xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Paseos cognitivos para a web con análise semántica (CWW)

Introducción

No 2003 presentouse un método coñecido como Cognitive Walktrough for the Web (CWW, a partir de agora) que permite detectar erros de usabilidade nas web sen necesidade de recurrir a probas con usuarios.

Describimos os seus principios teóricos, técnica de uso e aplicacións.

Que é o CWW

O CWW analiza comportamentos probables de usuarios que navegan con obxectivos concretos pola web que se quera probar . Aplícase de páxina en páxina e sirve para detectar os seguintes erros.

O CWW está baseado no modelo CoLiDeS e no Latent Semantic Analysys.

O modelo CoLiDes trata de explicar comportamentos de usuarios con obxectivos concretos. Cada acción que toma o usuario está dividida en dúas fases.

  1. Fase de atención: o usuario divide a páxina web en anacos e faise unha idea do seus significados baseándose nos encabezados e no coñecemento previo das convencións na maquetación dunha web. O usuario céntrase no anaco coa descripción máis cercana ó seu obxectivo.
  2. Fase de selección da acción: o usuario analiza cada un dos elementos do anaco escollido na fase anterior. Fará clic sobre o elemento que máis se achegue ó seu obxectivo.

O LSA é unha técnica matemática que analiza a relación semántica entre textos. Estas relacións deben ser analizadas nun contexto determinado. Non son iguais as relacións entre textos para un estudiante universitario que para un rapaz de 12 anos. A este contexto chámaselle "espazo semántico". A Universidade de Colorado ten unha interfaz web para a LSA.

Como funciona

  1. Para facer un CWW o primerio é escribir varias descricións de obxectivos de usuarios da web. Deben ter entre 100 e 200 palabras cada unha. Exemplos.
  2. Despois escollemos o espazo semántico axeitado, que depende do tipo de usuario que esteamos analizando.
  3. Recollénse tódolos encabezados da páxina e tódolas ligazóns.
  4. Cálculo da lonxitude dos vectores: comparación "termo a termo" en One to Many coas 2 verbas máis salientables de tódolos encabezados e ligazóns. O resultado é unha medida do coñecemento sobre os encabezados e ligazóns que hai no espazo semántico escollido.


    É importante marca-la opción "show vector lenghts" ó realiza-la análise
    Táboa obtida coa análise coas lonxitudes dos vectores. A maior lonxitude, máis familiar.
  5. Similitude entre encabezados e entre ligazóns: comparación matricial "documento a documento" para o conxunto de tódolos encabezados e para o conxunto de tódalas ligazóns. Isto vai dar unha medida da semellanza que poidan ter dous elementos entre si. Se os encabezados on moi cortos, deberemos inclui-lo texto que apareza xusto debaixo. Véxase un exemplo.
  6. Relacións obxectivo-encabezado e obxectivo-ligazóns: facemos unha comparación "documento a documento" en One To Many con cada un dos obxectivos para tódolos encabezados e tódolas ligazóns. O resultado é unha matriz que compara a semellanza dos obxectivos cos encabezados e coas ligazóns.

Nota: Como a interfaz web LSA utiliza marcos, isto dificulta a navegación se enlazamos a páxina correcta.

Como se identifican os problemas de usabilidade co CWW.

Agora que xa temos o resultado (lonxitude de vectores e matrices comparativas) analizámolos para localizar erros.

Lonxitude dos vectores (punto 4): se un encabezado ou ligazóns ten unha lonxitude menor que 0,8 probablemente resulte pouco familiar.

Similitude entre encabezados e entre ligazóns (punto 5): calquer par de encabezaod cunha semellanza maior de 0,6 resultará confuso, xa que indica que as dúas partes son moi parecidas.

Relación obxectivo-encabezado e obxectivo-enlace (punto 6): algúns problemas somentes xurden dependendo dos obxectivos dos usuarios. Pode que dous encabezados sexan moi distintos entre si, pero que a súa semellanza cun obxectivo concreto sexa parecida para ámbolos dous. Se a semellanza respecto a un obxectivo dun encabezado ou ligazón é maior ou igual que o encabezado ou ligazón correcto, haberá posibilidades de confusión.

Para ligazóns teñen que cumprise outras 2 condicións:

Unha vez teñamos localizado-los erros das ligazóns e encabezados, correxímolos e seguimos adiante con outra páxina. A medida que vaiamos avanzando as probas faranse máis curtas. Canto máis profundicemos na estructura do sitio web, haberá menos obxectivos que probar e iremos máis axiña.

Comentarios finais

Este método estase a utilizar como base para a automatización das avaliacións.

O único analizador LSA que atopamos non ten a opción de castelán. Só poderemos facelo en inglés e francés.

Ligazóns

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.