xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Hipertexto na prensa dixital

Os cambios impulsados desde a introducción de internet nas redaccións tense sucedido axiña. Hoxe en día, a rede tense convertido nunha ferramenta imprescindible para os traballos dos xornalistas. De feito, así o revelan os últimos estudos sobre o uso da rede nos medios de comunicación.

Pero non só iso, a incorporación das chamadas "novas tecnoloxías" nas redaccións e a presenza cada vez maior en internet dos medios de comunicación ten determinado o desenvolvemento do xornalismo dixital ou ciberperiodismo.

Novos medios, novos xeitos

Internet non é só unha magnífica fonte de información, a rede demanda ademáis dos medios unha linguaxe específica, unha construcción da información diferente da que se define nas redaccións tradicionais e que require o aproveitamento de tódalas sinerxias e características que aporta un novo medio.

Nembargantes, nestes momentos, a maioría dos medios non aproveita os recursos que ofrece internet. De feito, na maioría das redaccións imponse un uso bastante limitado destes recursos, incluso os elementos mínimos, como é o caso do hipertexto na redacción de novas.

Despois de levar a cabo unha análise de varios xornais españois de acceso gratuito presentes en internet comprobamos que en moitos casos emprégase a rede para publicar as informacións tal e como aparecen no formato papel. Son poucos os medios que utilizan o hipertexto alén dunha sucesión de ligazóns fora do corpo da nova.

As posibilidades que ofrecen as ligazóns son fundamentais á hora de concebir unha información para internet: amplía as posibilidades de información, a capacidade do usuario para decidir sobre esa información publicada ó tempo que lle permite contribuir a definir tamén a liña editorial dun medio porque resulta tamén da selección duns temas á marxe de outros, un xeito de guiar ó lector dos medios electrónicos.

O uso do hipertexto na prensa dixital española

O uso do hipertexto á hora de contruir novas non está tan espallado como cabería esperar. Como mostra representativa estudamos as edicións dixitais de

Non se incluiron publicacións de pago.

Para face-la análise plantexamos un modelo que se comparou con varias novas contestanto a unha serie de preguntas.

Modelo

Unha nova publicada na web cremos que debe ter as seguintes características

Preguntas

Para cada nova analizada contestáronse a estas preguntas

Resumo dos resultados

Os resultados para os xornais analizados abranguen un uso do hipertexto que vai desde a total ausencia de ligazóns ata a posibilidade de ampliar unha nova con bastante material complementario.

El Mundo é o único que adoita usar ligazóns na construcción da nova. As ligazóns no corpo da nova son practicamente inexistentes no resto de xornais. Nembargantes, o uso de ligazóns fora do corpo da nova é algo habitual na maioría.

El Mundo e La Vanguardia ofrecen numerosas ligazóns a monográficos e novas de datas anteriores. Non parece que exista un criterio na cantidade e tipo de información vencellada, que varía considerablemente en cada nova. En xeral resulta difícil acceder a novas anteriores sen recurrir a buscadores ou á hemeroteca.

La Voz de Galicia tamén utiliza ligazóns a outras novas, case sempre do mesmo día, pero coa particularidade de que estas ligazóns forman parte da entradilla dunha nova principal. Baixo un titular coloca un pequeno texto e a continuación un grupo de ligazóns ás novas vencelladas que adoitan ser textos máis curtos e de menor importancia.

Especialmente significativo é que os xornais electrónicos nunca vencellan informacións externas ás do propio medio, agás nalgunhas seccións do mundo.

Conclusións

La Vanguardia e El Mundo son os diarios con maior adaptación ós novos xeitos de comunicar en internet, aínda que cremos que todavía poderían mellorar se ligasen a páxinas externas cando así convira e facilitando o acceso á novas anteriores.

Un repaso ós outros xornais amosa que hoxe en día a versión dixital dos medios non se diferencia en gran medida da súa edición en impresa. La Voz de Galicia e ABC son representativos dun uso menor das posibilidades do hipertexto con numerosos exemplos na rede que utilizan modelos similares.

Por último, A Razón que parece unha copia exacta de versión impresa; non utiliza ligazóns e non observa os criterios básicos de escrita para la web. Por desgracia, na rede é habitual atopar moitas publicacións que siguen este estilo.

O futuro

Os estudos sobre a construcción da información en internet sinalan o hipertexto como un elemento esencial. A pesar de que non hai acordo sobre cal deba ser a densidade de ligazóns por información o cal é o método máis axeitado para inserilos, o que si é certo é que a súa presenza é necesaria e constitúe un elemento diferenciados do xornalismo en internet.

Hoxe en día a versión dixital dos medios non aproveita tódolos recursos que a web e o hipertexto ofrece para publicar información. Os recursos enlazados adoitan ser escasos e se limitan á información xa publicada no propio medio, cando sería recomendable, precisamente, atopar ligazóns a informacións exteriores que nos permitan confrontar a información publicada, ampliala ou reafirmanos, por exemplo, na nosa fidelidade ó medio.

"Connected to the rest of the Web with link in and out. Not being afraid to link to other sites is a sign of confidence, and third-party sites are much more credible than anything you can say yourself. Isolated sites feel like they hace something to hide" (Nielsen)

A pregunta é se estas carencias débense a unha falta de medios, de formación, de infraestrucutras ou se a transición hacia unha prensa realmente hipertextual estase a ver ralentizada polas reticencias dos profesionais dos medios hacia internet (fenómenos como as bitácoras ou os confidenciais son unha mostra).

Desde logo, internet segue plantexando retos ó xornalista dixital, se ben a transición hacia un modelo de prensa hipertextual deberíanos conducir a uns medios moito máis abertos ou, como sinala un importante editor de prensa

"Xa non haberá lugares comúns, frases feitas, criptoloxía de camarilla, xornalismos endogámicos e provinciano, do cal o revival dos últimos anos non é máis que o seu canto de cisne. As redes globais serán as donas de tódalas primicias e os xornalistas tendrán que aplicarse á tarefe de informar ben, proporcionando novas contextualizadas, diseccionadas e valoradas. Os lectores disporán así dunha información máis libre, plural e rigurosa".

Porque, en última instancia, é o lector o que ten a decisión última de consultar a información publicada nun medio dixital. Se esta non se adecua ó que, como usuarios, esperamos, temos a libertade de cambiar de medio, de procurar nós a información, de confiar nun confidencial ou nunha bitácora. Por tanto, a prensa dixital debe asumir a necesidade dun cambio na construcción das informacións orientada hacia unha información máis hipertextual.

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.