xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Guía rápida para escribir para a web

Introducción

Na web lemos distinto que cando lemos en papel. A resolución tan baixa das pantallas (72 puntos por pulgadas) fai que non percibamos o texto coa mesma claridade que no medio escrito. O usuario non le parráfos completos, se non que busca información percorrendo a páxina coa vista .

As principais consecuencias da pouca resolución das pantallas son:

O usuario entra na nosa páxina buscando información e cómpre ofrecerlla claramente. As páxinas están compostas de anacos de información de distinta natureza (menús, enlaces, texto simple, etc) que cómpre coordinar para acabar guiando ó usuario ó que precisa.

Queremos dar unha serie de consellos básicos para adaptar a nosa escritura a este novo medio e mellorar a capacidade de capta-la atención dos visitantes das nosas páxinas.

Recomendacións de estilo

Recorta todo o posible o texto. Os grades bloques de texto asustan ó usuario, que non os le. Con textos máis curtos síntese menos intimidado. Como media pensa que podes reducir un 50% a lonxitude do texto pensado para papel.

O seren breves e estar organizamos visualmente cunha ollada sacamos moita máis información sobre a páxina. Dúas ou tres liñas poden ser poucas no papel, pero abondan nunha web.
Nota: utiliza as etiquetas <p> </p>

Non des voltas inncesarias. Esquece os teus días de estudiante onde a nota dos traballos se medía polo peso do taco de folios que entregabas.

Evita as oracións en pasiva.

Non utilices dobles negacións. Lembra aquela frase de avogado que di "non é verdade que non é mentira que o acusado..." e pensa no difícil que pode ser descifrala.

Comenza os párrafos pola conclusión e vai desenvolvendo o argumento a medida que avances.

Recomendacións para orientar ó usuario

Evita que os usuarios se perdan na estructura do teu sitio web. Os usuarios poden chegar á nosa páxina por moitos camiños (de buscadores, de ligazóns de outras páxinas) e necesitan axuda para saber onde están dentro da túa web. E aínda que cheguen desde a páxina principal, tamén necesitan saber con claridade onde están.

Ofrece ligazóns con acceso á información que apoie o que estás a ofrecer na páxina.

O título é o teu texto de presentación. Un título ben escollido vai axudar a saber sobre que trata a páxina, axuda a que a xente se fixe na nosa web nos buscadores e guía a nosa ollada cando temos moitas ventanas abertas.

Utiliza os encabezados para marcar a importancia da información que levan asociada. Máis grande = máis importante.

Escolle frases descriptivas. Xunto co punto anterior, axudará ó usuario a orientarse dunha ollada dentro da páxina.

Utiliza negriña para salientar-las palabras clave. O texto en pantalla é unha masa gris. Isto fai moi difícil distinguir verbas que poidan dar unha idea do contido do texto. Utilizando as etiquetas <strong></strong> podemos dirixila ollada ó lugar que nos interesa.

Utilizar ben o hipertexto

Po ir suliñadas e en cor azul (recomendado), as ligazóns atraen moito a atención. Se as colocamos no medio dunha frase poden racha-la fluidez e desorientar o usuario. Procura colocalas ó final da frase.

Cando fagas unha ligazón, procura que o texto que leva coincida co título ou co encabezado da páxina á que leva. Non sempre é posible, pero canto máis se parezan, máis cómodo se ha senti-lo usuario.

Non enlaces textos longos. Engaden moito ruido e o texto é difícil de ler. Por moito que penses que por levar palabras clave has subir nos buscadores, pensa que se a túa páxina é difícil de utilizar as probabilidades de que alguén te enlace disminúen.

Comentario Final

Isto non é unha guía extensiva de como escribir para a web. O ideal é contar con xornalistas especializados para que sen encarguen da redacción, pero sabemos que só e posible en empresas grandes. Pero se pos un pouco de atención e sigues estes consellos, verás que con pouca práctica os teus textos han mellorar considerablemente.

Para saber máis

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.