xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Metadatos nos sistemas de navegación

Resumo: Neste traballo expoñemos o caso particular de recuperación da información, alternativo ás carpetas ou directorios, cun exemplo de navegador que utiliza un conxunto reducido de metadatos.

Unha vez visto a fondo o proceso de navegación, deixamos abertas a posibilidade de amplialo e empregano noutros contextos.

Introducción

A medida que medra a cantidade de información coa que traballamos nos nosos ordenadores, xurde a necesidade dun medio máis axeitado cas carpetas ou directorios para tela clasificada e poder recuperala axiña.

Unha posible solución son interfaces gráficas que utilizan datos que caracterizan ós ficheiros (metadatos) para crear sistemas de información máis eficaces cas carpetas.

Definición de metadatos

Metadato: dato que dá información sobre algunha característica dun ficheiro.

Escollemos unha definición de metadas sinxela, relativa a documentos de todo tipo (texto, imaxes, vídeo, etc) cos que traballamos a cotío nos nosos ordenadores. Non entramos en matices ou definicións máis precisas porque non son relevantes para o tema que tratamos.

Non existe un conxunto único de metadatos para un ficheiro. Se escollen os máis axeitados para cada situación. Nome, data de creación, tipo de ficheiro, e tamaño son algúns dos metadatos ós que estamos máis afeitos cando traballamos en Linux, acMM S; ou Windows. Outros como autor, lugar de creación serían perféctamente válidos. Para coñecer máis a fondo un sistema operativo que un conxunto de metadatos moi completo, visitade unha web adicada ó Be OS.

Directorios, un metadato máis

Pensemos no directorio no que está gardado un documento chamado morteruelo.pdf

C:\Documentos\Cocina\

Aínda que esteamos afeitos a visualizalo como carpetas, non é difícil ver que se trata simplemente dunha etiqueta que nos di onde está gardado o ficheiro no disco duro. É, polo tanto, un metadato xa que dá unha característica sua: a súa ubicación.

Vexamos un conxunto de metadatos para este ficheiro no seguinte esquema.

nome spaguetti.pdf
ruta C:\Documentos\Cocina\
tamaño 150 kb
data de creación 21/5/03 8:30 am
data de última modificación 22/5/03 2:15 pm

Podemos botarlle unha ollada a estes datos seleccionando un arquivo e escoller o menú "Archivo->Obtener información" no Mac OS, ou co menú emerexente, na opción "Propiedades" en Windows.

Estes son algúns dos metadatos máis utilizados e describirían o conxunto de bytes que forman o PDF propiamente dito (a nosa receita de morteruelo). Nós o que facemos cando nos referimos a el é, de feito, utiliza-los metadatos "ruta" e "nome", estando o primeiro representado por unha serie de carpetas e subcarpetas que fan a identificación visual dun xeito máis natural. Polo tanto, o sistema de carpetas non é máis cun navegador que utiliza estes dous metadatos: imos explorando distintas ubicacións ou rutas (carpetas) ata atopa-lo ficheiro desexado identificándoo polo nome.

En seguida vemos que hai moitos metadatos que non se utilizan. ¿Sería posible deseñar un sistema que utilizara o resto dos metadatos como axuda á navegación? ¿tería isto algunha avantaxe?

Xa mencionamos o sistema operativo BeOS, no que, probablemente, se baseen as vindeiras evolucións de Mac OS X e Windows. Pero hai moitas situacións nas que un enfoque deste tipo, pode axudarnos a solucionar problemas concretos. No seguinte exemplo veremos un programa que utiliza 4 metadatos e no que é posible basar unha interfaz para aplicar na web.

Navegadores por metadatos

O iTunes é un organizador de MP3, AAC e outros formatos de son, que utiliza un navegador de 3 metadatos (mailo nome do ficheiro) para atopar as cancións almaceadas no noso disco duro. Podédelo descargar na páxina de Apple

¿Como funciona este navegador?

Cando inserimos un CD de audio no noso ordenador, o programa arranca e procura conectarse a internet para identifica-lo disco e recolle-los datos das cancións: título, autor, estilo e álbum (se o CD contén AAC ou MP3 é moi probable que xa veñan estes datos xunto a cada ficheiro). Unha vez feito isto, podémolas importar ó noso disco duro onde quedarán perfectamente etiquetadas.

Unha vez recollidos estes datos, quedan asociados a cada ficheiro de son e son utilizados polo navegador para atopar cancións ou grupos delas sen necesidade de saber en que carpeta están gardadas.

Nota: o programa crea automáticamente unha carpeta cada vez que se importa música. Aínda que están moi ben organizadas (fig 4), o navegador incorporado ó programa ten tantas avantaxes que rara vez se recure a aquelas.

No primeira imaxe pódese ver o aspecto da interfaz do programa. O que nos interesa é o navegador da parte superior e o listado de cancións que hai debaixo.

Vista xeral da interfaz de iTunes
Vista xeral da interfaz de iTunes



Na esquina superior dereita hai un botón que amosa ou oculta o navegador.

Facendo clic nun elemento de calquer das 3 columnas, o programa filtrará a lista de cancións para presentar só aquelas ás que lle corresponda ese dato. Como as cancións levan tamén asociados outros 2 metadatos, ás 2 columnas restantes actualízanse para amosar só os correspondetes ás cancións filtradas pola primeira columna.

Vexamos un exemplo:

Escollemos o estilo "África subsahariana" na columna "género". Na lista de cancións aparecen automaticamente todas aquelas dese estilo e na columna artista unicamente aqueles que teñan algunha canción africana, o mesmo que na columna "álbum", cun listado dos que conteñan algunha canción dese estilo.

 

Detalle da interfaz do Itunes



Agora facendo clic nalgún dos elementos da lista "artista", na columna "álbum" aparecen os discos do artista seleccionado que conteñan algunha canción do estilo "África subsahariana".

Detalle da interfaz do Itunes

Na lista de cancións sempre aparecen as que cumplan tódalas condicións.

Por outra banda, tamén é posible escoller varios datos simultaneamete (por exemplo, "Jazz, Fusión e Acid" e "Jazz, New cool") en cada unha das columnas

Con este sistema podemos comenza-la procura polo criterio que desexemos (álbum, estilo ou artista) e ila refinando ata chegar ó conxunto de cancións buscadas. A gran diferencia cun navegador de directorios é que aquí hai multitude de camiños para chegar ó resultado desexado.

Para velo máis claro, podemos botarlle un vistazo á estructura de carpetas que utiliza este programa. Aínda que se xeneran dun xeito automatico, é unha organización bastante "humana".

Estructura de arquivos que utiliza o iTunes
Estructura de carpetas do programa

Para atopar cancións temos que coñecer á forza o autor e buscalo nunha lista que adoita ser bastante grande (arredor de 1000 cancións e 125 artistas neste caso). Non podemos utiliza-lo dato "estilo" nin tampouco o álbum ata que teñamos atopado a carpeta correcta.

Aínda que se organicen doutro xeito, sempre haberá o mesmo problema: só existe un camiño correcto para cada procura.

O problema é ainda maior cando buscamos grupos de cancións cunha característica común. Con este sistema ¿como facemos unha escolma de tódalas cancións brasileñas da nosa discoteca?¿e de tódalas que conteñan a palabra "África"?

Conclusións

No caso de iTunes, a navegación por metadatos amosa tódala súa potencia. Agora ben, está é unha situación moi concreta na que é posible definir un conxunto de metadatos moi útiles para etiqueta-la información e basear un sistema de navegación nestes.

Baixo as seguintes condicións poderemos deseñar un navegador deste tipo

1) Que a maior parte dos datos poida ser recopilado dun xeito automatico. Pesemos nun sistema no que cada vez que se garda un documento, teñamos que introducir 4 ou 5 datos. Unicamente o farán os usuarios máis motivados e aínda así a calidade dos metadatos adoita ser mala.

Esta condición non é indispensable. De feito, hoxe en día estase a estudiar o coste de catalogación manual en grandes intranets e o seu beneficio. Para ampliar este tema, consulta a bibliografía.

2)Que o número de metadatos necesario sexa pequeno de abondo (menos de 6).

3)Que os metadatos conteñan propiedades (valores dos metadatos) comúns. Se escollemos algún metadatos tal que o seu valor sexa único para cada ficheiros, non nos vai servir para o sistema de navegación. A razón é sinxela: a lista de posible valores é unha relación un a un (un ficheiro, un valor de metadato) o que é equivalente a buscar polo nome entre tódolos ficheiros existentes, cousa que queremos evitar.

No vindeiro artigo veremos un exemplo para a web.

Ligazóns

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.