xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Avaliación heurística para medios de comunicación dixitais

Introducción

Serie de preguntas baseadas nos resultados do estudo Eyetrack III que complementan outras guías de avaliación heurística.

Está pensado para sitios web de novas.

Páxina principal

¿Onde se ubican as novas máis importantes dentro da páxina?

Os usuarios adican máis tempo á parte esquerda superior da páxina. Nesa zona deberían estar as novas máis importantes.

Isto é especialmente importante cando hai titulares e entradiñas. Nesta situación as 2 primeiras novas acaparan a maior atención.

As novas de portada, ¿compóñense de titular e entradiña ou so titular?

Se se usa titular e entradiña convén que sexan do mesmo ou parecido tameño.

Para que o usuario se fixe na entradiña debe evitarse:

O uso da entradiña incita ós usuarios a ler más a páxina.

Usando titulares e entradiñas fixamos máis a atención na parte superior esquerda da pantalla. Os primeiros titulares son os que acaparan case toda a atención.

Se queremos destacar unhas novas en concreto, utilizar entradiñas e colocar as novas máis importantes na parte superior esquerda.

Se temos un conxunto de máis de 2 novas de importancia similar, podemos utilizar somentes titulares.

¿Titulares e entradiñas teñen as palabras máis atractivas na primeira parte do texto?

O primeiro par de verbas é esencial para captar a atención e que o usuario continúe lendo a nova.

Isto é máis importante se non hai entradiña.

Tamaño de letra ¿Queremos que os usuarios escaneen a páxina ou que lean máis atentamente?

A letra grande induce ó escaneado da páxina. A letra pequena fai que os usuarios leas máis.

Ningunha das alternativas é mellor ou peor. Aplicarase en función de como se queira que se comporten os usuarios.

¿Onde está ubicado o menú de navegación?

Os menús horizontais de navegación funcionan mellor para a páxina principal.

Os menús de navegación no laterla esquerdo funcionan mellor nos artigos.

O menú de navegación é máis importante canto máis compacta sexa a páxina.

Artigos

¿Ten a nova un texto introductorio?

Unha vez un usuario entra na páxina da nova, se ten un texto introductorio será lido a maior parte das veces. É máis, moitas veces será o única que lea. Cómpre facelo atractivo.

Redacción

Convén redactar con textos curtos.

Nos artigos longos ¿utilízanse ladiños?

Os ladiño fan que a xente que comenzaba a perder interese na nova se engache de novo.

Tamén sirven para atraer a atención dos usuarios que escanea a páxina.

ladiño:

Frase ou dus ou tres verbas que sirven para alixerar o texto da nova e que ofrecen unha idea salientable do que se vai ler a continuación.

Publicidade

¿onde se insiren os anuncios publicitarios?

Os anuncios colocados na parte superior esquerda e xunto ó texto principal son máis efectivos.

Espazos en branco ou separadores entre contido editorial e publicidade fai que os usuarios se fixen menos nos anuncios.

Os anuncios colocados no medio de artigos son máis vistos.

¿Que formato utiliza: texto ou gráfico?

Comprobouse que é máis efectivo a publicidade en forma de texto.

Imaxes

¿Que tamaño teñen?

As imaxes máis grandes atraen máis a atención.

¿Están vencelladas as imaxes a algún documento?

Moitos usuarios fan clic nas fotos. É convinte enlazalas a unha copia máis grande ou á nova que ilustran.

Se incorporan fotos as informacións ¿onde están colocadas?

O texto capta máis a atención que as imaxes. É convinte non colocar fotos na parte superior esquerda da páxina de inicio, se non texto.

Fotos con caras

As fotos con unha ou máis caras de persoas atraen máis a atención dos usuarios.

Multimedia

Os elementos multimedia deben utilizarse para explicar procesos pouco coñecidos. Os feitos explícanse mellor con texto.

Artigos vencellados

Uso do hipertexto nos medios de comunicación

Ligazóns complementarias

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.