xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Navigation Stress Test (NST)

Introducción

O Navigation Stress Test (NST a partir de agora) foi desenvolvido en 1998 por Keith Instone. É un método de validación dos elementos de navegación dunha determinada páxina web sen necesidade de realizar probas con usuarios.

Describimos os seus principios teóricos, técnica de uso e aplicacións.

Que é o NST

A idea básica do NST é comprobar se unha páxina cómpre os requerimentos básicos sobre navegación. Para iso propóñense unha serie preguntas que reflicten as 3 cuestións básicas que se fan os usuarios ó chegar a unha páxina:

Como funciona

Os pasos a seguir para aplicar este método a un sitio concreto son os seguintes:

  1. Escolle de xeito aleatorio unha páxina dun nivel baixo dentro do sitio.
  2. Imprime a páxina en branco e negro, sen a URL impresa.
  3. Imaxina que estás entrando por primeira vez a este sitio e intenta contestar as preguntas que despois se mostrarán.
  4. Marca na folla impresa onde creas que están as respostas a esas preguntas.

Ademais de facelo ti, sería moi bo que outras persoas realicen o mesmo test, sobre todo se nunca tiveron relación co sitio analizado. Despois, compara as notas para enriquecer as túas conclusións.

Nos aspectos que o test revela problemáticos, preséntanse diferentes opcións:

Táboa de preguntas do Navigation Stress Test

  1. ¿ De que vai esta páxina ?

    Debuxa un rectángulo arredor do título da páxina ou apúntao no papel.

  2. ¿ Que sitio é este?

    Rodea cun círculo o nome do sitio ou apúntao.

  3. ¿ Cales son as seccións principais deste sitio ?

    Marca cun X.

  4. ¿ En que seccións se atopa esta páxina ?

    Debuxa un triángulo arredor do X.

  5. ¿ Como se sube un nivel desde esta páxina ?

    Marca cun U.

  6. ¿ Como se chega ata a páxina de inicio do sitio desde esta páxina ?

    Marca cun H.

  7. ¿ Como se chega ata a páxina de inicio da sección á que pertence esta páxina ?

    Marca cun T.

  8. ¿ Que representan cada un dos conxuntos de ligazóns?

    Marca os conxuntos principais de ligazóns e etiquetas.
    • D: Subpáxinas da actual.
    • N: Páxinas do mesmo nivel que a actual e da mesma sección.
    • S: Páxinas do mesmo sitio, pero non da mesma sección.
    • O: Páxinas de fóra do sitio.


  9. ¿ Como se chegaría a esta páxina desde a páxina de inicio ?

    Escribe o conxunto de seleccións que terías que facer.

    Conecta os elementos visuais da páxina que che indican ese camiño.

Exemplos

Exemplo tomado do portal Terra.

O título da páxina é: "Balnearios . Club de Viajes . Terra".

Cando realizamos este test nesta páxina os principais problemas que aparecen están relacionados coa navegación global do sitio.

Non é posible determinar:

O resto dos elementos que comproba este test si que están presentes nesta páxina.

Descarga o test xa feito.

Exemplo tomado da web de Apple

O título da páxina é: "Apple . Support . Visión general de AppleCare".

Esta páxina está no mesmo nivel de profundidade dentro da web de Apple que o exemplo 1 dentro do portal Terra. Pero neste caso, a diferencia do anterior exemplo, atópanse todos os elementos que se plantexan no NST.

O feito de que esté sempre presente o menú principal do sitio axuda moito a localización da páxina dentro do sitio, elemento que non se mantén no exemplo 1. Ademais, os "breadcrumbs" que aparecen na parte inferior da páxina (marcados cun "T" e un "U") indican o camiño a seguir desde a páxina de inicio ata a actual.

Descarga o test xa feito.

Comentarios Finais

O NST é un método que permite estudar a navegación dun sitio web sen probas de usuario. Por elo, pode utilizarse para eliminar erros cando as probas con usuarios non se poden realizar por falta de tempo ou orzamento, ou nunha fase previa a facer devanditas probas.

Ligazóns

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.