xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Patróns de deseño de interacción

Introducción

Cada vez que se comenza unha nova web sempre que deseñar elementos xa presentes noutras webs (a navegación do sitio, rexistro de usuarios, organización por categorías do contido, carriños da compra, etc).

No canto de deseñar nós mesmo cada soluzón, podemos recurrir aos patróns.

Que son os patróns

Os patróns de deseño e interacción son solucións xa probadas que axudan a crear sitios web sen ter que pensar cada soluzón desde cero.

Utilizando patróns aforraremos tempo e poderemos adicar as nosas enerxías a outros aspectos da web. Ademáis, teremos a seguridade de que a eficacia das soluzóns esta comprobada.

Probablemente xa os esteas a utilizar. O simple feito de navegar pola web fai que vaiamos absorbendo as soluzóns máis comúns. Cando deseñamos un sitio web utilizaremos todo ese coñecemento adquirido. Nembragantes, todo este coñecemento estará desordeado e moitas veces temos asimilada a solución dun xeito superficial.

Precisamos unha escolma ampla, de soluzóns probadas e ben documentada para poder deseñar sedes web de calidade.

Formato e aplicación

Os patróns utilizados de xeito aillado son de pouca utilidade. Cando aplicamos un patrón a un problema concreto cómpre ter en conta outros patróns que tamén entran en xogo.

Cun conxunto de patróns pódese comunicar e resolver problemas cunha linguaxe moi potente.

Cada patrón está descrito polo seu contexto de uso, soluzón práctica e outras consideracións a ter en conta. Os patróns dan resposta ás preguntas:

Cada autor utiliza un esquema lixeiramente distinto para responder a estas preguntas. Un exemplo é:

Hai patróns máis abstractos (ex. Coñece á túa audiencia) e outros que con soluzóns máis concretas (ex. Botóns). Canto máis abstracto sexa o patrón, antes haberá que utilizalo do desenvolvemento da web. A medida que avanzamos utilizaremos patróns máis concretos.

Os patróns non son fórmulas máxicas. Para escoller deseñar as soluzóns axeitadas cos patróns é preciso saber que esperan os usuarios da nosa web.

Podemos utilizar os patróns para facer unha web desde cero; pero tamén para solucionar problemas que se detecten nunha web xa existente.

Podes ver máis sobre o uso de patróns nun exemplo práctico.

Ligazóns

Bibliografía

The Design of Sites. Patterns, Principles, and Processes for Crafting a Customer-Centered Web Experience. Douglas K. Van Duyne, James A. Landay e Jason I, Hong.

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.