan axiña o que queren entre os primeiros resultados da procura. Se non o atopan na nosa web, voltan aos resultados e proban con outro resultado.

Se a información está na nosa web, pero o camiño que leva a ela ten rastro de información feble, os usuario propablemente probará noutro sitio.

Que facer para ofrecer aumentar o rastro de información

Identifica as verbas 'trampolín' e utilízaas nas ligazóns

Escolma toda a información posible sobre os usuarios (mensaxes de correo, estudos de campo, test con usuarios, etc.) para atopar las palabras máis comúns relativas á temática da web.

Jared Spool chama a estas verbas 'trigger words', que aquí traducimos por 'verbas trampolín':chaman moito a atención e incitan a facer clic nas ligazóns que as conteñen.

Trata de utilizalas nas ligazóns cando sexa posible (nota:o usuario espera atopar esas verbas na páxina á leva a ligazóns).

Ligazóns longas

Que conteñan entre 5 e 12 verbas.

Información complementaria en lugares prominentes

Coloca ligazóns a outras páxinas da web que teñan información relacionada.

Contido mínimo, directo e ben estructurado

Non enterres o contido en documentos moi longos e densos. Se tes un documento demasiado longo, divídeo en varios documentos ligazos de xeito secuencial ou crea un índice que permita identificar e moverse axiña polo contido.

Deseña a web pensando no contido, non na estructura global

Trata de complementar a visión xeral do sitio web cunha visión individual das páxinas máis importantes. Céntrate no contido único de cada páxina e obvia o resto (menús de navegación globaies, locaies, etc). Esta visión darache unha idea máis clara das relaciones entre as páxinas individuaies dun sitio web.

Estuda as estatísticas do sitio:

¿Por qué búsquedas entran nunha web? ¿de que ligazóns externas veñen? ¿cara onde van una vez chegan? axudarate a comprender aos usuarios e facer axustes nas páxinas que faciliten o camiño ao que buscan.

Ligazóns

Artigos relacionados

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.