xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Métodos Básicos do Deseño Centrado no Usuario

Introducción

Neste artigo pretendemos establecer unhas liñas de traballo para un grupo de 2 ou 3 persoas para afronta-lo deseño dunha web de tamaño medio (dunha PEME, por exemplo).

Non abonda xa con ser informático para facer unha web. Unha ollada atenta a rede vemos que existen moitos sitios con erros bastante graves -por centrarse só nos aspectos técnicos- doados de correxir.

Ter en conta somentes os aspectos técnicos ou de deseño gráfico é unha visión parcial do proxecto.

As partes dunha web: unha visión máis xeral

Comenzamos establecendo unha división dos elementos que compoñen o entorno dunha web:

Nunca debemos esquecer este marco de traballo. A nosa prioridade é establecer o mellor equilibrio posible entre estas partes. Nos centrámonos nos 3 primeiros elementos, que serán os que guíen o desenvolvemento posterior.

Recibes o encargo da web, fas un pequeno esquema mental e comenzas a crear HTML... este é o proceso máis común no eido que tratamos (sitios web pequenos e medianos). Este proceder é o que debemos evitar a toda costa.

Propoñemos un proceso de creación en tres partes:

Recopilación de datos

Nesta primeira etapa o obxectivo e recoller a máxima información posible sobre o proxecto.

Un dos erros máis comúns que vemos en moitas webs é que están feitas sen un obxectivo concreto. Xa non vale ter unha web simplemente por "estar en internet". O primario que temos que saber é que se pretende co sitio web.

Tratade de ter unha reunión co persoal do cliente máis vencellado á web. Unha vez fixada unha xuntanza, trataremos de sacar en claro as seguintes cuestións:

¿Que beneficios quere obter o cliente pola web?

Estudia información de abondo sobre o cliente antes de te-la xuntanza.

Pensade de antemán que como podería aproveitar unha web para o seu negocio. Se vedes que o cliente non o ten claro ¡¡guiádeo!!

É absolutamente necesario marcarse un obxectivos concretos para a web.

¿A quen vai dirixida a web?

Unha vez coñecido o obxectivo empresarial da web, necesitamos saber quenes van se-los seus usuarios potenciais.

Pode que obxectivo da web e público non sexan compatibles. Imaxinade unha empresa galega de material agrícola que quere utilizar internet para aforrar costes en catálogo e atención o cliente e que ten centrada a súa gama nos pequenos agricultores ¿como conseguilo se no agro galego as conexións telefónicas non permiten o acceso a internet e onde a media de idade supera os 50 anos?

Se o cliente non o ten claro, vas ter que averigualo pola túa conta. Isto é difícil, pero é unha situación moi común, xa que moitos dos clientes encargarán unha web polo simple feito de que "está de moda".

¿Hai persoal de abondo para encargarse do mantemento da web?

Se a web é dinámica, ás veces se pensa que unha vez lista a programación, o resto ven só. Está claro que facilita a xestión dos contidos, pero non os xenera. O cliente necesita persoal adicado a esta tarefa.

Se conta con xente, cómpre saber cantos son e a súa preparación. Pode que os clientes teñan en mente un proxecto ambicioso pero non o persoal axeitado. A mellor estratexia é ir evolucionando co tempo a medida que se vaian cumprindo obxectivos máis realistas ¡¡Faillo ver!!

Contido e procesos

Consigue a máxima información posible do que se quere publicar (catálogos en papel, un CD-ROM, trípticos, etc)

Estudia o seu método de traballo e pensa nas complicacións á hora de aplicalo á web. Existen casos nos que é tan complexo, que ofrecer unha solución se sae do orzamento. Cómpre telo ben claro, xa é un dos erro mais común á hora de establecer prazos e prezos.

Se hai algún proceso por parte do usuario (rexistro para acceder a partes da web, compra de material, reservas, etc) consigue tódolos datos que se van requerir ó usuario para estudialos na seguinte fase do proxecto.

Analise dos datos recollidos

Unha vez coñecidos os obxectivos da web, a quen vai dirixida, os recursos dispoñibles e unha idea moi clara dos contidos da web , podemos comenzar a pensar xa na súa estructura.

As técnicas de deseño centrado no usuario son un eido moi amplo, así que aquí esbozamos uns consellos moi por enriba. Se queres profundizar máis, visita algunhas das webs da bibliografía.

Pensa nos posibles usuarios e as súas necesidades e como acomodalas coas necesidades do cliente que encarga a web. Se tes a man a xente que non estea vencellada ó proxecto faille preguntas como as seguintes

Preguntar a mesma cousa con lixerias variacións pode levar a respostas moi diversas e sempre informativas. Se podes conseguir arredor de 5 persoas, xa tes unha base sólida.

Tendo en conta as respostas dos usuarios, comenza facendo un esquema xeral da web nun papel; ou mellor aínda: nunha pizarra. Pode parecer unha parvada, así que traducimos directamente un parrafo do libro Information Architecture for the World Wide Web

"Para tarefas de colaboración, as pizarras son insustituíbles. A natureza efímera dos trazos na pizarra pemiten unha liberdade creativa que non se atopa noutros medios. A tecnoloxía desaparece e as innibicións esvaécense"

Cando comenzamos un deseño nun papel, xurden continuos cambios. Pasámolos a limpo ou emborronámolo todo. Coa pizarra os cambios vanse producindo sobre o esquema inicial, unha evolución continua onde as ideas van encaixando apoiandose nas anteriores. Fai unha inversión e ¡¡compra unha pizarra!!

Se tes unha tableta gráfica, botálle unha ollada a DENIM, un programa para esbozar esquemas de sitios web. Utiliza un sistema de escalas para ocultar ou amosar os detalles relevantes do sitio web según desde que perspectiva se queira estudiar.

A partir do primeiro esbozo, poñédevos na situación do cliente e do usuario, preguntádevos que é o que esperan e modificande o necesario (lembra: pizarra). Seguide o proceso ata que pensedes que é bo de abondo (experiencia e sentidiño).

Unha vez teñas o esquema, colleremos un taco de folios ou tarxetas e esbozaremos xa as páxinas máis importantes.

Comenzamos a pensar nos menús de navegación, guías e outros elementos comúns nas páxinas do sitio web. Procura que o deseño sexa o máis común na web. Os usuarios teñen modelos mentais moi asentados e se te guías polas solucións comúns, a xente comprenderá moito antes o funcionamento da túa web. Algúns exemplos de elementos comúns poden ser os seguintes

Aparte destes elementos comúns, sigue os seguintes consellos

Na composición da páxina é importante seguir unha xerarquía visual clara. Utiliza as etiquetas <h1>,<h2>, etc para destacar os encabezados, según a súa importancia.

Reduce o texto á metade do que ocuparía no papel. A xente na web non le, percorre cunha ollada as páxinas buscando anacos de información que poida guialos. Textos curtos, claros e formando párrafos sinxelos de distinguir (etiquetas <p></p>) axudan a orientar ó usuario.

Procura utilizar texto cun alto contraste (negro sobre fondo branco ou cores moi claras). Evita os fondos con gráficos.

Evita demasiada información nas páxinas. É mellor dividir unha páxina en distintas páxinas que colocar demasiada información que desoriente ó usuario.

Utiliza títulos de páxina significativos, que indiquen dun xeito claro o contido de cada páxina. Evita o mesmo título para tódolas páxinas (unha das conclusións: non utilices marcos). Pensa que cando a xente ve a web nun buscador ou no historial do navegador, ó título vai se-la parte que identifique a páxina en cuestión.

Comentarios finais

A estructuración das páxinas web e o seu deseño orientado a facerlo máis sinxelo para os usuarios son dúas disciplinas de seu na informática. Non pretendemos convertirvos en expertos, pero si dar unhas ideas básicas que adoitan non terse en conta.

Unha vez afeitos a este método de traballo, será moi difícil deixalo de lado. Aforraremos tempo e os nosos clientes quedarán máis satisfeitos (e os usuarios da web do cliente) e co tempo veremos que é guía inestimable porque, ademáis, vainos axudar a traballar dun xeito máis organizado o que repercute tamén na nosa carga de traballo.

Bibliografía

Ligazóns

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.